POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 jul 2012

FERVENZA / CASCADA


Un mundo de auga
cae a cachón na fraga.
Música e verde.


Non todo é verde:
o  río vertical
regala prata.





Un mundo de agua
cae en cascada al bosque.
Música y verde.



No todo es verde:
el río vertical
regala plata.

22 jul 2012

¡MONTAÑA, POR FAVOR!



(Imaxe baixada de internet)
Coma sempre, despois do baño, tombeime ó sol, intentado, inutilmente, relaxarme. Aquela tarde fatídica o meu verdugo era un rapaz maleducado que disparaba unha odiosa pelota. En varias ocasións, estrelouse contra o meu costado esquerdo. Farta de cuspir areas e tragar bilirrubina, argallei un plan. Aproveitando o gran tamaño da toalla, ocupei só a metade e repreguei o cacho sobrante xunto ó brazo dereito. Con sixilo de ladrón, a miña man destra escavou un burato amplo dabondo. A primeira vez que a bóla  volveu a min, rapidamente dirixina ó foxo, estendín a toalla para ocultala e vireime sobre ela, desaparecendo debaixo do meu ventre como se a tragase a terra. O barullo que armaron nai e fillo buscando o balón prolongouse varias horas. Por razóns obvias, eu non podía erguerme. Aquela noite, tiven que acudir a urxencias con síntomas de insolación. ¡Nunca máis! 




Como siempre, después del baño me tumbé al sol, intentando, inútilmente, relajarme. Aquella tarde fatídica mi verdugo era un chaval maleducado que disparaba una odiosa pelota. En varias ocasiones, se estrelló contra mi costado izquierdo. Harta de escupir arenas y tragar bilirrubina, urdí un plan. Aprovechando el gran tamaño de la toalla, ocupé solo la mitad y replegué el trozo sobrante junto al brazo derecho. Con sigilo de ladrón, mi mano diestra excavó un agujero lo suficientemente amplio. La primera vez que la bola volvió a mí, rápidamente la dirigí al hoyo, extendí la toalla para ocultarla y me giré sobre ella, desapareciendo bajo mi vientre como si se la tragara la tierra. El revuelo que montaron madre e hijo buscando el balón se prolongó varias horas. Por razones obvias, yo no podía levantarme. Aquella noche, tuve que acudir a urgencias con síntomas de insolación. ¡Nunca más!

17 jul 2012

LOLA G. B.

Pito serodio.
O quinto xa era mozo 
e chegou de sexta
para sorpresa de súa nai
e sorte de todos.
Estaba escrito: 
faltaba un puntal na casa
e chegou con ela.
Mamou miseria de aldea rica,
como era antes, 
(Imaxe baixada de internet)
fartura de pan e fame de todo
o que non se come.
Criouse, ¡que remedio! 
Forte, escrava, sufrida e tenra.
Muller completa, ata enfermeira.
Sabia sen títulos, non os precisa.
Cantaba ó alto alindando as vacas;
mais cambiou cantares
por melodía de tractor espurio
sen grandes traumas.
Casou por gusto e por tradición.
E retoñou, brotando dela
dúas flores belas que a renovan.
Regou con bágoas un dos retoños
que así medrou.
Tamén ela medra
bebendo tragos de vida nova,
sempre coa raíz na terra
e xenerosidade a feixes.
Debe saber o mundo
canto lle debe. ¡Xa era hora!



(Imaxe baixada de internet)
Cría tardía.
El quinto ya era mozo 
y llegó de sexta
para sorpresa de su madre
y suerte de todos.
Estaba escrito: 
faltaba un puntal en casa
y llegó con ella.
Mamó miseria de aldea rica,
como era antes,
hartura de pan y hambre de todo
lo que no se come.
Se crió, ¡qué remedio!
Fuerte, esclava, sufrida y tierna.
Mujer completa, hasta enfermera.
Sabia sin títulos, no los precisa.
Cantaba alto apacentando vacas;
mas cambió cantares
por melodía de tractor espurio
sin grandes traumas.
Casó por gusto y por tradición.
Y retoñó, brotando de ella
dos flores bellas que la renuevan.
Regó con lágrimas su primer retoño
que así creció.
También ella crece
bebiendo sorbos de vida nueva 
siempre con la raíz en tierra
y generosidad al viento.
Debe saber el mundo 
cuánto le debe. ¡Es el momento!


15 jul 2012

AS CATEDRAIS / LA CATEDRALES


O mar retírase
dando paso ós turistas
das Catedrais.
Arrepentido, sobe
escorrentando a xente.        





                                




El mar se retira
dando paso a los turistas
de Las Catedrales.
Arrepentido, asciende
ahuyentando la gente.



9 jul 2012

C´EST LA VIE



Hai uns meses que conseguiu a soñada hipoteca de por vida, que lle permitiría independizarse dos coidados asfixiantes da mamá e, sobre todo, dos ronquidos estridentes do pai. Levaba anos soportando as bromas que as súas olleiras e bocexos provocaban cada mañá entre os compañeiros de traballo. Agora, a situación cambiou. Vive só, como anhelaba; come ou non come o que lle peta; pon os vaqueiros sen pasarlles o ferro; entra e sae ó seu antollo... ¡Pero segue insomne! Na vivenda contigua, unha familia con cadelo hiperactivo, manteno esperto ata pouco antes de que soe o despertador. Debe madrugar para trasladarse desde o seu  apartamento da periferia ata a oficina na capital, preto da casa dos vellos. E foron en balde as conversas cos veciños, as ameazas e as denuncias, incluso. Ó animal prodúcelle estrés o cambio de hábitos, disque...

(Imaxe baixada de internet)
Hoxe tomou unha drástica decisión: pasar a mellor vida. Pero antes farase doador de órganos. Quere irse coa sensación de ter feito algo ben neste mundo.






Hace unos meses que consiguió la soñada hipoteca de por vida, que le permitiría independizarse de los cuidados asfixiantes de la mamá y, sobre todo, de los ronquidos estridentes del padre. Llevaba años soportando las bromas que sus ojeras y bostezos provocaban cada mañana entre sus compañeros de trabajo. Ahora, la situación ha cambiado. Vive solo, como anhelaba; come o no come lo que le da la gana; se pone los vaqueros sin planchar; entra y sale a su antojo… ¡Pero sigue insomne! En la vivienda contigua, una familia con perrito hiperactivo lo mantiene despierto hasta poco antes de que suene el despertador. Debe madrugar para trasladarse desde su apartamento de la periferia hasta la oficina en la capital, cerca de la casa de los viejos. Y de nada han valido las conversaciones con los vecinos, las amenazas y las denuncias, incluso. Al animal le produce estrés el cambio de hábitos, dicen…

Hoy ha tomado una drástica decisión: pasar a mejor vida. Pero antes se hará donante de órganos. Quiere irse con la sensación de haber hecho algo bien en este mundo. 



5 jul 2012

EDITIÑO 5


Para aprender a vivir
empreguei cincuenta anos.
Para comprender a morte
inda que volva a nacer
non me chega
con outra vida enteira.



(Imaxe baixada de internet)




Para aprender a vivir
empleé cincuenta años.
Para comprender la muerte
aunque yo vuelva a nacer
no me llega
con otra vida entera.








30 jun 2012

SOL Á SOMBRA / SOL A LA SOMBRA







Por entre as follas
á sombra da figueira
bicos de Sol.








                                   Entre las hojas
                                   a la sombra de la higuera
                                   besos de Sol.


27 jun 2012

¡CRIATURAS...!


Disque a fame é moi lista. No meu caso fixo falta toda unha gran recesión económica para descubrir que tiña imaxinación. Despois de perder o traballo, de correr risco de desafiuzamento por non poder pagar a hipoteca e de dar moito ó zoco buscando emprego, chegaron varias noites de posición horizontal e ollos abertos. Por fin, empezaron a xurdir algunhas ideas; toleadas, segundo a familia, que xa empezaba a temer pola miña saúde mental. Daquela decidín obrar en silencio e só dar explicacións cando chegase o éxito. E chegou: acabo de recibir os primeiros honorarios pola miña nova profesión: berrador. Cada vez que acudía a un supermercado ou calquera lugar público onde houbese  familias con cativos, sempre oía a mesma música: “ Neno, baixa de aí que che vai berrar o señor. Non collas iso que se te ve o señor vaiche berrar. Aí che vén o señor”. Pero o home non aparecía por ningures, e tocaba seguir aguantando rapaces maleducados e pais imbéciles. Uns e outros foron a miña fonte de inspiración. Presentei o meu plan en varios centros comerciais. Colléronme a proba nun par deles e os resultados foron fantásticos. O meu traballo consiste en poñer cara de ferreiro, arrimarme a eses pequenos descontrolados e dicirlles ó oído, sen que os pais se decaten, que eu son o señor. A maioría deles corre a acachouparse detrás dun familiar. Despois dedicanse a seguir os meus pasos coa mirada, ó mesmo tempo que empezan a choromicar e repetir con insistencia que queren marchar. Por suposto, os adultos “responsables” aceleran as compras, enchen o carro ás toas e vanse  canto antes. O resto da clientela segue mercando tranquila e feliz.


(Imaxe baixada de internet)




Dicen que la necesidad agudiza el ingenio. En mi caso hizo falta toda una gran recesión económica para descubrir que tenía imaginación. Después de perder el trabajo, de correr riesgo de desahucio por impago de hipoteca y de gastar mucha suela buscando empleo, llegaron varias noches de posición horizontal y ojos abiertos. Por fin empezaron a surgir algunas ideas, a cual más descabellada según mi familia, que ya empezaba a preocuparse por mi salud mental. Decidí entonces obrar en silencio y solo dar explicaciones cuando llegara el éxito. Y ha llegado: acabo de recibir los primeros honorarios por mi nueva profesión: reñidor. Cada vez que acudía a un supermercado o cualquier lugar público donde hubiera familias con gente menuda, siempre oía la misma música: “Cariño, bájate de ahí que te va a reñir el señor. No cojas eso que si te ve el señor te va a reñir. Ahí te viene el señor”. Pero el susodicho no aparecía por ningún lado, y tocaba aguantar a los peques maleducados y a los padres imbéciles. Unos y otros fueron mi fuente de inspiración. Presenté mi plan en diversos centros comerciales. Me cogieron a prueba en un par de ellos y los resultados han sido fantásticos. Mi trabajo consiste en poner cara de ogro, acercarme  a esos pequeños descontrolados y decirles al oído, sin que los padres se enteren, que yo soy el señor. La mayoría de ellos corre a agazaparse a la sombra de un familiar. Luego se dedican a seguir mis pasos con la mirada, al mismo tiempo que empiezan a lloriquear y repetir insistentemente que se quieren ir. Por supuesto,  los adultos “responsables” aceleran las compras, llenan el carro al tuntún y se van lo antes posible. El resto de la clientela sigue comprando tranquilamente y feliz.


22 jun 2012

O MEU GATO / MI GATO


Acabo de enterralo. Tería un mes cando o atopei chorando no xardín. Deille cariño, comida e berce. Chameille Bicho, pero non honrou o seu nome: compartía almorzo cos paxaros, as toupas minaban a horta tranquilamente e os ratos divertíanse xogando con el ás agachadas. Onte á noitiña, vendo onde se escondía un ratiño, collino no colo e aproximeino ó burato. O pobre roedor defendeuse cun berro estridente e o valente do meu gato fuxiu das miñas mans coma un lóstrego, arrepiado. O coche do veciño machucoulle de golpe as súas sete vidas. Síntome culpable.



Acabo de enterrarlo. Tendría un mes cuando lo encontré llorando en el jardín. Le di cariño, comida y cama. Lo llamé Bicho pero no hizo honor a su nombre: compartía el pienso con los pájaros, los topos minaban la finca a sus anchas y los ratones jugaban a esquivarlo. A noche,  viendo donde se escondía un ratoncillo, lo llevé en brazos hasta él.  Este salió chillando y mi valiente gato huyó despavorido. El coche del vecino le aplastó de golpe sus siete vidas. Me siento culpable.



17 jun 2012

CAMIÑO DE SANTIAGO / CAMINO DE SANTIAGO



(Imaxe baixada de internet)


               Falan idiomas
                    as pedras do camiño
                         por onde vou.





                              Hablan idiomas
                         las piedras del camino
                    por donde voy.





11 jun 2012

DEPENDENCIA



(Imaxe baixada de internet)
Colgueime dunha estrela.
Se a sigo, queimareime.
Se a solto, vou caer.





Me colgué de una estrella.
Si la sigo, me abraso.
Si la suelto, me caigo.



5 jun 2012

PENA DOBRE/ PENA DOBLE (IN MEMORIAM)



A primeira vez que se viu no espello coas gafas novas, horrorizouse: “¡Que vella, se parezo a tía Carme!”. Desde entón, evita mirarse en calquera superficie puída que poida reflectir a súa cara. Pero hoxe, despois de ducharse, co cabelo mollado e retirado da fronte, sen pensalo, coloca as gafas e queda abraiada: no vidro, lixeiramente toldado, aparece a faciana da irmá de seu pai, coas pálpebras caídas, peiteada cara atrás coma toda a vida; aquela que sempre lle facía lembrar o moito que se asemellaban. Os seus xestos provocan na imaxe torpes acenos que pretenden imitalos. Intenta, inutilmente, controlar un tremor repentino da súa man esquerda. Asustada, tira os lentes e comeza a vestirse. Antes de rematar, soa o móbil: a tía Carme, a que padecía párkinson, acaba de falecer.

"Mujer en el espejo" (Picasso)







La primera vez que se vio en el espejo con las gafas nuevas, se horrorizó: “¡Qué vieja, si parezco la tía Carmen!”. Desde entonces, evita mirase en cualquier superficie pulida que pueda reflejar su cara. Pero hoy, después de ducharse, con el cabello mojado y retirado de la frente, sin pensarlo, se coloca las gafas y queda estupefacta: en el cristal, ligeramente empañado, aparece el rostro de la hermana de su padre, con sus párpados caídos, peinada hacia atrás como toda la vida; aquella que siempre le recordaba lo mucho que se parecían. Sus gestos provocan en la imagen torpes muecas que pretenden imitarlos. Intenta, inútilmente, controlar un temblor repentino de su mano izquierda. Asustada, tira las lentes y empieza a vestirse. Antes de terminar, suena el móvil: la tía Carmen, la que padecía párkinson, acaba de fallecer.



31 may 2012

HOTEL, CUTRE HOTEL

(Imaxe baixada de internet)


Ambientador
máis hotel sen estrela
comparten penas.
Non tapan cen perfumes
a merda do ruído





Ambientador
más hotel sin estrella
comparten penas.
No tapan cien perfumes
la mierda del ruido.

26 may 2012

POBRE HOME / POBRE HOMBRE

Por sendas esgrevias,
entre gabias e fervenzas,
aba arriba vai xemendo
o pastor cheo de medo.

Nunca soubo de temores,
máis valente nunca houbo,
e agora foxe asustado.

Agora quere agocharse,
máis aínda: gorecerse
no cume dalgún outeiro.


Manuel está afeito ós tronos,
ó estalido dos ramallos secos,
ó chirlo dos paxaros todos,
ó zunido das árbores co vento,
ó ronquido do seu can vello…
Pero este monótono rumor,
este continuo fungar
desespérao, faino rabiar.


-Tranquilo, Manuel. É o mar.
-¿Qué mar? Aquí non hai.
Eu nunca o vin, 
nin sequera o sentín.
-É o teu mar.
Está na túa imaxinación, 
no teu medo a morrer…sen velo.


Manuel cala descrido
e cantaruxa lixeiro
para afogar a pena
e disfrazar sentires.
Calan todos.
Todos saben de que pé coxea…


(Imaxe baixada de internet)





Por sendas abruptas
entre zanjas y cascadas,
cuesta arriba va gimiendo
el pastor lleno de miedo.

 Jamás supo de temores,
más valiente nunca hubo,
y ahora huye asustado.

Ahora quiere esconderse,
mejor aún: guarecerse
en la cumbre de un otero.

Manuel controla los truenos,
el estallido de ramaje seco,
el gorjeo de los pájaros todos,
el zumbido de áboles al viento,
el ronquido de su perro viejo…
Pero este monótono rumor,
este continuo bufido
lo desespera, lo hace rabiar.

-Tranquilo, Manuel. Es el mar.
-¿Qué mar? Aquí non hay.
Yo nunca lo vi,
ni siquiera lo sentí.
-Es tu mar.
Está en tu imaginación,
en tu miedo a morir…sin verlo.
  
Manuel calla receloso
y canturrea ligero
para ahogar la pena
y disfrazar sonidos.
Callan todos.
Todos saben de que pie cojea…



21 may 2012

LAPSUS



(Imaxe baixada de internet)


Enganouse o político e dixo unha verdade.




Se equivocó el político y dijo una verdad.




16 may 2012

VIDA



(Imaxe baixada de internet)
A vida pasa
a fume de carozo
¡Sopra e que arda!




La vida arde
como estopa al viento.
¡Sopla y que abrase!




12 may 2012

NOVA REVOLUCIÓN /NUEVA REVOLUCIÓN


(Imaxe baixada de internet)
14 de xullo do 2.013. París é unha ola a presión. Numerosos batallóns de franceses e españois, autonomeados “Novos Revolucionarios do Terceiro Estado”, invaden a cidade, fartos de reprimir a fame de pan e xustiza. Armados ata os dentes con móbiles botando fume, buscan desaforados unha nova Bastilla onde simbolizar a súa furia. O Arco do Triunfo parece que será ó fin o elixido, vendo as riadas de indignados que o van rodeando. Presidente da república, altos cargos políticos de cores varias, financeiros sen escrúpulos e outros ladróns de guante branco, foxen aterrados. Sen dúbida, temen máis á nova máquina de matar cá antiga guillotina. Nos últimos meses, as redes sociais encargáronse de difundir o prototipo: unha afiada tarxeta bancaria en números vermellos. As autoridades europeas non souberon ou non quixeron ver a inminente ameaza. Hoxe ninguén dubida de que van en serio. 




(Imaxe baixada de internet)
14 de julio de 2.013. París es una olla a presión. Numerosos batallones de franceses y españoles, autonominados “Nuevos Revolucionarios del Tercer Estado”, invaden la ciudad, hartos de reprimir el hambre de pan y de justicia. Armados hasta los dientes con móviles echando humo, buscan desaforados una nueva Bastilla donde simbolizar su furia. El Arco del Triunfo parece que será al fin el elegido, viendo las riadas de indignados que lo van rodeando. Presidente de la república, altos cargos políticos de colores varios, financieros sin escrúpulos y otros ladrones de guante blanco, huyen despavoridos. Sin duda, temen más a la nueva máquina de matar que a la antigua guillotina. En los últimos meses, las redes sociales se encargaron de difundir el prototipo: una afilada tarjeta bancaria en números rojos. Las autoridades europeas no supieron o no quisieron ver la inminente amenaza. Hoy nadie duda de que van en serio.

6 may 2012

POBRE MACHO…



(Imaxe baixada de internet)


Nunca pensou verse así. El, que era incapaz de matar unha mosca… Ollou as mans cheas de sangue  e compadeceuse. ¡A culpa fora dela, por provocalo!






Nunca lo hubiera creído. Él, que era incapaz de matar una mosca…
Miró sus manos ensangrentadas y se compadeció. ¡Ella lo había provocado!



2 may 2012

FLOR



ACUARELA SOBRE PAPEL, de Carmen López


Rosa encarnada.
Ata o traxe de espiñas
lle senta ben.







Rosa carmín.
Hasta el traje de espinas
le sienta bien.





28 abr 2012

VIÚVA / VIUDA

Pintura de Picasso (imaxe baixada de internet)


Os días son eternos, xa non ten que facer.




Los días son eternos, ya no tiene que hacer.