POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
6 comentarios:
A veces es mejor la ignorancia de lo que nos espera.
Uns animais tan fermosos e pensar que os levamos a ese fin!!!
Eutimos, estás completamente segura...?
Rascacheira, tes razón, e co agravante de que parece ser que só existen por e para iso.
Cuando no está en nuestra mano modificar nuestro destino, sí. ¿ Qué puede hacer el bravo animal para evitar su sacrificio?. Viva pues feliz esos primeros cuatro años en plenitud.
Creo que me convenciches.
Típica estampa SPANIARD!!!!
Publicar un comentario