POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 abr 2013

CRIME IMPERFECTO / CRIMEN IMPERFECTO



Miña irmá, de nove anos, métese na cama e tapa os oídos. Eu, catorce meses máis vella, fágome a forte e non me agacho. Comeza a función: carreiras, berros, fuxida frustrada do protagonista... Un dos asasinos magóase e véxome cun caldeiro na man ocupando o seu lugar. No momento álxido, non resisto o horror; cerro os ollos e descoido a orientación do recipiente. Cando o porco cala ó fin, ábroos, observando que o sangue está repartido entre o meu vestido e o chan. Este ano quedamos sen morcilla.




(Imaxe baixada de internet)
Mi hermana, de nueve años, se mete en la cama y tapa los oídos. Yo, catorce meses mayor, me hago lafuerte y no me escondo. Empieza la función: carreras, gritos, huida frustrada del protagonista… Uno de los asesinos se lesiona y me veo con un cubo en la mano ocupando su lugar. En el momento álgido, no resisto el horror; cierro los ojos y descuido la orientación del recipiente. Cuando el cerdo se calla al fin, los abro, observando que la sangre se reparte entre mi vestido y el suelo. Este año nos quedamos sin morcilla.


22 abr 2013

FATALIDADE / FATALIDAD


Xa están aí, sinto subir o ascensor. Non, parou no 3º... Agora si, non hai dúbida. ¡Que maneira de timbrar! Chegou a hora. Teño que actuar con dilixencia, antes de que boten a porta abaixo. Non me podo volver atrás, fareino tal como o tiña premeditado: se me lanzo desde aquí, non me reterá ningún tendal. ¡Levarán a miña casa, a miña vida, pero a min non me desafiuzan! ¡¡Xaaaaa!!

─¡Mamá, abre dunha vez, que che traemos a netiña!




(Imaxe baixada de internet)
Ya están ahí, oigo subir el ascensor. No, se ha detenido en el 3º… Ahora sí, no hay duda. ¡Qué manera de timbrar! Llegó la hora. Tengo que actuar con diligencia, antes de que echen la puerta abajo. No me puedo volver atrás, lo haré tal como lo tenía premeditado: si me lanzo desde aquí, no me retendrá ningún tendal. ¡Se llevarán mi casa, mi vida, pero a mí no me desahucian! ¡¡Yaaaaa!!

¡Mamá, abre de una vez, que te traemos a la nietecita!






(Este relato está publicado no libro titulado “AHÍ ESTÁN… las puertas de Boal” “EI TÁN… as portas de Boal”).

17 abr 2013

TEIMA / PERSEVERANCIA



(Imaxe baixada de internet)
Por fin conseguiu que lle publicasen algo: o epitafio.




Al fin consiguió que le publicaran algo: el epitafio.



12 abr 2013

¡QUE FORTE! / ¡QUÉ FUERTE!


  
Do tedio e a rutina da oficina á aventura máis excitante, había só un paso: esquecerse dos papeis amoreados e mergullarse de cabeza nas augas profundas de internet. O que empezou sendo unha táboa de salvación para non morrer de noxo, converteuse nunha imprescindible máscara de osíxeno. A súa inmersión máis arriscada foi convencer a un dos seus incontables contactos cibernéticos para que se coñecesen persoalmente. O descoñecido propuxo que se visen primeiro por calquera medio audiovisual; pero ela precisaba con urxencia unha experiencia forte. ¡E abofé que a conseguiu! Suou adrenalina cando, na cita a cegas, se atopou coa súa xefa.


(Imaxe baixada de internet)

Del tedio y la rutina de la oficina a la aventura más excitante, había sólo un paso: olvidarse de los papeles amontonados y sumergirse de cabeza en las aguas profundas de internet. Lo que empezó siendo una tabla de salvación para no morir de asco, se convirtió en una imprescindible máscara de oxígeno. Su inmersión más arriesgada fue convencer a uno de sus incontables contactos cibernéticos para que se conocieran personalmente. El desconocido propuso que se vieran primero por cualquier medio audiovisual; pero ella necesitaba con urgencia una experiencia fuerte. ¡Y vaya si la consiguió! Sudó adrenalina cuando, en la cita a ciegas, se encontró con su jefa.




6 abr 2013

FOBIA



(Imaxe baixada de internet)
Arrímase á beira da cama pero non lle vale de nada. Aí segue ela, ousada, ameazante, invasora... O noxo que lle produce impídelle actuar con serenidade, pensar, urdir un plan de ataque; nin tan sequera sabe como defenderse. A cada centímetro que a intrusa avanza, vaise encollendo, paralízase. Tampouco se atreve a prender a luz. Ante o inminente contacto, só lle queda berrar. Pero a gorxa non responde; en silencio, repite ata perder o sentido: “¡¡Unha araña, unha araña!!”.




Se arrima al borde de la cama, pero no le sirve de nada. Ahí sigue ella, osada,  amenazante, invasora… La repulsión que le provoca le impide actuar con serenidad, pensar, urdir un plan de ataque; ni siquiera sabe cómo defenderse. A cada centímetro que la intrusa avanza, se va encogiendo, se paraliza. Tampoco se atreve a encender la luz. Ante el inminente contacto, sólo le queda gritar. Pero la voz no responde; y en completo silencio, repite hasta desmayarse: “¡¡Una araña, una araña…!!”.  


28 mar 2013

ESPELLO / ESPEJO



(Imaxe baixada de interne


¡Maldito espello!
Espabila a memoria,
debuxa o tempo.



¡Maldito espejo!
Despierta la memoria,
dibuja el tiempo.


24 mar 2013

RECUPERANDO MEMORIA



              (Imaxe baixada de internet)


Tivera un accidente de coche e quedara amnésico. Era como se aterrase noutro planeta: non recoñecía lugares, obxectos…, nin sequera as persoas da familia. Tiña medo, sentíase totalmente perdido. A recuperación foi moi lenta. Houbo que empezar de cero, coma se volvese á clase de parvuliños, que el non lembraba tampouco, claro. (Que pena esquecer iso, non?, co ben que se pasa en Infantil, sen exames nin nada, todo o día a xogar… ) Sigamos. As palabras máis sinxelas eran absolutas descoñecidas para el, e non digamos escribilas, nin sabía coller o lapis.

Desde o principio da terapia, van case dous anos e agora xa está moito mellor. De tódolos xeitos, ten que preguntar seguido polo significado de palabras novas. Xa non se atopa nun planeta estraño; agora é como se estivese noutro país aprendendo unha lingua nova. Claro que el tampouco sabe o que é estar noutro país nin aprender outra lingua, ¡bastante ten o pobre co galego e con non perderse polas rúas da súa vila!

Onte, na televisión, escoitou como falaban do Monarca ao mesmo tempo que amosaban imaxes de D. Xoán Carlos. Non entendía. O seu fillo pequeno explicoulle que o Monarca era o Rei, e quedou tranquilo, porque esa palabra xa a tiña controlada. Hoxe, a muller, antes de saír para o traballo, díxolle que pola tarde irían á Coruña ver as cabalgatas dos reis, porque mañá é o seis de xaneiro. Non entendeu moi ben a importancia desta data, e non quixo enredala con preguntas, porque a ela facíaselle tarde. Pero non importa, ¡non cabe en si de felicidade! Nin se acordou de almorzar; leva varias horas entre o baño e o cuarto poñéndose guapo. Baixou toda a roupa do armario e ciscouna enriba da cama. Non se dá decidido. Terá que axudarlle Carme cando volva. ¡Está emocionado porque vai ver  a D. Xoán Carlos e Dna. Sofía en persoa...! Pobre.




Había tenido un accidente de coche y quedó amnésico. Era como si aterrizara en otro planeta: no reconocía lugares, objetos..., si siquiera a las personas de la familia. Tenía miedo, se sentía totalmente perdido. La recuperación fue muy lenta. Hubo que empezar de cero, como si volviera a clase de parvulitos, que él no recordaba tampoco, claro. (Qué pena olvidar eso, ¿no?, con lo bien que se pasa en Infantil, sin exámenes nin nada, todo el día jugando... ) Sigamos. Las palabras más sencillas eran absolutas desconocidas para él, y no digamos escribirlas, ni sabía coger el lápiz.

 (Imaxe baixada de internet)
Desde el comienzo de la terapia, van case dos años e ahora ya está mucho mejor. De todas formas, tiene que preguntar seguido el significado de palabras nuevas. Ya no se encuentra en un planeta extraño; ahora es como si estuviera en otro país aprendiendo una lengua nueva. Claro que él tampoco sabe lo que es estar en otro país ni aprender otra lengua, ¡bastante tiene el pobre con el gallego y con no perderse por las calles de su pueblo.

Ayer, en la televisión, escuchó como hablaban del Monarca al mismo tiempo que mostraban imágenes de D. Juan Carlos. No comprendía. Su hijo pequeño le explicó que el Monarca era el Rey, y se quedó tranquilo, porque esa palabra ya la tenía controlada. Hoy, su mujer, antes de salir para el trabajo, le dijo que por la tarde irían a Coruña a ver las cabalgatas de los reyes, porque mañana es el seis de enero. No entendió muy bien la importancia de esta fecha, y no quiso entretenerla con preguntas, porque a ella se le hacía tarde. Pero no importa, ¡no cabe en sí de felicidad! Ni se ha acordado de desayunar; lleva varias horas entre el baño y el dormitorio poniéndose guapo. Bajó toda la ropa del armario y la ha esparcido encima de la cama. No es capaz de decidirse. Tendrá que ayudarle Carmen cuando vuelva. ¡Está emocionado porque va a ver a D. Juan Carlos y a Dña. Sofía en persona! Pobre.

(Monólogo para  A FESTRA DA PALABRA)

15 mar 2013

DEMENCIAL


(Imaxe baixada de internet)


-Antes de que chegue teu pai, tes que rematar os deberes e recoller os xoguetes. Xa sabes que cando volve á casa, vén moi canso e anóxase con facilidade. ¿Que hora é ? Hoxe parece que tarda. Vaille arrefriar a cea. ¿Onde está túa nai? Dille que o chame, a ver que lle pasou. ¿Ti escóitasme, nena?

-¡Si, avoa! Tódolos días igual... Papá foise para sempre hai vinte anos. ¿Como cho teño que explicar?




- Antes de que llegue tu padre, tienes que acabar los deberes y recoger los juguetes. Ya sabes que cuando vuelve a casa, viene muy cansado y se enfada con facilidad. ¿Qué hora es? Hoy parece que tarda. Se le va a enfriar la cena. ¿Dónde está tu madre? Dile que lo llame, a ver que le ha pasado. ¿Tú me escuchas, nena?

- ¡Si, abuela! Todos los días igual... Papá se fue para siempre hace veinte años. ¿Cómo te lo tengo que explicar?


9 mar 2013

CONTRATEMPO FINAL / CONTRATIEMPO FINAL



(Imaxe baixada de internet)
“Pois terá que agardar, como todo dios”, respondéronlle sen miramentos cando foi solicitar con urxencia un nicho no cemiterio municipal. Non quedaba ningún dispoñible e, aínda que a lista de espera era longa, non estaban previstas novas construcións, por culpa da crise, claro. ¡Que desastre! Levaba varios meses organizando o acto con todo detalle: xa tiña traxe, caixa, día e hora. Pero deixara o tema da tumba para o final mentres sopesaba varias posibilidades. E agora que sabe exactamente o que quere, póñenlle atrancos. ¡Como non o deixen suicidar ó seu gusto, morre!



“Pues tendrá que esperar, como todo dios”, le respondieron tajantemente cuando fue a solicitar con urgencia un nicho en el cementerio municipal. No quedaba ninguno disponible y, aunque la lista de espera era larga, no estaban previstas nuevas construcciones, por culpa de la crisis, claro. ¡Qué desastre! Llevaba varios meses organizando el acto con todo detalle: ya tenía traje, caja, día y hora. Pero había dejado el tema de la tumba para el final mientras sopesaba varias posibilidades. Y ahora que sabe exactamente lo que quiere,  le ponen atrancos. ¡Como no lo dejen suicidar a su gusto, se muere!


3 mar 2013

¿GALICIA?


Noiva do mar.
Berce de Rosalía.
Terra das meigas.


(Imaxe baixada de internet)

De tanto amor,
bicos de sal con ondas,
naceron rías.




   Azul e verde.
   Aloumiños de fala.
   Morriña e chuvia.



Novia del mar.
Cuna de Rosalía.
Tierra de brujas.

De tanto amor,
besos de sal con olas,
nacieron rías.

Azul y verde.
Arrumacos del habla.
Nostalgia y lluvia. 

26 feb 2013

O FANTASMA DA TORRE / EL FANTASMA DE LA TORRE


¡Non son un fantasma! Son unha pobre alma en pena que habita a Torre de Hércules desde hai varios meses, un incomprendido e difamado espírito dun desgraciado ser humano que deixou de existir o día que nacín eu. Pero será mellor que empece polo principio.
(Imaxe baixada de internet)
Román, o meu corpo, era un coruñés que, presa da euforia colectiva polo título de Patrimonio da Humanidade recentemente concedido á torre da súa cidade, ebrio coma unha cuba, agatuñou escaleiras arriba ata a cima. Alí quedou exhausto, tombado e durmido, sen que os demais visitantes, en condicións pouco mellores, se decataran da súa lamentable situación. Cando todos descenderon e o gardián pechou, por seguridade, o acceso ó monumento, Román quedou ó sereno, ignorante do destino que lle agardaba. Xa ben entrada a noite, o frío e o tempo cumpriron coa súa misión e o meu home espertou, totalmente desorientado. Tan pronto como foi consciente da realidade, invadiuno o terror. Baixou, subiu, baixou, berrou, bruou... Todo inútil. Ou non, porque rodeando a torre outros cidadáns e cidadás celebraban o éxito á súa maneira, e ata eles chegaron os ecos dos alaridos proferidos polo prisioneiro. Fóronse aproximando, pero axiña fuxiron espavorecidos, e antes do amencer, a cidade enteira sabía que un fantasma habitaba a torre. Prensa, televisións, autoridades, forzas da orde e miles de curiosos acercáronse para comprobalo. Román, coa gorxa esgazada, xa só podía emitir sons estraños, que non parecían os dunha persoa. Ninguén se atreveu a entrar. O esgotamento extremo impedíalle subir de novo para facerse ver; non conseguía superar os dez chanzos para, acto seguido, caer como un trapo escorregando escaleiras abaixo ó tempo que se queixaba coa dor.
Especialistas, científicos, expertos e demais persoeiros de altura decidiron, despois de longas deliberacións, suspender as visitas á torre ata nova orde. E alí quedou o pobre, horas e días interminables, ata que non tivo máis remedio ca deixarme saír a min.
O mesmiño que o meu dono era, eu nacín moi medrosa e non me atrevo a lanzarme desde o alto. Así que decidín converterme en ocupa de luxo ata que decidan a reapertura, que estando no país que estou, seguro que se vai demorar un chisco. Na parte baixa cheira que apesta (por razóns obvias), pero nos pisos altos hai moi boas vistas. Ó principio molestábame ser espiada día e noite por multitude de turistas chegados de todo o mundo. Ó non poder entrar na torre por culpa do fantasma, din, e nin sequera poder verme, insúltanme en diferentes idiomas. Pero acabei por afacerme. Este sólido edificio para min soa, en primeira liña de costa, ben merece o sacrificio de facerse a tola. 



(Imaxe baixada de internet)

¡No soy un fantasma! Soy una pobre alma en pena que habita la Torre de Hércules desde hace varios meses, un incomprendido y difamado espíritu de un desgraciado ser humano que dejó de existir el día que nací yo. Pero será mejor que empiece por el principio.
Román, mi cuerpo, era un coruñés que, presa de la euforia colectiva por el título de Patrimonio de La Humanidad recientemente concedido a la torre de su ciudad, ebrio como una cuba, gateó escaleras arriba hasta la cima. Allí se quedó exhausto, tumbado y dormido, sin que los demás visitantes, en condiciones poco mejores, se hubieran percatado de su lamentable situación. Cuando todos descendieron y el guardián de turno cerró, por seguridad, el acceso al monumento, Román se quedó al sereno, ignorante del destino que le esperaba. Ya bien entrada la noche, el frío y el tiempo cumplieron con su misión y mi hombre se despertó, totalmente desorientado. Tan pronto como fue consciente de la realidad, lo invadió el terror. Bajó, subió, bajó, gritó, berreó… Todo inútil. O no, porque rodeando la torre otros ciudadanos y ciudadanas celebraban el éxito a su manera, y hasta ellos llegaron los ecos de los alaridos proferidos por el cautivo. Se fueron aproximando, pero enseguida huyeron despavoridos, y antes del amanecer, la ciudad entera sabía que un fantasma habitaba la torre. Prensa, televisiones, autoridades, fuerzas del orden y miles de curiosos se acercaron para comprobarlo. Román, con la garganta desgarrada, ya sólo podía emitir sonidos extraños, que no parecían los de una persona. Nadie se atrevió a entrar. El agotamiento extremo le impedía subir de nuevo para hacerse ver; no conseguía superar los diez peldaños para, acto seguido, caer como un trapo deslizándose escaleras abajo al tiempo que se quejaba de dolor.
(Imaxe baixada de internet)
Especialistas, científicos, expertos y demás personal de altura decidieron, después de largas deliberaciones, suspender las visitas a la torre hasta nueva orden. Y allí se quedó el pobre, horas y días interminables, hasta que no tuvo más remedio que dejarme salir a mí.
Igual que mi dueño era, yo nací muy miedosa y no me atrevo a lanzarme desde lo alto. Así que decidí convertirme en ocupa de lujo hasta que decidan la reapertura, que estando en el país que estoy, se demorará lo suyo. En la parte baja huele que apesta (por razones obvias), pero en los pisos altos hay muy buenas vistas. Al principio me molestaba ser espiada día y noche por multitud de turistas llegados de todo el mundo. Al no poder entrar en la torre por culpa del fantasma, dicen, ni siquiera poder verme, me insultan en diferentes idiomas. Pero ya me he acostumbrado. Este sólido edificio para mí sola, en primera línea de costa, bien merece el sacrificio de hacerse la loca. 

Publicado no libro LA PARCA DE VENUS Y OTROS CUENTOS en versión algo reducida por condicións de tamaño obrigadas.

21 feb 2013

TARDE

(Imaxe baixada de internet)

Agora que a perdeu, sabe que a precisaba.





Ahora que la ha perdido, sabe que la necesitaba.



14 feb 2013

A CELESTINA / LA ALCAHUETA



(Imaxe baixada de internet)
Devecían un polo outro. Aínda que podían verse, tiñan prohibido calquera xeito de contacto. Todo o mundo dicía que eran novos de máis. Por desgraza, eu comprendía moi ben a súa tortura. Así que decidín propiciar o encontro. Desde o primeiro instante, diante dos meus ollos, o desexo contido desfíxose en xogos e aloumiños. Sentín pudor alleo e, con sumo coidado, trasladei a gaiola a un lugar máis recollido. Agradecéronmo cunha hora longa de rechouchíos imposibles. Despois, silencio absoluto.



Suspiraban el uno por el otro. Aunque podían verse, tenían prohibido cualquier tipo de contacto. Todo el mundo decía que eran demasiado jóvenes aún. Por desgracia, yo comprendía muy bien su tortura. Decidí, pues, propiciar el encuentro. Desde el primer instante, ante mis ojos, el deseo contenido se deshizo en juegos y arrumacos. Sentí pudor ajeno y, con sumo cuidado, trasladé la jaula a un lugar más recogido. Me lo agradecieron con una hora larga de trinos imposibles. Después, silencio absoluto.

Publicado no libro CACHITOS DE AMOR II, resultado da seleción de relatos do II Concurso de Microrrelatos Románticos ACEN.

4 feb 2013

CHOVE / LLUEVE


Choran as nubes
por solidariedade.
¡Canta fartura!
Temos auga de sobra
para lavar mentiras.


(Imaxe baixada de internet)




Lloran las nubes
por solidaridad.
¡Cuánta abundancia!
Hasta hay agua de sobra
para lavar mentiras.






30 ene 2013

PARADOXO / PARADOJA


(ACRÍLICO SOBRE PAPEL, de Carmen López)


Cando a xuventude corre, e a vellez, tan afastada, se achega coa présa do medo. Cando ós vinte e cinco anos xa te sentes vella porque es máis nena ca nunca e non queres deixar de selo. Cando o amor é tan forte que te amarra e non fas nada por librarte. Cando desexas vivir sempre e xa viviches un ano de sempre… Cando estás máis viva, sentes máis próxima a morte.






Cuando la juventud corre, y la vejez, tan lejana, se acerca con la prisa del miedo. Cuando a los veinticinco años ya te sientes vieja porque eres más niña que nunca y no quieres dejar de serlo. Cuando el amor es tan fuerte que te amarra y no haces nada por liberarte. Cuando deseas vivir siempre y ya has vivido un año de siempre... Cuando estás más viva, sientes más próxima la muerte.


28 ene 2013

HEMORRAXIA INTERNA / HEMORRAGIA INTERNA


(Imaxe baixada de internet)


Segue chovendo.
Por moito que insista
non vai desfacer esta pedra.
Cos anos, cos golpes,
co frío, coa pena…
medroulle por fóra
un limo, unha tona esvaradía,
unha codia protectora
contra a tenaz erosión
das bágoas  corrosivas.
Pero non contra gretas internas
que laian, que supuran,
que sangran sen contención.




Sigue lloviendo.
Por mucho que insista
no deshará esta piedra.
Con años, con golpes,
con frío, con pena...
le creció por fuera
un limo, una piel resbaladiza,
una capa protectora
contra tenaz erosión
de lágrimas corrosivas.
Pero no contra grietas internas
que escuecen, que supuran,
que sangran sin contención.


19 ene 2013

RIVALIDADE DOMÉSTICA / RIVALIDAD DOMÉSTICA


Hoxe mamá vaino intentar coa pistola, espero que esta vez o consiga. Xa probou de tódalas maneiras, ata cun coitelo. Vese impotente, desesperada… Todo empezou hai un par de meses cando papá, un domingo, chegou todo fachendoso ó comedor coa máis enlarafuzada do mundo. A min encantoume, pero mamá quedou como se lle desen unha labazada e non probou bocado. Dende aquela, non houbo máis paz na casa. Tan farto me ten, que eu mesmo lle conseguín a pistola por internet. A ver se con esta argallada de plástico, consegue, ó fin, humillar a papá decorando as miñas amburguesas con varias salsas. ¡Non soporta que ninguén lle leve a dianteira na cociña!

 (Imaxe baixada de internet)




Hoy mamá lo va a intentar con la pistola, espero que esta vez lo consiga. Ya ha probado de múltiples maneras, incluso con un cuchillo. Se ve impotente, desesperada… Todo empezó hace un par de meses cuando papá, un domingo, llegó todo chulito al comedor con la más pintarrajeada del mundo. A mí me encantó, pero mamá se quedó helada y no probó bocado. Desde entonces, no ha habido paz en casa. Tan harto me tiene, que yo mismo le conseguí la pistola por internet. A ver si con este artilugio  de plástico consigue, al fin, humillar a papá decorando mis amburguesas con varias salsas. ¡No soporta que nadie le supere en la cocina!


13 ene 2013

DOR / DOLOR



Non gasta bágoas.
Precisa a enerxía
para sufrir.
(Imaxe baixada de internet)




No gasta lágrimas.
Precisa la energía
para sufrir.



11 ene 2013

AUSENCIA


Habito na escuridade.
Camiño desorientada
entre a néboa, que me envolve.
Respiro negra ausencia;
aliméntome de pena,
que me enche, que me afoga.
Vivir é un duro traballo;
razoar, un esforzo inútil.
Non podo máis ca pensar
no que foi e non será.
(Imaxe baixada de internet)
Non atopo acougo nas bágoas
nin a saída do inferno,
porque xa non me alumean
eses teus ollos serenos.
Desde que non me acompañan
eses olliños de mel,
deixou de xirar o mundo,
deixei de avanzar con el.



Habito en la oscuridad.
Camino desorientada
entre la niebla, que me envuelve.
Respiro negra ausencia;
me alimento de tristeza,
que me llena, que me ahoga.
Vivir es un duro trabajo;
razonar, un esfuerzo inútil.
No puedo más que pensar
en lo que fue y no será.
No encuentro calma en las lágrimas
ni salida del infierno,
porque ya no me iluminan
esos tus ojos serenos.
Desde que no me acompañan
esos ojitos de miel,
dejó de girar el mundo,
dejé de avanzar con él.


(Creado para  A FESTRA DA PALABRA do CPI Castro Baxoi)

7 ene 2013

O CORPO DO DELITO / EL CUERPO DEL DELITO


Sabía que o home a enganaba con outra, pero necesitaba probas. Intuición e recursos de muller ferida permitíronlle saber que se verán á noitiña naquela cala recóndita onde, hai anos, bicou ó seu marido por primeira vez, e que ela, ata hoxe, consideraba exclusiva dos dous.

Con antelación, agárdaos agachada detrás dunha matogueira. A Lúa, cómplice maliciosa, aparece puntual para levantar acta. Despois de garatuxas e bicos, os amantes íspense e introdúcense na auga, dando renda solta á súa paixón. Sen dubidalo, sae sixilosa do escondedoiro e requisa toda a vestimenta masculina.

Xa na casa, só lle queda esperar acontecementos. A noite faise eterna. Por fin, soa o teléfono: o seu esposo atópase hospitalizado por hipotermia e rógalle que lle leve roupa. Cóntalle unha historia rocambolesca que ela finxe crer.


Con urxencia, acode á clínica portando as prendas substraídas horas antes.

(Imaxe baixada de internet)
Sabía que él la engañaba, pero necesitaba pruebas. Intuición y recursos de mujer herida le han permitido averiguar que se verán al anochecer en aquella cala recóndita donde, hace años, besó a su marido por primera vez, y que ella, hasta hoy, consideraba exclusiva de los dos.

Con antelación, los espera agazapada tras unas matas. La Luna, cómplice maliciosa, aparece puntual para levantar acta. Después de arrumacos y  besos, los amantes se desnudan y se introducen en el agua, dando rienda suelta a su pasión. Sin dudarlo, sale sigilosa del escondrijo y requisa toda la vestimenta masculina.

Ya en casa, sólo le queda esperar acontecimientos. La noche se hace eterna. Por fin, suena el teléfono: su esposo se encuentra hospitalizado por hipotermia y le ruega que le lleve ropa. Le cuenta una historia rocambolesca que ella finge creer.


Con premura, acude a la clínica portando las prendas substraídas horas antes.