POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 jul 2023

TRÁNSITO


Imaxe procedente de internet


Ó final do andadeiro escuro, destacaba unha porta iluminada. Non puido evitalo: dirixiuse a ela e traspasouna sen abrila. Alén non había nada.




Al final del pasillo oscuro, destacaba una puerta iluminada. No pudo evitarlo: se dirigió a ella y la traspasó sin abrirla. Más allá no había nada.


11 jul 2023

ANTES MORTA CA SEN VIDA / ANTES MUERTA QUE SIN VIDA

 

"Mujer en el balcón" (Rosa Saavedra)


Aburrida de aburrirse e non ter a quen contarllo, toma unha drástica decisión: converterse en titular dos informativos. Ordena o piso, dúchase, viste o traxe novo e despídese dos peluches lonxevos e do consolador en desuso, os seus mellores amigos. Sae ó balcón. Cerra a porta vidreira cun golpe preciso. Usa enxeño e gran esforzo para empolicarse na varanda. Está a piques de realizar o acto máis importante da súa vida. Treme de emoción. Xusto cando se vai lanzar, lembra que non sacou a roupa da lavadora. Retrocede, pero o peche de seguridade, que tiña a función de evitar o acceso a intrusos desde o exterior, impídelle entrar na casa. Ese contratempo desaléntaa. Empeza a dubidar. Reconsidera o asunto. Mira ó redor. Hai varias plantas ben coidadas, algunha mesmo ten flores. Sempre quixo facerse vegana, aínda que lle faltou valor. Esta é a ocasión perfecta. Alimentarase de follas e pétalos mentres non veñan rescatala; espera que tarden moitos días en descubrila para que a súa imaxe desmellorada cause impresión. Tódolos programas falarán dela. Pensa narrar unha historia inaudita. Escoitarana pasmados. Será feliz por fin.

 


Aburrida de aburrirse y no tener a quien contárselo, toma una drástica decisión: convertirse en titular de los informativos. Ordena el piso, se ducha, viste el traje nuevo y se despide de los peluches longevos y del consolador en desuso, sus mejores amigos. Sale al balcón. Cierra la puerta vidriera con un golpe preciso. Usa ingenio y gran esfuerzo para encaramarse a la barandilla. Está a punto de realizar el acto más importante en su vida. Tiembla de emoción. Justo cuando va a lanzarse, recuerda que no ha sacado la ropa de la lavadora. Retrocede, pero el cierre de seguridad, cuya función era evitar el acceso a intrusos desde el exterior, le impide entrar en casa. Ese contratiempo la desalienta. Empieza a dudar. Reconsidera el asunto. Mira alrededor. Hay varias plantas bien cuidadas, alguna incluso tiene flores. Siempre quiso hacerse vegana, aunque le faltó valor. Esta es la ocasión perfecta. Se alimentará de hojas y pétalos mientras no vengan a rescatarla; espera que tarden muchos días en descubrirla para que su imagen desmejorada cause impresión. Todos los programas hablarán de ella. Piensa narrar una historia inaudita. La escucharán boquiabiertos. Será feliz por fin.


30 jun 2023

IRRECOÑECIBLE / IRRECONOCIBLE


Precisaba afastarse do último desastre electoral e do acoso mediático. Aproveitou o tráfico da primeira ponte festiva para camuflarse nun vehículo alugado. Fuxía a ningures perseguindo o amparo do anonimato.

Esta vez, tivo sorte: o accidente foi tan brutal que non houbo maneira de identificalo.

 

Imaxe procedente de internet

Necesitaba alejarse del último batacazo electoral y el acoso mediático. Aprovechó el tráfico del primer puente festivo para camuflarse en un vehículo alquilado. Huía a ninguna parte persiguiendo el amparo del anonimato.

Esta vez, tuvo suerte: el accidente fue tan brutal que no hubo manera de identificarlo.


17 jun 2023

EDITIÑO 14


           Non terá que baixar Deus         

   a borrarnos do mapa,  

nin subirá Satanás

  armado de tirria e lume.

Non. Un virus

  ha de ser suficiente.



Imaxe procedente de internet

No tendrá que bajar Dios                      

a borrarnos del mapa,

ni subirá Satanás 

armado de tirria y fuego.

No. Un virus

ha de ser suficiente.




14 jun 2023

LÚCIDO

 

Imaxe procedente de internet


Cada vez que se acende unha luz no seu cerebro, as sombras atorméntano. Por iso decidiu apagarse para sempre.

 



Cada vez que se enciende una luz en su cerebro, las sombras lo atormentan. Por eso ha decidido apagarse para siempre.

 

11 jun 2023

MIRÓN / VOYERISTA

 

A calor de agosto aliouse coas sufocacións menopáusicas para facerlle a vida imposible. Pasa as noites deambulando pola súa casa en busca do recuncho máis fresco; poucas veces logra durmir antes do albor. A falta de descanso agreoulle tanto o carácter que a veciñanza apenas a saúda. 

Pero atopou solución: á hora da sesta, segura de que ninguén se decata, baixa ata a beira do río. Alí, case espida e tombada á sombra, consegue unhas felices horas de sono profundo.

Está satisfeita porque só pasaron catro días e o veciño da porta xa lle sorrí.

 


El calor de agosto se alió con los sofocos menopáusicos para hacerle la vida imposible. Pasa las noches deambulando por su casa en busca del rincón más fresco; pocas veces logra dormir antes del alba. La falta de descanso le agrió tanto el carácter que el vecindario apenas la saluda. 

Pero ha encontrado solución: a la hora de la siesta, segura de que nadie se entera, baja hasta la orilla del río. Allí, casi desnuda y tumbada a la sombra, consigue unas felices horas de sueño profundo.

Está satisfecha porque solo han pasado cuatro días y el vecino de al lado ya le sonríe.



4 jun 2023

REALITY

 

Imaxe procedente de internet

Perde dous puntos de audiencia. Deberán matar máis concursantes.

  


Pierde dos puntos de audiencia. Deberán matar más concursantes.


31 may 2023

RECURSOS TEÑO / RECURSOS TENGO

 

Non me arrastra a necesidade de coñecer mundos exóticos, a emoción aventureira ou a ansia obsesiva por desconectar da rutina; nin sequera me ilusiona a envexa que lles produza ós veciños. Rotundamente, odio viaxar. Semanas antes, o meu sobrepeso increméntase sen control posible, debido ó estrés que os preparativos ocasionan. Só unha cousa satisfactoria atopo ó ausentarme: volver.

Ata o de agora, funme escapulindo sempre que puiden: os nenos pequenos, o marido enfermo, a estreiteza económica… Pero desde que vivo soa e as ofertas do Inserso son tentadoras, non consigo zafarme do acoso social e familiar, tanto que me vin obrigada a engraxar as neuronas para idear un plan.

No faiado, teño sempre disposta unha maleta chea de farrapos. Dous ou tres veces ó ano, navego por internet (os cursos de informática deron os seus froitos) e adquiro todo o necesario: información turística, fotografías e souvenirs. Deseguido comunico ós fillos que marcho, pero péchome na casa. Días despois, avísoos para que  me vaian recoller a calquera estación ou aeroporto, onde, previamente, cheguei en taxi desde o meu domicilio, sempre de noite. Reparto tantos bicos como agasallos e… ata a próxima.

 

 

Imaxe procedente de internet

No me arrastra la necesidad de conocer mundos exóticos, la emoción aventurera o el ansia obsesiva por desconectar de la rutina; ni siquiera me ilusiona la envidia que les produzca a los vecinos. Rotundamente, odio viajar. Semanas antes, mi sobrepeso se incrementa sin control posible, debido al estrés que los preparativos ocasionan. Solo una cosa satisfactoria hallo al ausentarme: volver.

Hasta ahora, me fui escabullendo siempre que pude: los niños pequeños, el marido enfermo, la estrechez económica… Pero desde que vivo sola y las ofertas del Imserso son tentadoras, no consigo zafarme del acoso social y familiar, tanto que me he visto obligada a engrasar las neuronas para idear un plan.

En el trastero, tengo siempre dispuesta una maleta llena de harapos. Dos o tres veces al año, navego por internet (los cursillos de informática dieron sus frutos) y adquiero todo lo necesario: información turística, fotografías y souvenirs. Luego comunico a los hijos que marcho, pero me encierro en casa a cal y canto. Días después, los aviso para que  vayan a recogerme a cualquier estación o aeropuerto, a donde, previamente, he llegado en taxi desde mi domicilio, siempre de noche. Reparto tantos besos como regalos y… hasta la próxima.


31 ene 2023

EDITIÑO 13

 

A pena volveuse crónica

pingando sen parar

sempre polo mesmo sitio.

Pero agora só supura

letras rancias.

Non saen as palabras.

(Imaxe procedente de internet)



La pena se volvió crónica

brotando sin parar

siempre por el mismo sitio.

Pero ya solo supura

letras rancias.

No salen las palabras.



1 ene 2023

DESFEITA /DESASTRE

  

(Imaxe procedente de internet)

Miro o belén

con figuriñas rotas.

Despois suspiro.




Miro el belén

con figuritas rotas.

Después suspiro.



18 dic 2022

VÍSCERAS




O guiso ole ben, pero a nena está entretida buscando o seu gatiño e non quere comer. A nai insiste: non pode ir para a cama morta de frío e co estómago baleiro. O micho segue sen aparecer.

 


El guiso huele bien, pero la niña está entretenida buscando a su gatito y no quiere comer. La madre insiste: no puede irse a la cama muerta de frío y con el estómago vacío. El minino sigue sin aparecer.



9 dic 2022

MENÚ NAVIDEÑO / MENÚ DO NADAL

  

(Imaxe procedente de internet)


Este ano, conseguirei despexar a casa en poucas horas. Será sinxelo, pero contundente: ovos á salmonela.

  


Este año, conseguiré despejar la casa en pocas horas. Será sencillo, pero contundente: huevos a la salmonela.


21 nov 2022

AZULADA


(Imaxe procedente de internet)
Esperabamos un neno e foi recibida en azul. O presuposto familiar non daba para improvisar un enxoval rosa e tivo que empezar a vivir entre roupas e paredes celestes. Presentámola á familia como Mario. Ata ben entrado o inverno, non a sacamos a pasear no seu carriño para poder tapala totalmente, evitando así que algún espelido de máis descubrise a trampa. Ó chegar á casa e liberala do envoltorio, comprobamos que a súa cariña compartía cor coa manta protectora. Non lle demos importancia: a tea, sen lavar previamente, igual destinguira. Iso si, estráñanos que, pasados xa varios días, siga sen respirar...



Esperábamos un niño y fue recibida en azul. El presupuesto familiar no daba para improvisar una canastilla rosa y tuvo que empezar a vivir entre ropas y paredes celestes. La presentamos a la familia como Mario. Hasta bien entrado el invierno, no la sacamos a pasear en su carrito para poder taparla totalmente, evitando así que algún espabilado descubriera la trampa. Al llegar a casa y liberarla del envoltorio, comprobamos que su carita compartía color con la manta protectora. No le dimos importancia: la tela, sin lavar previamente, habría desteñido. Eso sí, nos extraña que, habiendo pasado ya varios días, siga sin respirar... 


17 nov 2022

PREDISPOSICIÓN NEGATIVA

 

─Que sexa o que teña que ser.

 Agachou a cabeza e esperou que o destino lle atizase, como facía sempre.

 ─Sexa

 E foi unha soberana contractura cervical de tanto tempo agardando co pescozo dobrado.

(Imaxe procedente de internet

 

─Que sea lo que tenga que ser.

 Agachó la cabeza y esperó que el destino le atizase, como hacía siempre.

 ─Sea

 Y fue una soberana contractura cervical de tanto tiempo aguardando con el cuello doblado.


12 nov 2022

CASCALLOS / ESCOMBROS

Os sobreviventes resisten amoreados no único soto do barrio esquecido polas bombas. Cando as sirenas e os mísiles se cansan de berrar, saen durante o menor tempo posible á busca de víveres, que non sempre conseguen. Os nenos aproveitan para xogar fóra; gaña o que atopa algo interesante que non sexa  un cascote. En caso de dúbida, consultan ós adultos. Esta vez non hai debate, Kateryna é a gañadora. Chora porque non lle deixan baixar ó refuxio o seu tesouro: un pé medio descalzo, cunha zapatilla da mesma marca cás dela. Súa nai salaia.

(Imaxe procedente de internet)

Los supervivientes resisten hacinados en el único sótano del barrio olvidado por las bombas. Cuando las sirenas y los misiles se cansan de chillar, salen durante el menor tiempo posible en busca de víveres, que no siempre consiguen. Los niños aprovechan para jugar fuera; gana el que encuentra algo interesante que no sea  un cascote. En caso de duda, consultan a los adultos. Esta vez no hay debate, Kateryna es la ganadora. Llora porque no le dejan bajar al refugio su tesoro: un pie medio descalzo, con una zapatilla de la misma marca que las suyas. Su madre solloza.

4 nov 2022

AS MIÑAS COMPAÑEIRAS DE PISO / MIS COMPAÑERAS DE PISO

Son orfa materna de nacemento. Meu pai malcrioume durante medio século. Comodidades urbanas e paseos polos bosques da contorna foron as miñas ocupacións relevantes. Unha noite, foise de súpeto ó outro mundo, sen ensinarme primeiro a vivir soa e de rendas. Desde aquela traxedia, compenso ausencias e medos con actitudes estrañas, din uns; obsesivas, aseguran outros. 

En agosto, xa vareo ourizos completamente verdes. As miñas mans, aínda que perforadas e doridas, escaravellan entre as súas espiñas. A experiencia advírteme que non madurarán antes de tempo por máis que o intente, pero insisto coma posesa. Ó fin, en outubro, tinguidos de outono, van soltando perlas marróns coa boca aberta; quizais ríndose de min. Incluso algúns, kamikazes, estrélanse adrede contra a miña cabeza. Nin así conseguen aplacarme a ansia por recoller castañas: día tras día, deixo a cidade e percorro os soutos da comarca co único obxectivo de almacenar na casa as ditosas sementes a toneladas. Moitas veces, sorpréndeme o amencer sen deitarme aínda, dispoñéndoas adecuadamente segundo o seu grao de humidade e categoría, para que se sintan o máis a gusto posible comigo; deben aguantar en perfectas condicións ata a colleita do ano seguinte. Só entón, poderei desfacerme das vellas.


(Imaxe procedente de internet)

Soy huérfana materna de nacimiento. Mi padre me malcrió durante medio siglo. Comodidades urbanas y paseos por los bosques del entorno fueron mis ocupaciones relevantes. Una noche, se fue de repente al otro mundo, sin enseñarme primero a vivir sola y de rentas. Desde aquella tragedia, compenso ausencias y miedos con actitudes extrañas, dicen unos; obsesivas, aseguran otros.

En agosto, ya vareo erizos completamente verdes. Mis manos, aunque perforadas y doloridas, hurgan entre sus espinas. La experiencia me advierte que no madurarán antes de tiempo por más que lo intente, pero insisto como posesa. Al fin, en octubre, teñidos de otoño, van soltando perlas marrones con la boca abierta; tal vez riéndose de mí. Incluso algunos, camicaces, se estrellan adrede contra mi cuero cabelludo. Ni así consiguen aplacarme el ansia recolectora: día tras día, dejo la ciudad y recorro los castañares de la comarca con el único  objetivo de almacenar en casa las dichosas semillas a toneladas. Muchas veces, me sorprende el alba aún sin acostarme, disponiéndolas adecuadamente según su grado de humedad y categoría, para que se sientan lo más a gusto posible conmigo; deben aguantar en perfectas condiciones hasta la cosecha del año siguiente. Solo entonces, podré deshacerme de las viejas.


29 oct 2022

GRAZAS, AMIGA / GRACIAS, AMIGA

                RECITADO

Son muíño devastado

tentando moer en seco 

hostias que a vida me trae.

E chegas ti de ben lonxe

dando un brinco de mil anos

con aroma a mar de infancia

e confidencias arcaicas.

Empurras con auga morna

este meu rodicio canso;

lubricas con aloumiños

a maquinaria de pedra,

nula inspiración defunta

que se ve resucitando:

moitos días e máis noites

esfarelando palabras

tan só para dicir GRAZAS.


(Imaxe procedente de internet)

Soy molino devastado

buscando moler en seco 

hostias que la vida trae.

Y llegas tú de muy lejos

dando un salto de mil años

con aroma a mar de infancia

y confidencias arcaicas.

Empujas con agua tibia

este rodezno cansado;

lubricas con alabanzas

la maquinaria de piedra,

nula inspiración difunta

que se ve resucitando:

muchos días y más noches

desmigajando palabras

solo para decir GRACIAS.

 

27 sept 2022

NEGRURA

 

(Imaxe procedente de internet)

Cortou as árbores do xardín; cambiou o céspede por cemento; tirou as macetas ó lixo; deixou de comer verdura... Non quere nada que lle lembre que algún día tivo a esperanza de que o seu fillo curase.

 


Cortó los árboles del jardín; cambió el césped por cemento; tiró las macetas a la basura; dejó de comer verdura… No quiere nada que le recuerde que algún día tuvo la esperanza de que su hijo se curase.


24 sept 2022

CORPO DE MULLER / CUERPO DE MUJER


Dá, por fin, a última pincelada e arrédase do lenzo para admiralo. Encántalle. Esta vez si elixiu a modelo e a postura perfectas. Malia estar esgotado despois de tantas horas traballando intensamente, a excitación non o abandona, e iso que intenta reprimila. Xa haberá tempo para gozar da súa obra ou facer tolemias; agora urxe desfacerse do corpo antes de que amañeza.

(Imaxe procedente de internet)

Da, por fin, la última pincelada y se aleja del lienzo para admirarlo. Le encanta. Esta vez sí ha elegido la modelo y la postura perfectas. Aunque está agotado después de tantas horas trabajando intensamente, la excitación no lo abandona, y eso que intenta reprimirla. Ya habrá tiempo para disfrutar de su obra o hacer locuras; ahora urge deshacerse del cuerpo antes de que amanezca.