POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 oct 2022

GRAZAS, AMIGA / GRACIAS, AMIGA

                RECITADO

Son muíño devastado

tentando moer en seco 

hostias que a vida me trae.

E chegas ti de ben lonxe

dando un brinco de mil anos

con aroma a mar de infancia

e confidencias arcaicas.

Empurras con auga morna

este meu rodicio canso;

lubricas con aloumiños

a maquinaria de pedra,

nula inspiración defunta

que se ve resucitando:

moitos días e máis noites

esfarelando palabras

tan só para dicir GRAZAS.


(Imaxe procedente de internet)

Soy molino devastado

buscando moler en seco 

hostias que la vida trae.

Y llegas tú de muy lejos

dando un salto de mil años

con aroma a mar de infancia

y confidencias arcaicas.

Empujas con agua tibia

este rodezno cansado;

lubricas con alabanzas

la maquinaria de piedra,

nula inspiración difunta

que se ve resucitando:

muchos días y más noches

desmigajando palabras

solo para decir GRACIAS.

 

27 sept 2022

NEGRURA

 

(Imaxe procedente de internet)

Cortou as árbores do xardín; cambiou o céspede por cemento; tirou as macetas ó lixo; deixou de comer verdura... Non quere nada que lle lembre que algún día tivo a esperanza de que o seu fillo curase.

 


Cortó los árboles del jardín; cambió el césped por cemento; tiró las macetas a la basura; dejó de comer verdura… No quiere nada que le recuerde que algún día tuvo la esperanza de que su hijo se curase.


24 sept 2022

CORPO DE MULLER / CUERPO DE MUJER


Dá, por fin, a última pincelada e arrédase do lenzo para admiralo. Encántalle. Esta vez si elixiu a modelo e a postura perfectas. Malia estar esgotado despois de tantas horas traballando intensamente, a excitación non o abandona, e iso que intenta reprimila. Xa haberá tempo para gozar da súa obra ou facer tolemias; agora urxe desfacerse do corpo antes de que amañeza.

(Imaxe procedente de internet)

Da, por fin, la última pincelada y se aleja del lienzo para admirarlo. Le encanta. Esta vez sí ha elegido la modelo y la postura perfectas. Aunque está agotado después de tantas horas trabajando intensamente, la excitación no lo abandona, y eso que intenta reprimirla. Ya habrá tiempo para disfrutar de su obra o hacer locuras; ahora urge deshacerse del cuerpo antes de que amanezca. 



17 sept 2022

ERRO BÁSICO / ERROR BÁSICO

 

Empezou polo tellado. Cando, ó fin, decidiu fixar os cimentos, xa era tarde: a estrutura de toda unha vida en falso veu abaixo e esmagouno.


(Imaxe procedente de internet)

Empezó por el tejado. Cuando, al fin, decidió fijar los cimientos, ya era tarde: la estructura de toda una vida en falso se vino abajo y lo aplastó.



14 sept 2022

ATERRAXES / ATERRIZAJES


Laura namorouse do seu anxo da garda, pero ninguén a cre. Traballador, discreto, sempre atento... É a parella ideal. Cando Felipe descobre quen é o seu rival, non pode parar de rir. Laura desgústase, non por ela, senón polo pobre querubín que sempre está presente. O noivo continúa actuando coma se nada: convídaa a cear, quere que sigan durmindo xuntos... Ela rexéitao, mais non consegue afastalo. Toma unha drástica decisión: escapará a un lugar onde non cuestionen a súa nova relación. Solicita a baixa laboral e compra un billete de avión para Oslo. Volve á casa e sobe lixeira as escaleiras; debe ultimar algunhas cuestións da viaxe. Ó pisar o último chanzo, dá un tropezón e roda ata o fondo. Dóelle todo. Onde está o seu custodio? Nunca antes lle fallara. Outro que foxe do compromiso! Chora desconsolada. Desde arriba, o anxo míraa con pena. Sente deixala, pero aclimatouse a planear baixo e agora non desexa voar sobre as nubes nin aguantar o frío escandinavo. Na vivenda contigua esperan un bebé, e xa solicitou ó xefe que lle reserve o posto de protector da criatura. Felipe, casualmente, aparece no portal e auxilia a Laura.

(Imaxe procedente de internet)



Laura se ha enamorado de su ángel de la guarda, pero nadie la cree. Trabajador, discreto, siempre atento... Es la pareja ideal. Cuando Felipe descubre quién es su rival, no puede parar de reír. Laura se disgusta, no por ella, sino por el pobre querubín que siempre está presente. El novio continúa actuando como si nada: la invita a cenar, quiere que sigan durmiendo juntos... Ella lo rechaza, mas no consigue alejarlo. Toma una drástica decisión: se escapará a un lugar donde no cuestionen su nueva relación. Solicita la baja laboral y compra un billete de avión para Oslo. Vuelve a casa y sube rauda las escaleras; debe ultimar algunas cuestiones del viaje. Al pisar el último escalón, da un traspié y rueda hasta el fondo. Le duele todo. ¿Dónde está su custodio? Nunca antes le había fallado. ¡Otro que huye del compromiso! Llora desconsolada. Desde arriba, el ángel la mira con pena. Siente dejarla, pero se ha aclimatado a planear bajo y ahora no desea volar sobre las nubes ni aguantar el frío escandinavo. En la vivienda contigua esperan un bebé, y ya ha solicitado al jefe que le reserve el puesto de protector de la criatura. Felipe, casualmente, aparece en el portal y auxilia a Laura.


11 sept 2022

SECUELAS

 

(Imaxe procedente de internet)


Tantas amarguras lle fixo tragar a vida que se volveu adicta ó sufrimento. O peor é que cada vez necesita doses maiores de tristeza para conciliar o sono. O único fillo que lle queda vivo empeza a protestar porque ve como súa nai se arruína mercando desgustos alleos.




Tantas amarguras le hizo tragar la vida que se ha vuelto adicta al sufrimiento. Lo peor es que cada vez necesita dosis mayores de tristeza para conciliar el sueño. El único hijo que le queda vivo empieza a protestar porque ve como su madre se arruina comprando disgustos ajenos.


6 sept 2022

ESCOLA DE IDIOMAS / ESCUELA DE IDIOMAS

 

(Imaxe procedente de internet)
                      

Hai un colexio no fondo do mar para que os nenos inmigrantes estuden vocabulario. A primeira lección di que patera e morte son sinónimos. 




Hay un colegio en el fondo del mar para que los niños inmigrantes estudien vocabulario. La primera lección dice que patera y muerte son sinónimos. 


5 sept 2022

HOXE NON ME DOU ERGUIDO/ HOY NO ME PUEDO LEVANTAR


Ódiasme. Cada atardecer, atrancas portas e ventás cando me ves roldando a túa casa. Sabes que entraría, mesmo en contra da túa vontade. Paso as frías noites á intemperie enchendo de bicos húmidos as paredes; deambulo entre as árbores do xardín; intento protexer o teu sono cun manto de silencio. Aínda que din, e dóeme, que non podes durmir  plácidamente se percibes a miña presenza; que recuperas a alegría cando me  esfumo pola mañá. Non podo máis. Hoxe será distinto: máis ca néboa, síntome chumbo, e non haberá sol ou brisa que me levante. Síntoo.

(Imaxe procedente de internet)

Me odias. Cada atardecer, atrancas puertas y ventanas cuando me ves rondando tu casa. Sabes que entraría, incluso en contra de tu voluntad. Paso las frías noches a la intemperie plagando de besos húmedos las paredes; deambulo entre los árboles del jardín; intento proteger tu sueño con un manto de silencio. Aunque dicen, y me duele, que no puedes dormir plácidamente si percibes mi presencia; que recuperas la alegría cuando me esfumo por la mañana. No puedo más. Hoy será distinto: más que niebla, me siento plomo, y no habrá sol o brisa que me levante. Lo siento.

 .......................................................................................................................................

Publicado no libro  “Ahí están…las puertas de Boal / Ei tan… as portas de Boal“ pertencente ó proxecto fotográfico-textual no que as portas de Boal (Asturias) son protagonistas. 

Coautores: Begoña Martín (proxecto e fotografía) e Quique Roxíos (tradutor ó galego de Asturias).


3 sept 2022

PRATO FRÍO POR EXCELENCIA / PLATO FRÍO POR EXCELENCIA

 

─Que porcallada de prato é este?

─É unha sopa fría moi saborosa. Saquei a receita dun libro.

─Dun libro, di... Pero necesitas estudar para facer unha puta sopa? Non podes botarlle fideos como fixo miña nai toda a vida?

─Claro, cariño, pero quería sorprenderte.

─Pois conseguíchelo, abofé! Só con verlle a cor, xa dá gana de cuspirlle!

─Porque está feita á pementa rosa. Proba, verás como che gusta.

─É que teño eu pinta de maricas ou que? Iso comeralo ti, inútil!  A min posme comida normal!

─Perdoa, meu amor. Agora che traio o teu manxar favorito, que hoxe é o noso aniversario, lembras?

─Xa me parecía a min que algo pasaba, porque aínda estás máis parva ca de costume.

A muller retira a suculenta crema antes de que voe polo aire, como ocorrera noutras ocasións. Abnegada e submisa igual ca sempre, volve á cociña buscar o segundo prato, o definitivo: rabo de touro estufado no seu punto, condimentado para a ocasión cun toque de exquisito cianuro.

(Imaxe procedente de internet)

─¿Qué porquería de plato es este?

─Es una sopa fría riquísima. Saqué la receta de un libro.

─De un libro, dice… ¿Pero necesitas estudiar para hacer una puta sopa? ¿No puedes echarle fideos como hizo mi madre toda la vida?

─Claro, cariño, pero quería sorprenderte.

─¡Pues lo has conseguido, no te quepa duda! ¡Sólo con verle el color, ya dan ganas de escupirle!

─Porque está hecha a la pimienta rosa. Prueba, verás como te gusta.

─¿Es que tengo yo pinta de mariquita o qué? ¡Eso lo comerás tú, inútil! ¡A mí me pones comida normal

─Perdona, mi amor. Ahora te traigo tu manjar favorito, que hoy es nuestro aniversario, ¿recuerdas?

─Ya me parecía a mí que algo pasaba, porque estás todavía más tonta que de costumbre.

La esposa retira la suculenta crema antes de que vuele por los aires, como había ocurrido en otras ocasiones. Abnegada y sumisa igual que siempre, regresa a la cocina a buscar el segundo plato, el definitivo: rabo de toro estofado en su punto, condimentado para la ocasión con un toque de exquisito cianuro.


31 ago 2022

URXENTE / URGENTE


A piques de facer oitenta anos, segue en perfecta forma física. Pero o medo ó alzheimer agarrótalle o pensamento. De tal xeito que non é capaz de decidir o método de suicidio máis adecuado. E debe apresurarse ou a demencia empediralle levalo a cabo.

(Imaxe procedente de internet)


A punnto de cumplir los ochenta años, sigue en perfecta forma física. Pero el miedo al alzheimer le agarrota el pensamiento. De tal forma que no es capaz de decidir el método de suicidio más adecuado. Y debe apresurarse o la demencia le empedirá llevarlo a cabo.



26 ago 2022

CUESTIÓN DE CONCEPTO

 

Toda unha vida costa arriba intentando alcanzar o ceo. Cando xa o roza coa man e pode velo de cerca, dálle un ataque de risa, perde o equilibrio e cae rodando a gran velocidade. Nunca antes se divertira tanto. Se consegue chegar enteiro abaixo, subirá de novo, pero con máis brío. Acaba de descubrir que a súa felicidade non está na gloria prometida, senón na caída libre.

(Imaxe procedente de internet)

 

Toda una vida cuesta arriba intentando alcanzar el cielo. Cuando ya lo roza con la mano y puede verlo de cerca, le da un ataque de risa, pierde el equilibrio y cae rodando a gran velocidad. Nunca antes se había divertido tanto. Si consigue llegar entero abajo, subirá de nuevo, pero con más brío. Acaba de descubrir que su felicidad no está en la gloria prometida, sino en la caída libre.

 


(Publicado no libro EMOCIONARIO, recopilatorio 2021 de ESTA NOCHE TE CUENTO)

24 ago 2022

VAGO EMPEDERNIDO


(Imaxe procedente de internet)

Vive porque lle dá preguiza morrer.



Vive porque le da pereza morirse.


21 ago 2022

CALCULADORA


Tampouco hoxe atopei traballo. Resulta esgotador deambular todo o día pola cidade para xustificar o fracaso. Pero ten recompensa ó chegar a casa: “Cariño, como che foron as cousas na fábrica? Se queres cea, terás que facela;  eu voume deitar, estou derreada. Procura non espertarme”. 

Seguirei co meu plan de non conseguir emprego mentres a conta dos agasallos da voda teña saldo. Debo acordarme de apartar unha cantidade suficiente para o divorcio. 

(Imaxe procedente de internet)



Tampoco hoy encontré trabajo. Resulta agotador deambular todo el día por la ciudad para justificar el fracaso. Pero tiene recompensa al llegar a casa: “Cariño, ¿cómo te han ido las cosas en la fábrica? Si quieres cena, tendrás que hacerla;  yo me voy a acostar, estoy exhausta. Procura no despertarme”.

Seguiré con mi plan de no conseguir empleo mientras la cuenta de los regalos de la boda tenga saldo. Debo acordarme de apartar una cantidad suficiente para el divorcio.


17 ago 2022

O TESTADOR PRECAVIDO / EL TESTADOR PRECAVIDO

 

Aproveitou os coñecementos técnicos da súa época de traballador cualificado para camuflar unha cámara. Despois, redactou a nota sen omitir detalles: motivacións, lugar, modo… Ata se permitiu o sarcasmo de pedir perdón. Ó final, coma quen non quere a cousa, escribiu  a clave da caixa forte. Comprobou por última vez que todo quedaba en orde e dirixiuse cara á atalaia, previamente disposta, desde onde poder axexar a chegada dos herdeiros, ós que alertara minutos antes cunha mensaxe misteriosa. 

Non tardaron en aparecer. Como ninguén respondeu ó timbre, accederon á vivenda coa chave que atoparon no escondedoiro habitual. 

Marcharon un par de horas máis tarde, camiño do acantilado; sen présa, dándolle tempo dabondo para que se suicidase a gusto. Daquela, entrou el para comprobar axiña o contido da cinta gravada: así que leron o escrito onde relatara a súa intención de tirarse ó mar, o primeiro que fixeron foi abrir a caixa; estaba baleira e, con enfado manifesto, seguiron removendo por toda a casa, sen éxito.

Era urxente cambiar a pechadura da porta, asegurar as ventás e volver ó notario. Xa pensaría máis tarde que facer coa gravación e a vida.



(Imaxe procedente de internet)

Aprovechó los conocimientos técnicos de su época de trabajador cualificado para camuflar una cámara. Después, redactó la nota sin omitir detalles: motivaciones, lugar, modo... Hasta se permitió el sarcasmo de pedir perdón. Al final, como quien no quiere la cosa, escribió  la clave de la caja fuerte. Comprobó por última vez que todo quedaba en orden y se dirigió hacia la atalaya, previamente dispuesta, desde donde poder acechar la llegada de los herederos, a los que había alertado minutos antes con un mensaje misterioso. 

No tardaron en aparecer. Como nadie respondió al timbre, accedieron a la vivienda con la llave que encontraron en el escondrijo habitual. 

Marcharon un par de horas más tarde, camino del acantilado; sin prisa, dándole tiempo de sobra para que se suicidara a gusto. Entonces, entró él para comprobar enseguida el contenido de la cinta grabada: así que leyeron el escrito donde había relatado su intención de tirarse al mar, lo primero que hicieron fue abrir la caja; estaba vacía y, con enfado manifiesto, siguieron removiendo por toda la casa, sin éxito.

Era urgente cambiar la cerradura de la puerta, asegurar las ventanas y volver al notario. Ya pensaría más tarde qué hacer con la grabación y la vida.


15 ago 2022

PESADELO / PESADILLA


Usou as tripas baleiras para atar os zapatos que non tiña; comeu pan con fel que sabía a Deus; tragou sangue xeado que lle queimaba o estómago... Espertar foi peor.

(Imaxe procedente de internet)


Usó las tripas vacías para anudar los zapatos que no tenía; comió pan con hiel que sabía a Dios; tragó sangre helada que le quemaba el estómago… Despertar fue peor. 

13 ago 2022

PAPARAZZI

 

Oe gargalladas femininas; está seguro de que hai mozas medio espidas chapuzando no terreo lindeiro. Armado coa súa réflex, encamíñase cara á sebe medianeira disposto a disparar. Busca un oco na ramaxe que lle permita introducir discretamente o obxectivo. Como non o atopa, debe urdir outro plan. Deixa a cámara oculta entre unhas matas e volve á casa. Regresa pouco despois arrastrando con dificultade unha pesada esqueira de tesoiras, sen decatarse dos regos que vai gravando no céspede ó seu paso. Cando consegue poñela en pé, subir uns chanzos e ver a piscina dos veciños por enriba do muro vexetal, comproba que nela xa só queda auga. Tal frustración faille emitir un berro estridente, e a piques está de perder o equilibrio. Os familiares, alertados por semellante grito, acoden axiña.

(Imaxe procedente de internet)

—Avó, pódese saber que fas?

Unha revista encargoume un traballo de fotografía. Debo entregalo mañá.

—Que interesante! Ven tomar o Sintrom, anda. Xa sacarás as fotos noutro momento.





Oye carcajadas femeninas; está seguro de que hay chicas semidesnudas chapoteando en la finca colindante. Armado con su réflex, se encamina hacia el seto medianero dispuesto a disparar. Busca un hueco en el ramaje que le permita introducir discretamente el objetivo. Como no lo encuentra, debe urdir otro plan. Deja la cámara oculta entre unas matas y vuelve a casa. Regresa poco después arrastrando con dificultad una pesada escalera de tijera, sin percatarse de los surcos que va grabando en el césped a su paso. Cuando consigue ponerla en pie, subir unos peldaños y ver la piscina de los vecinos por encima del muro vegetal, comprueba que en ella ya solo queda agua. Tal frustración le hace emitir un berrido estridente, y a punto está de perder el equilibrio. Lo familiares, alertados por semejante grito, acuden al momento.

 —Abuelo, ¿se puede saber qué haces?

—Una revista me ha encargado un reportaje fotográfico. Debo entregarlo mañana.

—¡Qué interesante! Ven a tomar el Sintrom, anda. Ya sacarás las fotos en otro momento.

 

10 ago 2022

CHASCO

 

Toda a vida aguantando tentacións, facendo sacrificios, vivindo na casa dos sogros, soportando os cuñados… coa esperanza de recibir ó final a recompensa merecida: o silencio e a paz que nunca tivo. E atópase con isto! Non contaba con que o ceo estivese tan concorrido, a verdade.

(Imaxe procedente de internet)

Toda la vida aguantando tentaciones, haciendo sacrificios, viviendo en casa de los suegros, soportando a los cuñados… con la esperanza de recibir al final la recompensa merecida: el silencio y la paz que nunca tuvo. ¡Y se encuentra con esto! No contaba con que el cielo estuviera tan concurrido, la verdad.


6 ago 2022

FESTA /FIESTA



(Imaxe procedente de internet)


Todos borrachos,
agás o pobre abstemio.
Conducirá.





      Todos borrachos,
            menos el pobre abstemio. 
                  Conducirá.



2 ago 2022

PEZOÑAS / PONZOÑAS

 

Instala colmeas no xardín porque a súa esposa é alérxica ás abellas. Xa pode marchar da casa tranquilo: a muller non se atreverá a saír.

Mentres el blasfema tentando salvar os enxames, ela atrae avespas asasinas con marmelada de arandos; confía en que a libere a praga de velutinas.

 


(Imaxe procedente de internet)

Instala colmenas en el jardín porque su esposa es alérgica a las abejas. Ya puede marchar de casa tranquilo: la mujer no se atreverá a salir.

Mientras él blasfema intentando salvar los enjambres, ella atrae avispas asesinas con mermelada de arándanos; confía en que la libere la plaga de velutinas.