POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 nov 2010

VENTO / VIENTO

(Imaxe baixada de internet)

O vento funga.
Renxen as pólas vellas
dos castiñeiros.


O vento dorme.
Quedou tan esgotado
de facer mal…




El viento silba.
Crujen las ramas viejas
de los castaños.


El viento duerme.
Quedó tan agotado
de maltratar...

6 comentarios:

rascacheira dijo...

Os castiñeiros!!! Eses si que son árbores! Serios, elegantes, fachendosos, que se visten e desvisten de diversas cores coas estacións... e por riba, cando tes un cestiño cheo dos seus froitos, non se poñen chulos, nin tontos. Danche o que teñen sen falsidades. Eses si que non árbores!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Tes razón, cando tes os froitos no cesto, xa non; pero antes... ¡como magoan, como pican!

suaseiras dijo...

Hoxe xa e outro dia.
Outro dia para aprender cousas novas.
Outro día para desaprender o que aprendimos onte, que desaprenderemos mañán, o mellor.

Caslo dijo...

Suaseiras,a santo de que ben o conto!?

O tema vai de castiñeiros.
Árbores embruxadas que bailan o son do vento.
Vento que se excita cas súas roupas que caen o chan, quedando ámbolos dous esgotados.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Canta sensualidade...!

suaseiras dijo...

Que sí Caslo, que andaba ós mixillóns.
E ti...queres facerlle competencia a Madoé?