POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 sept 2013

CANTIGA

   (Imaxe baixada de internet)




Quen tivera intelixencia
para facer unha cantiga
desde o meu punto de vista,
sen palabras rimbombantes,
con ideas transparentes.
A cantiga falaría
dos meniños das escolas;
non son nenos
que son rodas;
non son nenos,
son espellos
do que queremos.
E sería tan sinxela
que, sen ser intelixente,
a xente comprendería
a cantiga que eu faría
se tivese intelixencia.
Quen tivera intelixencia
para facer unha cantiga
desde outro punto de vista,
con palabras rimbombantes,
sen ideas transparentes.
A cantiga falaría
de disléxicos, dislálicos,
de nenos inadaptados,
discalcúlicos, disgráficos,
de mestres desesperados,
de escolas masificadas,
de roladas.
E sería complicada,
tan só a xente informada
entendería a cantiga
que eu faría
se tivese intelixencia.
Quen tivera intelixencia
para facerse intelixente.

Quen tivera intelixencia
para facer intelixentes.



Quién tuviera inteligencia
(Imaxe baixada de internet)
para hacer una canción
desde mi punto de vista,
sin palabras rimbombantes,
con ideas transparentes.

Esa canción hablaría
de los niños de la escuela;
no son niños
que son ruedas;
no son niños,
son espejos
de lo que queremos.
Y sería tan sencilla
que, sin ser inteligente,
la gente comprendería
la canción que yo haría
si tuviera inteligencia.

Quién tuviera inteligencia
para hacer una canción
desde otro punto de vista,
con palabras rimbombantes,
sin ideas transparentes.
Esa canción hablaría
de disléxicos, dislálicos,
de niños inadaptados,
discalcúlicos, disgráficos,
maestros desesperados,
   (Imaxe baixada de internet)
escuelas masificadas,
de manadas.

Y sería complicada,
sólo la gente informada
entendería la canción
que yo haría
si tuviera inteligencia.

Quién tuviera inteligencia
para hacerse inteligente.

Quién tuviera inteligencia
para hacer inteligentes.


15 sept 2013

CONDENADA SEN XUÍZO / CONDENADA SIN JUICIO


           -¡Coidado, xa está aquí!
          As malas linguas correron a voz e axiña a localidade enteira estaba previda. Ela, nova na zona, solitaria e inofensiva, non tiña idea da axitación que provocaba. Aínda que a súa presenza infundía temor, todo o mundo lle quería ver a cara. Non tardaron en chegar os primeiros insultos e as vexacións máis humillantes, que soportou con estoica resignación. Pero non puido resistir as agresións físicas: unha patada brutal deixouna totalmente desfeita. ¡Pobre! ¡Que culpa tería ela de parecerse tanto á Phalloides do outono anterior…!


(Imaxe baixada de internet)


             -¡Cuidado, ya está aquí!
           Las malas lenguas corrieron la voz y en pocas horas el pueblo entero estaba prevenido. Ella, nueva en la zona, solitaria e inofensiva, era ajena al revuelo que provocaba. Aunque su presencia infundía temor, todo el mundo quería verle la cara. No tardaron en llegar los primeros insultos y las vejaciones más humillantes, que soportó con estoica resignación. Pero no pudo resistir las agresiones físicas: una patada brutal la dejó totalmente destrozada. ¡Pobre! ¡Qué culpa tendría ella de parecerse tanto a la Phalloides del otoño anterior…!


Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

5 sept 2013

ORBALLO / LLOVIZNA


(Imaxe baixada de internet)




Un día máis
orballa paseniño
no chan mollado.
A terra vai engulindo
submisa, resignada.







Un día más
llovizna despacito
sobre mojado.
La tierra va tragando
sumisa, resignada.


20 ago 2013

10 ago 2013

DE FÁBULA


                                (Imaxe baixada de internet)
Uxía era unha nena que non sabía medrar. Si, aínda que sexa difícil de crer, esta rapariga non sabía o que tiña que facer para medrar. Era unha alumna excelente, levaba sobresaliente en todo, pero desde o primeiro día que chegou á escola obrigatoria, ou sexa, a 1º de Primaria, e lle puxeron libros gordos diante, e contas, e máis libros e cadernos…, concentrouse tanto nos estudos, que  esqueceu como se medraba. Os primeiros meses ninguén se decatou, nin os propios pais. A nai estaba encantada, servíronlle os mesmos chándales todo o curso; antes, axiña lle quedaban curtos.

Pero xa cerca do remate do curso, as súas amigas, sempre un chisquiño máis baixas ca ela, pasábanlle dous dedos por riba e empezaron a rirse dela:

-Uxía, espabila que che pasamos diante.

-¿E que teño que facer para medrar, se xa non me acordo?

-Pois pregúntallo á mestra, que ela sabe de todo...

E Uxía, con moita educación e respecto, como facía sempre, na clase de Coñecemento do Medio, aproveitando que tocaba o corpo humano, lanzouse:

-Profe, ¿como se medra?

-Pois comendo de todo e facendo exercicio físico, Uxía. Pero iso ti, que es tan aplicada, xa o sabes. ¿Por que mo preguntas?

-Si, si, xa o sei, pero eu xa fago todo iso e non medro. É que non me acordo como se fai, e no libro non vén.

Botaron todos unha gargallada, e á mestra custoulle traballo non rir tamén, pero a súa obriga era facer calar ós alumnos:

-A ver, nenos, non vos riades, hai que respectar os compañeiros.

Calaron á forza, pero cando saíron ó recreo, en vez de xogar, rodearon todos a Uxía. Uns burlábanse, outros arrimábanse a ela para comparar a estatura, e algúns, simplemente, alegrábanse de que, por primeira vez, a máis lista da clase non soubese unha cousa. E ata lle empezaron a querer algo máis.       

Cando chegou aquel día á casa, falou cos pais do tema que a preocupaba, e daquela déronse conta de que, efectivamente, a súa nena parara de medrar.   

Ós poucos días, Uxía faltou á escola. A súa mellor amiga explicoulle á profesora que ía facer unhas probas médicas.

-¿E que son as probas médicas? –preguntou Pepiño, un resabido que só preguntaba por darse a ver.

-¡Cala, Xosé! Colle o caderno dunha vez e ponte a traballar.

Pero as probas médicas deron todas negativo. Ou sexa, que Uxía estaba sa coma un buxo, e non se explicaban os médicos como non medraba. E concluíron:

-Tranquilos, a nena non ten nada. Xa medrará.

Non foi así. Foron pasando os cursos e Uxía seguía co mesmo corpo que tiña con cinco anos. Os pais, desesperados, levárona a canto sitio hai: psicólogos, psiquiatras, acupuntores, fisioterapeutas, á virxe do Corpiño… Pero non houbo remedio para a rapaciña.

Os compañeiros xa se acostumaran a vela e deixaron de meterse con ela. O malo era cando chegaba un mestre substituto ó colexio, sempre lle chamaba a atención:

-Nena, ponte na túa fila. ¿Que fas aquí?

-Esta é a miña fila, eu son de 4º.

Ou de 5º, ou de 6º…

E un día pasou o que tiña que pasar. Cando cursaba 3º da ESO, alá polo mes de febreiro, empezoulle a gustar Román, un compañeiro que chegara novo aquel ano. Pero o rapaz non miraba para ela. ¡A verdade é que case nin a vía! E Uxía empezou a distraerse nas clases, a non poder  concentrarse nos estudos,  a facer faltas de ortografía…

-Uxía, ¿que che pasa? -preguntaban os profesores.

-Uxía, ¿que tes? -preguntaban os pais.

E Uxía non respondía, botábase a chorar.

E chegou o primeiro suspenso. ¡Aquilo xa era moi grave! Reuníronse os mestres, chamaron os pais, falaron todos con Uxía… E ela non daba dado explicacións.

-Será que o cerebro me quedou pequeniño…

-¡Claro!- exclamaron todos á vez, satisfeitos.

Desde aquela, deixárona tranquila, e xa non tiña que xustificar os malos resultados, e ata os compañeiros empezaron a ter mágoa dela, e intentaban axudala, e pasábanlle os deberes, e deixábana copiar nos exames… E Román, tamén. Nunha ocasión ofreceuse para ir á casa dela axudarlle a facer un traballo. Quedaron para o día seguinte. Uxía aquela noite non puido pegar ollo. E non só pola emoción e os nervios, senón pola dor  intensa que sentía en todo o corpo.

Pola mañá, cando súa nai a foi chamar coma todos os días, pegou tal berro que a deberon de oír na Lúa: ¡na cama da súa filla había outra persoa!

-Mamá, tranquila, son eu. Esta noite conseguín acordarme de como se medra e medrei todo xunto. ¡Era ben fácil! Púxenme diante do espello e imaxinei como sería eu se fose grande. E empecei a medrar, a medrar…

MORALEXA: “ Se queres medrar, bótalle imaxinación”


(Imaxe baixada de internet)

Uxía era una niña que no sabía crecer. Sí, aunque sea difícil de creer, esta chiquilla no sabía lo que tenía que hacer para crecer. Era una alumna excelente, llevaba sobresaliente en todo, pero desde el primer día que llegó a la escuela obligatoria, o sea, a 1º de Primaria, y le pusieron libros gordos delante, y cuentas, y más libros y cuadernos..., se concentró tanto en los estudios que olvidó cómo se se crecía. Los primeros meses nadie se percató, ni sus propios padres. La madre estaba encantada, le sirvieron los mismos chándales todo el curso; antes, enseguida le quedaban cortos.

Pero ya cerca del fin de curso, sus amigas, siempre un poquito más bajas que ella, le pasaban dos dedos por encima y empezaron a reírse de ella:

-Uxía, espabila que te pasamos delante.

-¿Y qué tengo que hacer para crecer, si ya no me acuerdo?

-Pues pregúntaselo a la maestra, que ella sabe de todo.

Y Uxía, con mucha educación y respeto, como hacía siempre, en clase de Conocimiento del Medio, aprovechando que tocaba el cuerpo humano, se lanzó:

-Profe, ¿cómo se crece?

-Pues comiendo de todo y haciendo ejercicio físico, Uxía. Pero eso tú, que eres tan aplicada, ya lo sabes. ¿Por qué me lo preguntas?

-Sí, sí, ya lo sé, pero yo ya hago todo eso y no crezco. Es que no me acuerdo cómo se hace, y en el libro no viene.

Echaron todos una carcajada, y a la maestra le costó trabajo no reír también, pero su obligación era hacer callar a los alumnos:

- A ver, niños, no os riáis, hay que respetar a los compañeros.

Callaron a la fuerza, pero cuando salieron al recreo, en vez de jugar, rodearon todos a Uxía. Unos se burlaban, otros se arrimaban a ella para comprobar la estatura, y algunos, simplemente, se alegraban  de que, por primera vez, la más lista de la clase no supiera una cosa. Y hasta le empezaron a querer algo más.

Cuando llegó aquel día a casa, habló con los padres del tema que la preocupaba, y entonces se dieron cuenta de que, efectivamente, su niña había parado de crecer. 

A los pocos días Uxía faltó a la escuela. Su mejor a miga le explicó a la profesora que iba a hacer unas pruebas médicas.

-¿Y qué son las pruebas médicas? -preguntó Pepiño, un resabiado que sólo preguntaba para darse a ver.

-¡Calla, José! Coge el cuaderno de una vez y ponte a trabajar.

Pero las pruebas médicas dieron todas negativo. Es decir, que Uxía estaba como una rosa, y no se explicaban los médicos por qué no crecía. Y concluyeron:

-Tranquilos, la niña no tiene nada. Ya crecerá.

No ocurrió así. Fueron pasando los cursos y Uxía seguía con el mismo cuerpo que tenía con cinco años. Los padres, desesperados, la llevaron a todas partes: psicólogos, psiquiatras, acupuntores, fisioterapeutas, a la virgen del Corpiño... Pero no hubo remedio para la chiquilla.

Los compañeros ya se habían acostumbrado a verla y dejaron de meterse con ella. Lo malo era cuando llegaba un maestro sustituto al colegio, siempre le llamaba la atención:

-Niña, ponte en tu fila. ¿qué haces aquí?

-Esta es mi fila, yo soy de 4º.

O de 5º, o de 6º...

Y un día pasó lo que tenía que pasar. Cuando cursaba 3º da ESO, allá por el mes de febrero, le empezó a gustar Román, un compañero que había llegado nuevo aquel año. Pero el chaval no miraba para ella. ¡La verdad es que casi ni la veía! Y Uxía empezó a distraerse en las clases, a no poder concentrarse en los estudios, a cometer faltas de ortografía...

-Uxía, ¿qué te pasa? -preguntaban los profesores.

-Uxía, que te ocurre? -preguntaban los padres.

Y Uxía no respondía, se echaba a llorar.

Y llegó el primer suspenso. ¡Aquello ya era muy grave! Se reunieron los maestros, llamaron a los padres, hablaron con Uxía... Y ella no sabía dar explicaciones.

-Será que el cerebro me ha quedado pequeñito...

-¡Claro! -exclamaron todos a la vez, satisfechos.

Desde entonces, la dejaron tranquila, y ya no tenía que justificar los malos resultados, e incluso los compañeros empezaron a sentir compasión por ella, e intentaban ayudarla, y le pasaban los deberes, y la dejaban copiar en los exámenes... Y Román, también. En una ocasión, se ofreció para ir á su casa para ayudarle a hacer un trabajo. Quedaron para el día siguiente. Uxía aquella noche no pudo pegar ojo. Y no sólo por la emoción y los nervios, sino por el dolor intenso que sentía en todo el cuerpo.
(Imaxe baixada de internet)


Por la mañana, cuando su madre la fue a llamar como todos los días, dio semejante grito que la debieron de oír en la Luna: ¡en la cama de su hija había otra persona!

-Mamá, tranquila, soy yo. Esta noche he conseguido acordarme de cómo se crece y he crecido todo junto. ¡Era tan fácil! Me puse delante del espejo e imaginé cómo sería yo si fuese grande. Y empecé a crecer, a crecer...

MORALEJA: “Si quieres crecer, échale imaginación”


5 ago 2013

EDITIÑO 8


Tapo os ollos coa dúbida
(Imaxe baixada de internet)
para seguir andando.
A realidade doe.
A certeza paraliza.
Dubidar
é a única esperanza.



Me protejo con la duda
para seguir andando.
Duele la realidad.
La certeza paraliza.
Vacilar
es la única esperanza.


31 jul 2013

HOMENAXE ÓS ANOS / HOMENAJE A LOS AÑOS


¿Que hai que facer
para chegar a vello?
¡Vivir, vivir…!

(Imaxe baixada de internet)
A vida pasa
a fume de carozo
¡Sopra e que arda! 

Sumando anos,
experiencias e risas
xa es millonario.

 Da túa vida
imos sacar proveito
os que aprendemos.

Por cada cana,
unha lección de vida.
Grazas. De nada.




¿Qué hay que hacer
para llegar a viejo?
¡Vivir, vivir...!

La vida pasa
rápida como el rayo.
Sopla y que arda. 
(Imaxe baixada de internet)

Sumando años
experiencias y risas
ya eres rico. 

De tu vivir
sacaremos provecho
los que aprendemos


Por cada cana,
una lección de vida.
Gracias. De nada.


(FEITOS POR ENCARGA DE BEGOÑA PARA UNHA VISITA QUE REALIZOU COS ALUMNOS A UN CENTRO DE MAIORES.)


24 jul 2013

EN MALA ÉPOCA







Odio o meu estúpido costume de conservar toda clase de cogomelos comestibles: desecados, ó “vacío”, no conxelador… ¿Para que me serven agora? ¿Por que ninguén me recomendou gardar un dos mortais? ¡Tiña que aparecer precisamente neste tórrido verán, non podía agardar un par de meses… ¡Maldita metástase!







Odio mi estúpida costumbre de conservar toda clase de setas comestibles: desecadas, al vacío, en el congelador… ¿Para qué me sirven ahora? ¿Por qué nadie me ha recomendado nunca guardar una mortal? ¡Tenía que aparecer precisamente en este tórrido verano, no podía esperar un par de meses…! ¡Maldita metástasis!

Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

21 jul 2013

AUTODEPRESIÓN


¡Falade dunha vez!
¡Berrade as dúas!
¡Pelexade!
A ver cal gaña,
a ver quen cala,
a ver que pasa…
Non vos aguanto xuntas.
Unha sobra.
¡Afogádesme!
          Unha chora para facer sufrir.
          A outra chora porque fai sufrir.
          Unha ama,
(Imaxe baixada de internet)

          a outra odia.
          Unha é paz,
          a outra, loita.
          Unha son eu,
          a outra, tamén.
          ¡Matareivos!
          Pero unha quere
          e a outra, non.
                    Se falo, arrepíntome.
                    Se calo, afogo.
                    Se afogo, morro.
                    Se morro, revivo.
                    Se vivo, toleo.
                    Se toleo, son feliz.
                    Se son feliz, non o merezo.
                    Se non o merezo, sufro.
                              A tristura apóucame,
                              sendo o meu pulo a un tempo.
                              A tristura son eu,
                              pero Eu quere ser leda.
                              A ledicia asaña en min
                              e sempre vou na súa busca,
                              camiñando cara á tristura,
                              teimando na contradición,
                              cavilando no cavilado,
                              enguedellando nas ideas,
                              mergullando no inconsciente,
                              dramaticamente lúcida,
                              tremendamente esperta,
                              hipócritamente vítima…
                                        ¡Acabade xa!
                                        Para seguir con vida,
                                        a unha hai que enterrar.
                                        Peor ca morrer de veras
                                        é morrer así: viva.
¡Hablad de una vez!
¡Gritad las dos!
¡Pelead!
A ver cuál gana,
a ver quién calla,
a ver qué pasa...
No os aguanto juntas.
Una sobra.
¡Me asfixiáis!
Una llora para hacer sufrir.
La otra llora porque hace sufrir.
Una ama,
la otra odia.
Una es paz,
la otra, lucha.
Una soy yo,
la otra, también.
¡Os mataré!
Pero una quiere
y la otra, no.
Si hablo, me arrepiento.
Si callo, me ahogo.
Si me ahogo, muero.
Si muero, revivo.
Si vivo, enloquezco.
Si enloquezco, soy feliz.
Si soy feliz, no lo merezco.
Si no lo merezco, sufro.
La tristeza me aniquila,
siendo mi aliento a un tiempo.
La tristeza soy yo,
pero Yo quiere ser alegre.
La alegría huye de mí
y siempre voy en su búsqueda
caminando hacia la tristeza,
insistiendo en la contradicción,
cavilando en lo cavilado,
enredando las ideas,
buceando en el inconsciente,
dramáticamente lúcida,
tremendamente despierta,
hipócritamente víctima...
¡Acabad ya!
Para seguir con vida,
a una hay que enterrar.
Peor que morir de veras
es morir así: viva.



30 jun 2013

CEREIXAS / CEREZAS




(Imaxe baixada de internet)


Froitas de xuño
que me levan á orixe
dos sentimentos
con bicos de color
sempre de dous en dous.









      Fruta de junio
               que me lleva al origen
                                       más emotivo
                                                  con besos de color
                                                                 siempre de dos en dos.



22 jun 2013

MORTE LENTA / MUERTE LENTA



Levaba días enterrado. Os vermes, confiados, saían e entraban por buratos vellos e novos. Pero non daba morrido.


(Imaxe baixada de internet)


Llevaba días enterrado. Los gusanos, confiados, salían y entraban por orificios viejos y nuevos. Pero no conseguía morirse.