POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
3 comentarios:
Muy acertada y bella metáfora del libro.
Hai tempo que non paso por aquí, entre cambios de ordenata (o velliño morreu) e adaptacións á nova "interface" (que palabros tiene la técnica esta...)non me dei centrado. Este haiku encantoume! Sería unha preciosa mensaxe de entrada para un club de lectura. PODO?
Jejee... xa sei, xa sei... fíxome a boca un frade!!! Non fago máis que pedir...
Xogas con ventaxa, xa sabes que contigo son débil... ja ja ja.
Publicar un comentario