POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 sept 2011

XOANIÑA / MARIQUITA


Puntos de noite
sobre vermello aceso:
eu, xoaniña.


(Imaxe baixada de internet)
¡Voa, reluce!,
fráxil coral de terra,
carbón e lume.





Puntos de noche
sobre rojo encendido:
la mariquita.


¡Vuela, reluce!,
frágil coral de tierra,
carbón y fuego.

14 sept 2011

DESILUSIÓN


Cada amencer, lea recordos e ilusións nun mesmo fardo agardando que se fagan presente.

Cada noite, déitase coa mesma realidade.



(Imaxe baixada de internet)

Cada amanecer, lía recuerdos e ilusiones en un mismo fardo esperando que se hagan presente.

Cada noche, se acuesta con la misma realidad.

10 sept 2011

TRISTE REALIDADE / TRISTE REALIDAD

(Imaxe baixada de internet)


Primeiro pareceulle  a pel  de muller máis suave do mundo. Despois comprobou que era un potente imán. O seu polo sur detectárao e tomaba dirección norte. Non había luz, pero as súas mans, con vida propia, guiábano por infindas curvas provocándolle unha agradable sensación de mareo. Sentiu sede e saciouna no manancial duns labios prohibidos. Quería quedar alí para sempre, pero o final acercábase e non podía evitalo. Espertou de súpeto, ampeando, mollado… Ó seu carón, coma sempre, a súa esposa roncaba. Gustaríalle seguir soñando.





Primero le pareció la piel de mujer más suave del mundo. Después comprobó que era un potente imán. Su polo sur lo había detectado y tomaba dirección norte. No había luz, pero sus manos, con vida propia, lo guiaban por infinitas curvas provocándole una agradable sensación de mareo. Sintió sed y la sació en el manantial de unos labios prohibidos. Querría quedarse allí para siempre, pero el final se acercaba y no podía evitarlo. Se despertó de cuajo, jadeante, sudoroso, mojado…A su lado, como siempre, su esposa roncaba. Le gustaría seguir soñando.

2 sept 2011

ESCURIDADE / OSCURIDAD



(Imaxe baixada de internet)



Na noite escura
brillan estrelas brancas
por compaixón.
Busco na miña noite
esmola envolta en luz.





Entre tinieblas 
brillan estrellas blancas
por compasión.
Busco en mi noche oscura
limosna envuelta en luz.

28 ago 2011

REFLEXIÓN

(Imaxe baixada de internet)
recitado
Un vidro transparente atravesa o camiño.   
Esnáfrome e recúo. Reflexiono. 
Achégome e intento esnaquizalo
disparando palabras ó aire.
Inútil. Pero queda fendido e toldado.
Xa non vexo a fermosa paisaxe
que antes albiscaba desde lonxe.
Reflexiono. Desandar un camiño incerto
ou avanzar. Decido rodealo
e seguir sen présa, en silencio.
Miro cara atrás e non hai vidro.
Converteuse en muro de pedra infindo.
Imposible retroceder. ¡Adiante!



Un vidrio transparente atraviesa el camino.
Me estrello y reculo. Reflexiono.
Me acerco e intento quebrarlo
(Imaxe baixada de internet)
disparando palabras al aire.
Inútil. Pero queda agrietado y opaco.
Ya no veo el hermoso paisaje
que antes divisaba a lo lejos.
Reflexiono. Desandar un camino incierto
o avanzar. Decido rodearlo
y seguir sin prisa, en silencio.
Miro hacia atrás y no hay vidrio.
Se ha vuelto muro de piedra infinito.
Imposible retroceder. ¡Adelante!

23 ago 2011

TERAPIA DE GRUPO

 

(Imaxe baixada de internet)



Estaba enfermo de soidade. O psiquiatra receitoulle frecuentar lugares concorridos. E curou: aprendeu a vivir só entre moita xente soa.






Estaba enfermo de soledad. El psiquiatra le recetó frecuentar lugares concurridos. Y se curó: aprendió a vivir solo entre mucha gente sola.

18 ago 2011

AMENCER / AMANECER

(Imaxe baixada de internet)



Xa vén o día
sen recato ningún
ata o meu cuarto.



Ya viene el día,
Perico por su casa,
hasta mi alcoba.

14 ago 2011

PROHIBIDO SOÑAR


(Imaxe baixada de internet, editada)

Estrañoume o silencio absoluto. Non oía a ducha de miña nai, nin os xogos do meu irmán pequeno, nin o gato, nin a tose de papá... Asusteime moito e peguei un berro tremendo. Entón si que houbo estrondo: acababa de espertar, unha noite máis, á casa enteira.
Desde aquela, teño prohibido soñar.




          Me extrañó el silencio absoluto. No oía a mi madre en la ducha, ni los juegos de mi hermano pequeño, ni el gato, ni la tos de papá... Me asusté mucho y di un grito tremendo. Entonces sí que hubo estruendo: acababa de despertar, una noche más, a todo el mundo.
          Ahora tengo prohibido soñar.

9 ago 2011

SE OS PAXAROS FALASEN.../SI LOS PÁJAROS HABLARAN...


A calor da tarde tomboume medio espida debaixo da figueira. Algúns raios ousados coáronse entre as follas para bicarme a pel e facerme pechar os ollos. Pouco a pouco, envolta en rechouchíos e fantasías, quedei durmida.

Espertoume unha lingua coñecida rubindo polos meus pés. Coma unha estatua, sen mover nin as pálpebras, deixeime invadir. E seguiu avanzando. E sentía as cóxegas do bigote nas inguas e as uñas contidas nos peitos. E outra vez a lingua. E descendía o seu peso polo meu ventre, e elevábame eu cara ás nubes...

Un paxaro inoportuno distraeuna e interrompeu o meu voo. Tiven que rematar á man o que a gata deixara a medias.






          El calor de la tarde me tumbó medio desnuda bajo la higuera. Algunos rayos osados se colaron entre las hojas para besarme la piel y hacerme cerrar los ojos. Poco a poco, envuelta en trinos y ensoñaciones, me quedé dormida.
          Me despertó una lengua conocida trepando por mis pies. Como una estatua, sin mover los párpados siquiera, me dejé invadir. Y siguió avanzando. Y sentía las cosquillas del bigote en las ingles, y las uñas contenidas en los pechos. Y otra vez la lengua. Y descendía su peso por mi vientre, y me elevaba yo hacia las nubes…
          Un pájaro inoportuno atrajo su atención e interrumpió mi vuelo. Tuve que rematar a mano lo que la gata había dejado a medias.

5 ago 2011

VERÁN TÓRRIDO / VERANO TÓRRIDO


(Imaxe baixada de internet)
Dentro da flor
a bolboreta espida.
Fóra, o inferno.




Entre las flores
mariposas desnudas.
Afuera infierno.

31 jul 2011

EDITIÑO 1


Cando polo día é noite
e a noite non ten Lúa,
manda a confusión no espazo
e buscas onde non hai.
Pecha os ollos.
Abre a calma e respira.

(Imaxe de internet, editada)




Cuando de día es de noche,
y no sale la Luna,  
la confusión manda en todo
y buscas donde no hay.
Ojos prietos.
Calma abierta y respira.

26 jul 2011

¡INESQUECIBLE! / ¡INOLVIDABLE!



(Imaxe baixada de internet)
          Un 25 de Santiago de 1.980, como cada tarde, o meu adorado e novo marido, colleu o coche e marchou ó ximnasio. O embarazo, un libro e mais eu quedamos tranquilamente na casa. A primeira hora de ausencia foi levadía, pero as seguintes torturáronme sen piedade. Unha sirena de ambulancia ó lonxe confirmoume, por fin, os meus temores. ¿Que facer? Sen coche, nin teléfono, nin veciños…Un único pensamento dominábame: o meniño medraría sen pai.
        Cando volveu, atopoume pálida e sen fala. Derrubeime nos seus brazos e asolagueino de bágoas. Sen voz, os meus ollos berraron: “¡¿Que pasou?!” Un vulgar corte de tráfico fora o meu verdugo.
          Aquela mesma noite o noso fillo petou á porta, quince días antes do previsto.



Un 25 de julio de 1.980, como cada tarde, mi adorado y joven esposo, cogió el coche y se fue al gimnasio. El embarazo, un libro y yo nos quedamos tranquilamente en casa. La primera hora de ausencia fue llevadera, pero las siguientes me torturaron sin piedad. Una sirena de ambulancia a lo lejos me confirmó, por fin, mis temores. ¿Que hacer? Sin coche, ni teléfono, ni vecinos... Un único pensamiento me dominaba: el bebé crecería sin padre.
             (Imaxe baixada de internet)
Cuando regresó, me encontró pálida y sin habla. Me derrumbé en sus brazos y lo inundé de lágrimas. Sin voz, mis ojos gritaron: “¡¿Que ha pasado?!”. Un vulgar corte de tráfico había sido mi verdugo.

Aquella misma noche nuestro hijo llamó a la puerta, quince días antes de lo previsto.

23 jul 2011

AUGUIÑA / AGÜITA

Playa Bajo la Lluvia. Carmen López (Internet)


Verán e chuvia.
Nunha praia molladas 
as ilusións.


Verano y lluvia.
En la playa mojadas
las ilusiones.

20 jul 2011

DESTINO: FILLOS / DESTINO: HIJOS


Parinos por egoísmo. Traían, debaixo do brazo, cadanseu  billete de ida para unha única viaxe: vitalicia, circular, centrípeta. Son o meu primeiro e último destino.


(Imaxe baixada de internet)


Les parí por egoísmo. Traían, bajo el brazo, sendos billetes de ida para un único viaje: vitalicio, circular, centrípeto. Son mi primer y último destino.

16 jul 2011

SOIDADE INTEGRAL / SOLEDAD INTEGRAL


Desde que un infarto traidor lle arrebatou o marido, hai xa unha década, vive soa na casona que acababan de construír con tanto esforzo. Agora sóbralle espazo e fáltanlle ilusións. O seu único fillo  reside na outra punta do país. Sempre que o traballo llo permite, calza o flamante Mercedes e vén de visita. Hoxe estao agardando. Tenlle o cuarto impecable e a súa comida favorita a punto. Xa non tardará. Coma sempre, ansiedade e ledicia logran ocultar por unhas horas a súa tristeza crónica. Soa o teléfono. Cólleo correndo. Será el, seguro... É a Garda Civil de Tráfico. Non dá entendido ben o que intentan explicarlle. Desmáiase.




(Imaxe baixada de internet)
Desde que un infarto traidor le arrebató el marido, hace ya una década, vive sola en la casona que acababan de construir con tanto esfuerzo. Ahora le sobra espacio y le faltan ilusiones. Su único hijo reside en la otra punta del país. Siempre que el trabajo se lo permite, se encasqueta el flamante Mercedes y viene a visitarla. Hoy lo está esperando. Le tiene la habitación impecable y su comida favorita a punto. Ya no tardará. Como siempre, ansiedad y alegría logran ocultar por unas horas su tristeza crónica. Suena el teléfono. Corre a cogerlo. Será él, seguro…Es la Guardia Civil de Tráfico. No consigue entender bien lo que  intentan explicarle. Se desmaya.

11 jul 2011

TOXO / TOJO


(Imaxe baixada de internet)
Locen inútiles
entre espiñas doentes
chorimas de ouro.



Lucen inútiles
entre espinas rabiosas
flores doradas.                                                                                                                                                                                                                                                

7 jul 2011

FERRUXE /ÓXIDO

(Imaxe baixada de internet)




Cerrei a billa, pero seguía pingando. Non quería perder nin unha gota e intentei recollelas. Tempo perdido. Cando a fonte non mana libre, non enche nada. Tiven morriña do manancial e deille á chave. Enferruxara. Xa non a dei aberto. Segue pingando, segue oxidando. Cada vez, menos.





Cerré el grifo, pero seguía goteando. No quería perder ni una gota e intenté recogerlas. Tiempo perdido. Cuando la fuente no mana libre, no llena nada. Tuve nostalgia del manantial y así la llave. Había oxidado. Ya no pude abrirla. Sigue goteando, sigue oxidando. Cada vez, menos.

4 jul 2011

AGASALLO DE DESPEDIDA / REGALO DE DESPEDIDA

(Imaxe baixada de internet)


Traballadora e constante.
Realista e positiva.
Por intelixente, eficiente.
Práctica, sensata,
pacífica, discreta…
Fáltanme palabras,
sóbranme os afagos.
Resumo: encantadora.
Podíase chamar Rita.




(Imaxe baixada de internet)
Joven, pero madura.
Trabajadora y constante.
Realista y positiva.
Por inteligente, eficiente.
Práctica, sensata,
pacífica, discreta...
Me faltan palabras,
me sobran halagos.
Resumo: encantadora.
Se podría llamar Rita.

29 jun 2011

SECA

(Imaxe baixada de internet)
         
Árida estou,
coma terra soñando
co seu barbeito.


Árida estoy,
como tierra soñando 
con su barbecho.

24 jun 2011

REXIAS ASPIRACIÓNS / REGIAS ASPIRACIONES

       O primeiro en chegar será o meu home. Cando descubra o cadáver, quererá morrer tamén. Marcará o cento doce nun desesperado intento de salvar a súa conciencia. Mentirá ós fillos para que veñan sen présas. Por fin, saberán se me querían. Invadirán a  casa – que nunca deixei tan limpa – policías, familiares, amigos, inimigos e curiosos. Buscarán, sen éxito, a miña carta de despedida. E ninguén, nin o forense, descubrirá a razón verdadeira: que quixen ser reina por un día.
       ¡Como sinto non poder vivilo!

(Imaxe baixada de internet)

          El primero en llegar será mi marido. Cuando descubra el cadáver, querrá morirse también. Marcará el ciento doce en un desesperado intento de salvar su conciencia. Mentirá a los hijos para que vengan sin prisas. Por fin, sabrán si me querían. Invadirán la casa – que nunca dejé tan limpia – policías, familiares, amigos, enemigos y curiosos. Buscarán, sin éxito, mi carta de despedida. Y nadie, ni el forense, descubrirá la razón verdadera: que quise ser reina por un día.
          ¡Cómo me gustaría poder vivirlo!