POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 oct 2010

LAMA / FANGO / MUD


(Imaxe baixada de internet)
A flor na lama
reflexa, inconsciente,
o mundo podre.
                   
Flor en el fango.
Refleja, inconsciente,
mundo podrido.


The muddy flower
reflecting, unaware,
the rotten world.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustábame máis o pensamento da imaxe anterior, tan vermellón alí tirado na lama...

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Vaia por Deus! Co traballiño que me deu conseguir a delicada tibuchina espatarrada na lama e sacar a fotiño... Pois nada, os desexos de Anónimo son ordes para min. Aí ten de novo o pensamento vermello.