El guiso huele bien, pero la niña está entretenida buscando a su gatito y no quiere comer. La madre insiste: no puede irse a la cama muerta de frío y con el estómago vacío. El minino sigue sin aparecer.
POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
18 dic 2022
VÍSCERAS
9 dic 2022
MENÚ NAVIDEÑO / MENÚ DO NADAL
21 nov 2022
AZULADA
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Esperábamos un niño y fue recibida en azul. El presupuesto familiar no daba para improvisar una canastilla rosa y tuvo que empezar a vivir entre ropas y paredes celestes. La presentamos a la familia como Mario. Hasta bien entrado el invierno, no la sacamos a pasear en su carrito para poder taparla totalmente, evitando así que algún espabilado descubriera la trampa. Al llegar a casa y liberarla del envoltorio, comprobamos que su carita compartía color con la manta protectora. No le dimos importancia: la tela, sin lavar previamente, habría desteñido. Eso sí, nos extraña que, habiendo pasado ya varios días, siga sin respirar...
17 nov 2022
PREDISPOSICIÓN NEGATIVA
─Que sexa o que teña que ser.
─Que sea lo que tenga que ser.
12 nov 2022
CASCALLOS / ESCOMBROS
Os
sobreviventes resisten amoreados no único soto do barrio esquecido polas
bombas. Cando as sirenas e os mísiles se cansan de berrar, saen durante o menor
tempo posible á busca de víveres, que non sempre conseguen. Os nenos aproveitan
para xogar fóra; gaña o que atopa algo interesante que non sexa un cascote. En caso de dúbida, consultan ós
adultos. Esta vez non hai debate, Kateryna é a gañadora. Chora porque non lle
deixan baixar ó refuxio o seu tesouro: un pé medio descalzo, cunha zapatilla da
mesma marca cás dela. Súa nai salaia.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Los supervivientes resisten hacinados en el único sótano del barrio olvidado por las bombas. Cuando las sirenas y los misiles se cansan de chillar, salen durante el menor tiempo posible en busca de víveres, que no siempre consiguen. Los niños aprovechan para jugar fuera; gana el que encuentra algo interesante que no sea un cascote. En caso de duda, consultan a los adultos. Esta vez no hay debate, Kateryna es la ganadora. Llora porque no le dejan bajar al refugio su tesoro: un pie medio descalzo, con una zapatilla de la misma marca que las suyas. Su madre solloza.
4 nov 2022
AS MIÑAS COMPAÑEIRAS DE PISO / MIS COMPAÑERAS DE PISO
Son orfa materna de nacemento. Meu pai malcrioume durante medio século. Comodidades urbanas e paseos polos bosques da contorna foron as miñas ocupacións relevantes. Unha noite, foise de súpeto ó outro mundo, sen ensinarme primeiro a vivir soa e de rendas. Desde aquela traxedia, compenso ausencias e medos con actitudes estrañas, din uns; obsesivas, aseguran outros.
En agosto, xa vareo ourizos completamente verdes. As miñas mans, aínda que
perforadas e doridas, escaravellan entre as súas espiñas. A experiencia
advírteme que non madurarán antes de tempo por máis que o intente, pero insisto
coma posesa. Ó fin, en outubro, tinguidos de outono, van soltando perlas
marróns coa boca aberta; quizais ríndose de min. Incluso algúns, kamikazes, estrélanse adrede
contra a miña cabeza. Nin así conseguen aplacarme a ansia por recoller
castañas: día tras día, deixo a cidade e percorro os soutos da comarca co único
obxectivo de almacenar na casa as ditosas sementes a toneladas. Moitas veces,
sorpréndeme o amencer sen deitarme aínda, dispoñéndoas adecuadamente segundo o
seu grao de humidade e categoría, para que se sintan o máis a gusto posible
comigo; deben aguantar en perfectas condicións ata a colleita do ano seguinte.
Só entón, poderei desfacerme das vellas.

(Imaxe procedente de internet)
En agosto, ya
vareo erizos completamente verdes. Mis manos, aunque perforadas y doloridas,
hurgan entre sus espinas. La experiencia me advierte que no madurarán antes de
tiempo por más que lo intente, pero insisto como posesa. Al fin, en octubre,
teñidos de otoño, van soltando perlas marrones con la boca abierta; tal vez
riéndose de mí. Incluso algunos, camicaces, se estrellan adrede contra mi cuero
cabelludo. Ni así consiguen aplacarme el ansia recolectora: día tras día, dejo
la ciudad y recorro los castañares de la comarca con el único objetivo de
almacenar en casa las dichosas semillas a toneladas. Muchas veces, me sorprende
el alba aún sin acostarme, disponiéndolas adecuadamente según su grado de
humedad y categoría, para que se sientan lo más a gusto posible conmigo; deben
aguantar en perfectas condiciones hasta la cosecha del año siguiente. Solo
entonces, podré deshacerme de las viejas.
29 oct 2022
GRAZAS, AMIGA / GRACIAS, AMIGA
Son muíño devastado
tentando moer en seco
hostias que a vida me trae.
E chegas ti de ben lonxe
dando un brinco de mil anos
con aroma a mar de infancia
e confidencias arcaicas.
Empurras con auga morna
este meu rodicio canso;
lubricas con aloumiños
a maquinaria de pedra,
nula inspiración defunta
que se ve resucitando:
moitos días e máis noites
esfarelando palabras
tan só para dicir GRAZAS.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Soy molino devastado
buscando moler en seco
hostias que la vida trae.
Y llegas tú de muy lejos
dando un salto de mil años
con aroma a mar de infancia
y confidencias arcaicas.
Empujas con agua tibia
este rodezno cansado;
lubricas con alabanzas
la maquinaria de piedra,
nula inspiración difunta
que se ve resucitando:
muchos días y más noches
desmigajando palabras
solo para decir GRACIAS.
27 oct 2022
27 sept 2022
NEGRURA
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Cortó los árboles del jardín; cambió el césped por cemento; tiró las macetas a la basura; dejó de comer verdura… No quiere nada que le recuerde que algún día tuvo la esperanza de que su hijo se curase.
24 sept 2022
CORPO DE MULLER / CUERPO DE MUJER
Dá, por fin, a última pincelada e arrédase do lenzo para admiralo. Encántalle. Esta vez si elixiu a modelo e a postura perfectas. Malia estar esgotado despois de tantas horas traballando intensamente, a excitación non o abandona, e iso que intenta reprimila. Xa haberá tempo para gozar da súa obra ou facer tolemias; agora urxe desfacerse do corpo antes de que amañeza.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Da,
por fin, la última pincelada y se aleja del lienzo para admirarlo. Le encanta.
Esta vez sí ha elegido la modelo y la postura perfectas. Aunque está agotado
después de tantas horas trabajando intensamente, la excitación no lo abandona,
y eso que intenta reprimirla. Ya habrá tiempo para disfrutar de su obra o hacer
locuras; ahora urge deshacerse del cuerpo antes de que amanezca.
17 sept 2022
ERRO BÁSICO / ERROR BÁSICO
Empezou polo tellado. Cando, ó fin, decidiu fixar os cimentos, xa era tarde: a estrutura de toda unha vida en falso veu abaixo e esmagouno.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
14 sept 2022
ATERRAXES / ATERRIZAJES
Laura namorouse do seu anxo da garda, pero ninguén a cre. Traballador, discreto, sempre atento... É a parella ideal. Cando Felipe descobre quen é o seu rival, non pode parar de rir. Laura desgústase, non por ela, senón polo pobre querubín que sempre está presente. O noivo continúa actuando coma se nada: convídaa a cear, quere que sigan durmindo xuntos... Ela rexéitao, mais non consegue afastalo. Toma unha drástica decisión: escapará a un lugar onde non cuestionen a súa nova relación. Solicita a baixa laboral e compra un billete de avión para Oslo. Volve á casa e sobe lixeira as escaleiras; debe ultimar algunhas cuestións da viaxe. Ó pisar o último chanzo, dá un tropezón e roda ata o fondo. Dóelle todo. Onde está o seu custodio? Nunca antes lle fallara. Outro que foxe do compromiso! Chora desconsolada. Desde arriba, o anxo míraa con pena. Sente deixala, pero aclimatouse a planear baixo e agora non desexa voar sobre as nubes nin aguantar o frío escandinavo. Na vivenda contigua esperan un bebé, e xa solicitou ó xefe que lle reserve o posto de protector da criatura. Felipe, casualmente, aparece no portal e auxilia a Laura.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Laura se ha enamorado de su ángel de la guarda, pero nadie la cree. Trabajador, discreto, siempre atento... Es la pareja ideal. Cuando Felipe descubre quién es su rival, no puede parar de reír. Laura se disgusta, no por ella, sino por el pobre querubín que siempre está presente. El novio continúa actuando como si nada: la invita a cenar, quiere que sigan durmiendo juntos... Ella lo rechaza, mas no consigue alejarlo. Toma una drástica decisión: se escapará a un lugar donde no cuestionen su nueva relación. Solicita la baja laboral y compra un billete de avión para Oslo. Vuelve a casa y sube rauda las escaleras; debe ultimar algunas cuestiones del viaje. Al pisar el último escalón, da un traspié y rueda hasta el fondo. Le duele todo. ¿Dónde está su custodio? Nunca antes le había fallado. ¡Otro que huye del compromiso! Llora desconsolada. Desde arriba, el ángel la mira con pena. Siente dejarla, pero se ha aclimatado a planear bajo y ahora no desea volar sobre las nubes ni aguantar el frío escandinavo. En la vivienda contigua esperan un bebé, y ya ha solicitado al jefe que le reserve el puesto de protector de la criatura. Felipe, casualmente, aparece en el portal y auxilia a Laura.
11 sept 2022
SECUELAS

(Imaxe procedente de internet)
Tantas amarguras lle fixo tragar a vida que se volveu adicta ó sufrimento. O peor é que cada vez necesita doses maiores de tristeza para conciliar o sono. O único fillo que lle queda vivo empeza a protestar porque ve como súa nai se arruína mercando desgustos alleos.
Tantas amarguras le hizo tragar la vida que se ha vuelto adicta al sufrimiento. Lo peor es que cada vez necesita dosis mayores de tristeza para conciliar el sueño. El único hijo que le queda vivo empieza a protestar porque ve como su madre se arruina comprando disgustos ajenos.
6 sept 2022
ESCOLA DE IDIOMAS / ESCUELA DE IDIOMAS

(Imaxe procedente de internet)
Hai un colexio no fondo do mar para que os nenos inmigrantes estuden vocabulario. A primeira lección di que patera e morte son sinónimos.
Hay un colegio en el fondo del mar para que los niños inmigrantes estudien vocabulario. La primera lección dice que patera y muerte son sinónimos.
5 sept 2022
HOXE NON ME DOU ERGUIDO/ HOY NO ME PUEDO LEVANTAR
Ódiasme. Cada atardecer, atrancas portas e ventás cando me ves roldando a túa casa. Sabes que entraría, mesmo en contra da túa vontade. Paso as frías noites á intemperie enchendo de bicos húmidos as paredes; deambulo entre as árbores do xardín; intento protexer o teu sono cun manto de silencio. Aínda que din, e dóeme, que non podes durmir plácidamente se percibes a miña presenza; que recuperas a alegría cando me esfumo pola mañá. Non podo máis. Hoxe será distinto: máis ca néboa, síntome chumbo, e non haberá sol ou brisa que me levante. Síntoo.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Me odias. Cada atardecer, atrancas puertas y ventanas cuando me ves rondando tu casa. Sabes que entraría, incluso en contra de tu voluntad. Paso las frías noches a la intemperie plagando de besos húmedos las paredes; deambulo entre los árboles del jardín; intento proteger tu sueño con un manto de silencio. Aunque dicen, y me duele, que no puedes dormir plácidamente si percibes mi presencia; que recuperas la alegría cuando me esfumo por la mañana. No puedo más. Hoy será distinto: más que niebla, me siento plomo, y no habrá sol o brisa que me levante. Lo siento.
Publicado no libro “Ahí están…las puertas de Boal / Ei tan… as portas de Boal“ pertencente ó proxecto fotográfico-textual no que as portas de Boal (Asturias) son protagonistas.
Coautores: Begoña Martín (proxecto e fotografía) e Quique Roxíos (tradutor ó galego de Asturias).
3 sept 2022
PRATO FRÍO POR EXCELENCIA / PLATO FRÍO POR EXCELENCIA
─Que porcallada de prato é este?
─É unha sopa fría moi saborosa. Saquei a receita dun libro.
─Dun libro, di... Pero necesitas estudar para facer unha puta sopa? Non podes botarlle fideos como fixo miña nai toda a vida?
─Claro, cariño, pero quería sorprenderte.
─Pois conseguíchelo, abofé! Só con verlle a cor, xa dá gana de cuspirlle!
─Porque está feita á pementa rosa. Proba, verás como che gusta.
─É que teño eu pinta de maricas ou que? Iso comeralo ti, inútil! A min posme comida normal!
─Perdoa, meu amor. Agora che traio o teu manxar favorito, que hoxe é o noso aniversario, lembras?
─Xa me parecía a min que algo pasaba, porque aínda estás máis parva ca de costume.
A muller retira a suculenta crema antes de que voe polo aire, como ocorrera noutras ocasións. Abnegada e submisa igual ca sempre, volve á cociña buscar o segundo prato, o definitivo: rabo de touro estufado no seu punto, condimentado para a ocasión cun toque de exquisito cianuro.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
─¿Qué porquería de plato es este?
─Es una sopa fría riquísima. Saqué la receta de un libro.
─De un libro, dice… ¿Pero necesitas estudiar para hacer una puta sopa? ¿No puedes echarle fideos como hizo mi madre toda la vida?
─Claro, cariño, pero quería sorprenderte.
─¡Pues lo has conseguido, no te quepa duda! ¡Sólo con verle el color, ya dan ganas de escupirle!
─Porque está hecha a la pimienta rosa. Prueba, verás como te gusta.
─¿Es que tengo yo pinta de mariquita o qué? ¡Eso lo comerás tú, inútil! ¡A mí me pones comida normal
─Perdona, mi amor. Ahora te traigo tu manjar favorito, que hoy es nuestro aniversario, ¿recuerdas?
─Ya me parecía a mí que algo pasaba, porque estás todavía más tonta que de costumbre.
La esposa retira la suculenta crema antes de que vuele por los aires, como había ocurrido en otras ocasiones. Abnegada y sumisa igual que siempre, regresa a la cocina a buscar el segundo plato, el definitivo: rabo de toro estofado en su punto, condimentado para la ocasión con un toque de exquisito cianuro.
31 ago 2022
URXENTE / URGENTE
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
A punnto de cumplir los ochenta años, sigue en perfecta forma física. Pero el miedo al alzheimer le agarrota el pensamiento. De tal forma que no es capaz de decidir el método de suicidio más adecuado. Y debe apresurarse o la demencia le empedirá llevarlo a cabo.
26 ago 2022
CUESTIÓN DE CONCEPTO
Toda unha vida costa arriba intentando alcanzar o ceo. Cando
xa o roza coa man e pode velo de cerca, dálle un ataque de risa, perde o
equilibrio e cae rodando a gran velocidade. Nunca antes se divertira tanto. Se
consegue chegar enteiro abaixo, subirá de novo, pero con máis brío. Acaba de
descubrir que a súa felicidade non está na gloria prometida, senón na caída
libre.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Toda una vida cuesta arriba intentando alcanzar el cielo. Cuando ya lo roza con la mano y puede verlo de cerca, le da un ataque de risa, pierde el equilibrio y cae rodando a gran velocidad. Nunca antes se había divertido tanto. Si consigue llegar entero abajo, subirá de nuevo, pero con más brío. Acaba de descubrir que su felicidad no está en la gloria prometida, sino en la caída libre.
24 ago 2022
21 ago 2022
CALCULADORA
Tampouco hoxe atopei
traballo. Resulta esgotador deambular todo o día pola cidade para xustificar o
fracaso. Pero ten recompensa ó chegar a casa: “Cariño, como che foron as cousas
na fábrica? Se queres cea, terás que facela; eu voume deitar, estou derreada.
Procura non espertarme”.
Seguirei co meu plan de non conseguir emprego mentres a conta dos agasallos da voda teña saldo. Debo acordarme de apartar unha cantidade suficiente para o divorcio.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Tampoco hoy encontré trabajo. Resulta agotador deambular todo el día por la ciudad para justificar el fracaso. Pero tiene recompensa al llegar a casa: “Cariño, ¿cómo te han ido las cosas en la fábrica? Si quieres cena, tendrás que hacerla; yo me voy a acostar, estoy exhausta. Procura no despertarme”.
Seguiré con mi plan de no conseguir empleo mientras la cuenta de los regalos de la boda tenga saldo. Debo acordarme de apartar una cantidad suficiente para el divorcio.














