POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 ago 2014

RIBADEO


(Foto sacada por Begoña, coma tódolos agostos)


Un ano máis.
Bote e vela vermella
co mar xogando.





Un año más.
Bote y vela encarnada
con el mar juegan.




27 ago 2014

SOBREDOSE / SOBREDOSIS


EL LABERINTO de Edgardo Giménez
(baixado de internet)


Marchou sen decatarse de que, ó fin, encontrara a saída.







Se fue sin darse cuenta de que, al fin, había encontrado la salida.




Creado para ENTC


21 ago 2014

. . . . . . . METAMORFOSE FRUSTRADA . . . . . METAMORFOSIS FRUSTRADA

(Imaxe baixada de internet)




Primeiro apareceu o amargor na boca, insoportable. Os especialistas e as probas médicas máis sofisticadas non deron co mal. Ó pouco tempo, chegou a caída do cabelo e, no seu lugar, brotaron saramagos. Coas primeiras flores amarelas da cabeza, o corpo foise ensumindo, ata converterse nunha manchea de raíces enmarañadas que buscaban terra. E atopárona, pero despois da autopsia. 






Primero apareció el amargor en la boca, insoportable. Los especialistas y las pruebas médicas más sofisticadas no descubrieron la causa. Al poco tiempo, llegó la caída del cabello y, en su lugar, brotaron jaramagos. Con las primeras flores amarillas de la cabeza, el cuerpo se fue consumiendo, hasta convertirse en un manojo de raíces enmarañadas que buscaban tierra. Y la encontraron, pero después de la autopsia.



12 ago 2014

ALEIVOSÍA / ALEVOSÍA



(Imaxe baixada de internet)

A araña fía
sutil trampa mortal.
Despois agarda.




La araña hilvana
          fina trampa mortal.
                    Después espera.





8 ago 2014

CAMIÑO DA SOMBRA / CAMINO DE LA SOMBRA


(Imaxe baixada de internet)
Nin os portazos a deshora, nin as cisternas escandalosas, nin os pelos rancios por todas partes, nin o ambientador pestilente, nin os insectos das gretas… farán que me sinta unha rata neste motel de merda. Estou aquí porque me peta e porque son moi xeneroso. A miña muller repetía sempre que precisaba paz, tranquilidade. Así que a deixei soa gozando da nosa luxosa vivenda todo o tempo que aguante. Ata que os veciños detecten o fedor.




Ni los portazos a deshora, ni las cisternas escandalosas, ni los pelos rancios por doquier, ni el ambientador pestilente, ni los insectos de las grietas… harán que me sienta una rata en este motel de mierda. Estoy aquí por voluntad propia y porque soy muy generoso. Mi mujer me repetía siempre que necesitaba paz, tranquilidad. Así que la he dejado sola disfrutando de nuestra lujosa vivienda todo el tiempo que aguante. Hasta que los vecinos detecten el hedor. 


Relato creado para a páxina ENTC

4 ago 2014

DE CORAZÓN



Busqueite na néboa e estabas no claro,
había silencio e chegaches a berros.
Enchiches de luz
un oco profundo,
soubeches atarme
con fíos de seda,
dos que nunca rompen
aínda que queiras.
Pero se rachasen
polo uso intenso,
nunca deixarían
 as marcas da pena.



           (Imaxe baixada de internet)



Te busqué en la niebla y eras del claro,
había silencio y llegaste a gritos.
Llenaste de luz
un hueco profundo,
supiste amarrarme
con hilos de seda,
de los que no rompen
por mucho que quieras.
Pero si quebraran
por el uso intenso,
nunca dejarían
marcas de la pena.





3 ago 2014

CONSOLO / CONSUELO




(Imaxe baixada de internet)
Alégrate. Peor sería que non sentises dor.







Alégrate. Peor sería que no sintieras dolor.




31 jul 2014

HAI BÁGOAS E BÁGOAS / HAY LÁGRIMAS Y LÁGRIMAS


A cara do cativo, sentado no chan, era un poema de bágoas e mocos. Algúns transeúntes intentaban consolalo, pero non atendía a ninguén. De súpeto, deixou de saloucar e comezou a sacarlle brillo a un zapato coas mangas esfiañadas do xersei; unhas pingas caídas desde o nariz molláranllo. A irmá maior, preocupada, permanecía ó seu carón, e aproveitou a pausa para preguntarlle unha vez máis polo motivo de tan repentino desgusto. Ó fin confesoulle entre suspiros que, ó camiñar, sen querer, manchara por debaixo os seus primeiros zapatiños novos. A rapaza mirou as súas chanclas rompidas e, en silencio, empezou a chorar tamén.



(Imaxe baixada de internet)
La cara del pequeño, sentado en el suelo, era un poema de lágrimas y mocos. Algunos transeúntes intentaban consolarlo, pero no atendía a nadie. De repente, dejó de sollozar y comenzó a sacarle brillo a un zapato con las mangas deshilachadas del jersey; unas gotas caídas desde la nariz se lo habían mojado. La hermana mayor, preocupada, permanecía a su lado, y aprovechó la pausa para preguntarle una vez más por el motivo de tan repentino disgusto. Al fin le confesó entre suspiros que, al caminar, sin querer, había manchado por debajo sus primeros zapatitos nuevos. La niña miró sus chanclas rotas y, en silencio, empezó a llorar también.



25 jul 2014

ACCIDENTE




Chora o gatiño.
Súa nai na cuneta
xa non o sente.







Llora el gatito.
La madre en la cuneta
ya no lo siente.





16 jul 2014

¡TIERRA, TRÁGAME!


¡Cacho tropa vén aí! Os de onte berraban e corrían máis; tanto, que a piques estiveron de pisarme. Ó fin, non me descubriron e pasaron de largo. Pero os de hoxe son máis perigosos, veñen armados e escudriñan todo.
-¡Aquí, aquí! Atopei un cantarelo.
¡Hala! Xa cazaron ó meu irmán pequeno. Nin tempo tivo o pobre de lucir as súas esporas.
-Pois seguro que hai máis. Colle este pau e busca entre a follaxe.
Vaia, creo que chegou a miña hora. ¿Pero que fai ese tolo apuntándome cunha navalla? ¡¡Ai!!



¡Menuda tropa viene ahí! Los de ayer gritaban y corrían más; tanto, que a punto estuvieron de pisarme. Al final, no me descubrieron y pasaron de largo. Pero los de hoy son más peligrosos, vienen armados y escudriñan todo.
-¡Aquí, aquí! He encontrado un cantharellus.
¡Hala! Ya han cazado a mi hermana pequeña. Ni tiempo ha tenido la pobre de lucir sus esporas.
-Pues seguro que hay más. Coge este palo y busca entre la hojarasca.
Vaya, creo que ha llegado mi hora ¿Pero que hace ese loco apuntándome con una navaja? ¡¡Ay!!

Seleccionado e publicado no libro do Cuarto Certamen de MICRO MICO RELATOS San Jorge

13 jul 2014

EDITIÑO 9


(Imaxe baixada de internet)


Marcho cun destino incerto
desexado e temido,
cara á meta merecida
sen retorno.
Deixo atrás a maleta.






Marcho con destino incierto
deseado y temido,
a una meta merecida
sin retorno.
Dejo atrás la maleta.

1 jul 2014

O PASO DO TEMPO / EL PASO DEL TIEMPO


Entre as engurras
o cativo que fuches
segue escondido.

Deixa que xogue
encerellando o tempo
ata que queira.
Non se perdeu
aquel rapaz que fuches
coa madureza.

Has de atopalo
xogando ás agachadas
detrás do tempo.

(Imaxe baixada de internet)

En las arrugas
el muchacho que fuiste
sigue escondido.

Deja que juegue
enmarañando el tiempo
hasta que quiera.
No se ha perdido
aquel niño que fuiste
al madurar.

Lo encontrarás
jugando al escondite
detrás del tiempo.


26 jun 2014

DESGASTE NATURAL




Confundo os seus nomes
intercambio letras
os números bailan
treme a man esquerda.

Non entendo ó que fala
non aguanto ó que berra.

Para acompañarme
as dores fan quendas.

Deixo a miña vida
arrástrame a entrega.

Aprendín as Leis
pero ignóranme elas.

-Mestra, cando te xubilas?
-Cando poida, fillo,
a ver se me deixan…



Confundo sus nombres
intercambio letras
los números bailan
una mano tiembla.

No entiendo al que habla
no aguanto al que grita.

Los dolores por turnos
son mi fiel compañía.

Me aprendo las Leyes
y me ignoran ellas.

Me dejo la vida
me arrastra la entrega.

-Profe, ¿cuándo te jubilas?
-Cuando pueda, hijo,
a ver si me dejan.. 


Dedicado a tódolos meus ex-compañeiros do mundo enteiro.



13 jun 2014

NON / NO



Non é máis ca presente. Perdeu polo camiño un pasado inmenso e descoñece que algunha vez tivo futuro. Non distingue entre soños e realidade, nin o solpor do amencer. Come por obrigación, máis menciñas ca alimentos. Non recoñece a filla que a coida nin a súa casa de sempre. Simplemente, vive. Porque non quere ou non sabe marchar.




(Imaxe baixada de internet)

No es más que presente. Perdió por el camino un pasado inmenso y desconoce que alguna vez tuvo futuro. No distingue entre sueños y realidad, ni el atardecer del alba. Come por obligación, más medicinas que alimentos. No reconoce a la hija que la cuida ni su casa de siempre. Simplemente, vive. Porque no quiere o no sabe marchar.




8 jun 2014

REFUXIO SEGURO / REFUGIO SEGURO


Era a primeira vez que entraba nun establecemento coma aquel. Non sabía como actuar; así que observou un anaco ós demais clientes e dispúxose a imitalos: revisou as novidades, paseou por diante de distintos andeis, folleou algúns libros e revistas…, sempre sen deixar de mirar a porta de esguello. Cando por fin os viu pasar de largo sen botar sequera unha ollada ó escaparate, alegrouse coma nunca da súa ben merecida sona de inculto; alomenos nesta ocasión, a ignorancia manifesta íalle salvar o pelexo. Desimulou un pouco mais, pagou unha guía da cidade e saíu amodo. Tan pronto como se viu na rúa, alixeirou o paso, en sentido contrario ó dos seus perseguidores. Debía atopar urxentemente outra libraría.
 
(Imaxe baixada de internet)
Era la primera vez que entraba en semejante establecimiento. No sabía cómo actuar; así que observó un rato a los demás clientes y se dispuso a imitarlos: revisó las novedades, se paseó por delante de distintos estantes, hojeó algunos libros y revistas…, siempre sin dejar de mirar la puerta de reojo. Cuando por fin los vio pasar de largo sin echar siquiera un vistazo al escaparate, se alegró como nunca de su bien merecida fama de inculto; al menos en esta ocasión, la ignorancia manifiesta le iba a salvar el pellejo. Disimuló un poco más, pagó una guía de la ciudad  y salió despacio. Tan pronto como se vio en la calle, aligeró el paso, en sentido contrario al de sus perseguidores. Debía encontrar urgentemente otra librería.  

Creado para I Premio de Microrrelatos RNE

3 jun 2014

HUMIDADES / HUMEDADES



(Imaxe baixada de internet)



Entre unhas verzas,
felices caracois
en plena orxía.






Entre las berzas,
felices caracoles
en plena orgía.




29 may 2014

CARIÑO DE XOGUETE / CARIÑO DE JUGUETE



(Imaxe baixada de internet)
Mentres o seu pai cerraba a tapa do contedor, tivo o tempo xusto para agochar un cochiño do chan, que estivera a piques de seguir a mesma sorte cós outros xoguetes de neno pequeno.


¡Xa   está   ben,   de   hoxe   non   pasa! -berrara papá entrando no seu cuarto coma un furacán-. ¿Para que queres eses cachifallos estartalados? Coa consola e o móbil novo tes de sobra.


E collendo bolsas do lixo, empezou a enchelas ignorando as lamentacións do fillo, que presenciaba impotente como lle quitaban a súa táboa de salvación, os afectos que a familia desfeita non sabía darlle.      




               Mientras su padre cerraba la tapa del contenedor, tuvo el tiempo justo para esconder un cochecito caído al suelo, que estuvo a punto de seguir la misma suerte que sus otros juguetes de niño pequeño.
                -¡Ya está bien, de hoy no pasa!- le había espetado papá entrando en su cuarto como un huracán-. ¿Para qué quieres esos cachivaches destartalados? Con la consola y el móvil nuevo tienes de sobra.
                Y cogiendo bolsas de basura, empezó a llenarlas haciendo caso omiso de las lamentaciones del hijo, que presenciaba impotente como le quitaban su tabla de salvación, los afectos que su familia rota no sabía darle.

 Creado para REC (Cadena SER /Escuela de Escritores)


20 may 2014

O SEGREDO DE PAPÁ / EL SECRETO DE PAPÁ


Os caixóns de papá non se podían tocar. Esa prohibición facíaos irresistibles e as dúas irmás tíñanos perfectamente controlados: nun gardábanse os cartos, cando había; noutro, vellos documentos manuscritos que non entendían; no máis grande, libros relacionados coa agricultura, ateigados de imaxes, e que xa as sabían de memoria. Pero había un pechado ó que non puideran acceder. Nunha véspera de Reis, rebuscando posibles e, seguramente, escasos agasallos agochados, enriba dun armario apareceu unha pequena chave, que acabou abrindo o caixón misterioso. As dúas rapazas tremían de emoción e de medo. A sorpresa foi triple: “El sí de las niñas”, “La dama de las camelias” e “El método ogino”. Aínda que os títulos non lles dicían nada, as dúas recoñeceron ó unísono os libros que o seu pai mencionaba de cando en vez; os que lía de solteiro ás escondidas, unha e outra vez ata as tantas, sen luz eléctrica, despois de traballar todo o día na leira. Nin se atreveron a tocalos.




(Imaxe baixada de internet)
Los cajones de papá no se podían tocar. Esa prohibición los hacía irresistibles y las dos hermanas los tenían perfectamente controlados: en uno se guardaba el dinero, cuando había; en otro, viejos documentos manuscritos que no entendían; en el más grande, libros relacionados con la agricultura, cargados de imágenes, y que ya se sabían de memoria. Pero había uno bajo llave al que no habían podido acceder. Una víspera de Reyes, rebuscando posibles y, seguramente, escasos regalos escondidos, encima de un armario apareció una pequeña llave, que acabó abriendo el cajón misterioso. Las dos niñas temblaban de emoción y de miedo. La sorpresa fue triple: “El sí de las niñas”, “La dama de las camelias” y “El método ogino”. Aunque los títulos no les decían nada, las dos reconocieron al unísono los libros que su padre mentaba de vez en cuando; los que leía de soltero a escondidas, una y otra vez, hasta las tantas, sin luz eléctrica, después de trabajar todo el día en el campo. Ni se atrevieron a tocarlos.

Creado para ENTC

11 may 2014

A DESTEMPO / A DESTIEMPO





(Imaxe baixada de internet)
Cando, por fin, tivo tempo para vivir, xa era tarde para aprender.





Cuando, al fin, tuvo tiempo para vivir, ya era tarde para aprender.


7 may 2014

PREVISORA



(Imaxe baixada de internet)






Pero esta vez, ela chorou. Non ocorreu así no outro funeral. A súa enteireza estrañara a familiares e amigos, moi afectados polo tráxico e inesperado final dunha persoa tan querida por todos. Nesta ocasión, xa con máis experiencia, tivo a precaución de axenciar suficientes bágoas artificiais, incluso antes de adquirir o veleno.








Pero esta vez, ella lloró. No ocurrió así en el otro funeral. Su entereza había extrañado a familiares y amigos, muy afectados por el trágico e inesperado final de una persona tan querida por todos. En esta ocasión, ya con más experiencia, tuvo la precaución de agenciarse suficientes lágrimas artificiales, incluso antes de adquirir el veneno.



Creado para REC (Cadena SER /Escuela de Escritores)