POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 nov 2010

NA FIGUEIRA / EN LA HIGUERA



Sempre foi un pouquiño estraña. Quería estudar para costureira, casou nun prado, faloulles galego ós fillos, tiña fe no horóscopo celta…
Pero ninguén sospeitaba que chegaría a tanto: desde hai un tempo, vive debaixo dunha figueira sen máis acubillo cá súa sombra.
A xente di que toleou. Ela ri.



Siempre fue un poco extraña. Quería estudiar para costurera, se casó en un prado, les habló gallego a los hijos, tenía fe en el horóscopo celta...
Pero nadie sospechaba que llegaría a tanto: hace ya cierto tiempo que vive debajo de una higuera, sin más cobijo que su sombra.
La gente dice que está loca. Ella se ríe.

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Ela ben sabe porqué ri

Edita Nogueira Tallón dijo...

Seguro, seguro...