POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 jun 2011

SECA

(Imaxe baixada de internet)
         
Árida estou,
coma terra soñando
co seu barbeito.


Árida estoy,
como tierra soñando 
con su barbecho.

24 jun 2011

REXIAS ASPIRACIÓNS / REGIAS ASPIRACIONES

       O primeiro en chegar será o meu home. Cando descubra o cadáver, quererá morrer tamén. Marcará o cento doce nun desesperado intento de salvar a súa conciencia. Mentirá ós fillos para que veñan sen présas. Por fin, saberán se me querían. Invadirán a  casa – que nunca deixei tan limpa – policías, familiares, amigos, inimigos e curiosos. Buscarán, sen éxito, a miña carta de despedida. E ninguén, nin o forense, descubrirá a razón verdadeira: que quixen ser reina por un día.
       ¡Como sinto non poder vivilo!

(Imaxe baixada de internet)

          El primero en llegar será mi marido. Cuando descubra el cadáver, querrá morirse también. Marcará el ciento doce en un desesperado intento de salvar su conciencia. Mentirá a los hijos para que vengan sin prisas. Por fin, sabrán si me querían. Invadirán la casa – que nunca dejé tan limpia – policías, familiares, amigos, enemigos y curiosos. Buscarán, sin éxito, mi carta de despedida. Y nadie, ni el forense, descubrirá la razón verdadera: que quise ser reina por un día.
          ¡Cómo me gustaría poder vivirlo!  

19 jun 2011

DESESPERO


(Imaxe baixada de internet)



Estoute agardando. Pasan os anos e non chegas. ¿Será que ti tamén me esperas?





Te estoy esperando. Pasan los años y no llegas. ¿Será que tú también me esperas?

14 jun 2011

DÍA E NOITE / DÍA Y NOCHE

                                                                                                                                                 
De internet.- Casa de Marcial Valladares (Vilancosta)

O día dorme.
Para que a noite negra
poida xogar.



A noite esperta.
Para que o día, canso,
poida durmir.




El día duerme.
Porque la noche negra
quiere jugar.

La noche vela.
Porque el día cansado
quiere dormir.

9 jun 2011

EU SEI ONDE NACE O VENTO /YO SÉ DÓNDE NACE EL VIENTO

Camiño do meu destino,
alá polo oitenta e tres,
oín dicir:
“Para chegar a Cariño
hai que pasar pola Pedra”.
E con fachenda de mestra
eu pilleino ó pé da letra.
E pasei. Pasei tres anos
vivindo alí.
E  pasei bastante frío
coidando parvuliños
na pobre escola vella
un curso enteiro.
Pero ninguén me dixera
que tería que pasar
outros dous cursos máis
nun Lavadeiro…
E tampouco me advertiran
que en Cariño nace o vento
e o Sol xoga ás agachadas
perdendo o tempo.
E aquel  vento arrastroume
ata ben lonxe,
deixando amigos novos
que xa son vellos amigos.
Amigos que fan de ponte
pola que volvo sempre.
E tamén hoxe.


Camino de mi destino,
allá en el ochenta y tres,
oí decir:
“Para llegar a Cariño
hay que pasar por la Piedra”.
Con orgullo de maestra
lo cogí al pie de la letra.
Y pasé. Pasé tres años
viviendo allí.
Y pasé bastante frío
cuidando parvulitos
en una pobre escuela vieja
un curso entero.
Pero nadie había dicho
que tendría que pasar
otros dos cursos más
de Lavadero...
Y tampoco me advirtieron
que en Cariño nace el viento
y el Sol juega al escondite
perdiendo el tiempo.
Aquel viento me arrastró
hasta muy lejos,
dejando amigos nuevos
que ya son viejos amigos.
Amigos que hacen puente
por el que vuelvo siempre.
Y tambien hoy.

4 jun 2011

Á DERIVA / A LA DERIVA

                                                                                           
Deixou atrás país, choza e familia. Por equipaxe, un triste fardo acugulado de pobreza e esperanza. Os aforros que non tiña empregounos naquel pasaxe ó infinito, que un compatriota preeiro lle pintou de cores. Agora, perdido no océano, exhausto e queimado, rodeado de corpos deshidratados e moribundos, apenas lle quedan forzas para ver a realidade. Só un desexo: que a tortura remate canto antes. Reza. Ignora que xa  queda pouco para o final. Os deuses cambiáronlle unha vida miserable polo luxo dunha morte anónima no fondo do mar.















Dejó atrás país, choza y familia. Por equipaje, un triste fardo cargado de pobreza y esperanza. Los ahorros que no tenía los empeñó en aquel pasaje al  infinito, que un compatriota carroñero le pintó de colores. Ahora, perdido en el océano, quemado y exhausto, rodeado de cuerpos deshidratados y moribundos, apenas le quedan fuerzas para ver la realidad. Sólo un deseo: que la tortura se acabe cuanto antes. Reza. Ignora que ya queda poco para el final. Los dioses le han cambiado una vida miserable por el lujo de una muerte anónima en el fondo del mar.
                                                                         

3 jun 2011

MAPOULA


No trigo verde
moitas mapoulas viven
coma princesas.

Sempre me sinto
coma trigo vermello,
mapoula verde.


(Imaxe baixada de internet)

En trigo verde
las amapolas viven
como princesas.


Siempre me siento
como trigo rojo,
amapola verde.

30 may 2011

CONTRADICIÓN

(Imaxe baixada de internet)

          O meu home namoroume por ser tan diferente a min. Desde aquela, estou empeñada en que o seu pensamento sexa semellante ó meu.




            Mi marido me enamoró por ser tan diferente a mí. Desde entonces, no he cejado en el empeño de que piense como yo.

27 may 2011

¿QUE ME PASA?

Cando me miras
fuxo sen saber a onde.
Se non te vexo
non fago máis ca buscarte.

Cando me falas
non me saen as palabras.
Se estás calado
o silencio faime dano.

Cando sorrís
o Sol queima en pleno inverno.
Se te pos triste
cobren as nubes o ceo.

E mentres durmo, ás tantas,
soño que te abrazo,
que me bicas e casamos.
¿Que me pasa?


(Imaxe baixada de internet)

Cuando me miras
huyo sin saber a dónde.
Si no te veo
no hago más que buscarte.

Cuando me hablas
no me salen las palabras.
Si estás callado
el silencio me hace daño.

Cuando sonríes
el Sol quema en pleno invierno.
Con tu tristeza
cubren las nubes el cielo.

Y mientras duermo a las tantas
sueño que te abrazo,
me besas y nos casamos.
¿Qué me pasa?
                              

21 may 2011

POLÍTICA / POLITICS


Cambiou o político:
cara e discurso novos.
A mesma gaita.
O mundo xira sempre
escorado dun lado.

(Imaxe baixada de internet)


Cambió el político:
cara y discurso nuevos.
La misma gaita.
El mundo gira siempre 
escorado de un lado.



A different politician;
a new face and a new speech.
The same old song.
The world always turns
tilted to one side.

15 may 2011

TODO / EVERYTHING


O moito pide moito.
O pouco dáse todo,
pero non chega sempre.
De todos xeitos, toma.
De todos xeitos, colle
o pouco todo que che dou.
Non teño máis. Ben pouco é:
só unha alma,
só unha vida
nun pobre corpo, só.


(Imaxe baixada de internet)
Lo mucho pide mucho.
Lo poco se da todo,
pero no llega siempre.
De todas formas, toma.
De todas formas, coge
lo poco todo que te doy.
No tengo más. Muy poco es:
tan sólo un alma
sólo una vida
en un pobre cuerpo, sólo.


A lot asks for a lot.
A little gives everything,
but it's not always enough.
Nevertheless, here.
Nevertheless, take
the little everything I give you.
It's all I have. Very little indeed:
just a soul,
just a life
in a poor body, just that. 

14 may 2011

ÚLTIMA ESTACIÓN

          E amarrouse á vía do tren. Porque xa non podía nin quería seguir vivindo. Despois de varios meses no paro, acababa de tirar no xogo o último cartucho dos seus minguados aforros. Faltáballe valor para comunicarlle á súa ex-muller que non podería pasarlle a pensión alimenticia das súas nenas. Xa non era marido, nin pai, nin home; así que deixaría tamén de ser persoa....
          Pero o tren chegou con retraso abondo para que houbese tempo de sobra de retiralo de alí pola forza. Hoxe non terá máis remedio ca seguír vivindo.


(Imaxe baixada de internet)

            Y se amarró a la vía del tren. Porque ya no podía ni quería seguir viviendo. Después de varios meses en el paro, acababa de tirar en el juego el último cartucho de sus menguados ahorros. Le faltaba valor para comunicarle a su ex-mujer que no podría pasarle la pensión alimenticia de sus niñas. Ya no era esposo, ni padre, ni hombre; así que dejaría también de ser persona…
            Pero el tren llegó con el retraso suficiente para que hubiera tiempo de sobra de retirarlo de allí por la fuerza. Hoy no tendrá más remedio que seguir viviendo.

4 may 2011

NIÑO BALEIRO / NIDO VACÍO

Escachou os ovos
para que non nacesen
os paxariños.
Non os comerá o gato.
Misión cumprida. Súa.

(Imaxe baixada de internet)

Rompió lo huevos
para que no nacieran
los pajaritos.
No los comerá el gato.
Misión cumplida. Suda.

30 abr 2011

AMOR PROPIO

          “Voume. Un bo mozo coma min non pode tolerar que un intruso orgulloso veña  ocupar o lugar que me corresponde, sen recato ningún, ignorando a miña presenza e desacougo. Estiven a piques de defender o meu honor pelexando, coma macho que son. Pero acabei descartando esa opción porque, anque estou seguro da miña indiscutible superioridade, non podería soportar que un estraño, un rapaz inexperto, chegase a facerme a máis mínima rabuñada. Así que decidín que o mellor é dar media volta e desaparecer coa cabeza ben alta. ¡O que sobran son poliñas novas polo mundo adiante!”
          E marchou. Ata o curral veciño, onde as galiñas o recibiron coas ás abertas; e a dona, co coitelo  na man.




            “Me voy. Alguien tan buen mozo como yo no puede tolerar que un advenedizo orgulloso venga a ocupar el lugar que me corresponde, sin recato alguno, ignorando mi presencia y malestar. A punto estuve de defender mi honor peleándome, como macho que soy. Pero acabé descartando esa opción porque, aun seguro de mi indiscutible superioridad, no podría soportar que un intruso, un jovencito inexperto, me llegara a hacer el más mínimo rasguño. Así que he decidido que lo mejor es dar media vuelta y desaparecer con la cabeza bien alta. ¡Lo que sobran son pollitas por el mundo adelante!”
            Y se fue. Hasta el corral vecino, donde las gallinas lo recibieron con las alas abiertas; y la dueña, cuchillo en mano.

(Imaxe baixada de internet)

26 abr 2011

VERDADES A MEDIAS

Non é verdade o que din.
Non todos somos iguais.
Non quero que me mesturen
cos que maltratan ou matan.
Eu non son igual a eles
(Imaxe baixada de internet)
nin tampouco quero selo.


Non é verdade o que din.
Non hai diferentes cores.
Eu son branco, ti es negro;
estou eu negro, ti tan branco…
E a nosa pura amizade
máis incolora cá auga.


Non é verdade o que din.
As mulleres non son homes.
As mulleres son persoas
e os homes persoas son.
Cada quen é como é
e como tal debe ser.

Nin é verdade o que din
nin tan sequera mentira;
porque afirman sen pensar
e sen pensar non atinan.

Por iso quero que penses.
Por iso quero que opines.
Tamén quero que dubides
da verdade que eu che diga.


No es verdad lo que dicen.
No todos somos iguales.
No quiero que me confundan
con el que mata o maltrata.
Yo no soy igual a ellos
ni tampoco quiero serlo

No es verdad lo que dicen.
No hay distintos colores.
Yo soy blanco, tú eres negro;
(Imaxe baixada de internet)
estoy yo negro, tú tan blanco...
Y nuestra pura amistad
más incolora que el agua.

No es verdad lo que dicen.
Las mujeres no son hombres.
Las mujeres son personas
y los hombres personas son.
Cada cual es como es
y como tal debe ser.

Ni es verdad lo que dicen
ni tan siquiera mentira;
porque afirman sin pensar
y sin pensar no se atina.

Por eso quiero que pienses.
Por eso quiero que opines.
Por eso quiero que dudes
de la verdad que yo diga.

22 abr 2011

CALAS


(Imaxe baixada de internet)

 Capa esmeralda,
ouro na branca copa:
a cala en flor.



Capa esmeralda,
oro en la blanca copa:
la cala en flor.



17 abr 2011

MISIVA IMAXINARIA / MISIVA IMAGINARIA

              Querido Xe:
              Perdóame o de querido, que será o único que me teñas que perdoar. En cambio eu…Os meus ollos, por fin, confirmaron o que os oídos se negaron a escoitar durante tanto tempo. Vinvos. Era tan certo o que todos pregoaban coma falsas as túas palabras. Quixera estar cega para seguir créndote. Quixera estar corda e poder odiarte. Máis cá túa traizón, dóeme seguir amándote. Pero iso será a miña vinganza.
              Adeus.

             
              Querido Equis:
              Perdóname lo de querido, que será lo único que tengas que perdonarme. En cambio yo...Mis ojos, por fin, han confirmado lo que los oídos se negaron a escuchar durante tanto tiempo. Os he visto. Era tan cierto lo que todos pregonaban como falsas tus palabras. Quisiera estar ciega para seguir creyéndote. Quisiera estar cuerda y poder odiarte. Más que tu traición, me duele seguir amándote. Pero eso será mi venganza.
              Adiós.

12 abr 2011

VIDA CHEA / VIDA LLENA

A morte está sempre á espreita
agardando que teñas a vida chea.
Chea de vida ou de futuro;
de feridas, dor ou desenganos;
xuventude, anos ou rutinas;
esperanzas, soños ou proxectos;
desamor, cariños ou fracasos...
(Imaxe baixada de internet)

A miña está acugulada de ocos.
Vaime  estoupar como unha bincha.
Xa sinto o seu alento na caluga.



La muerte está siempre alerta
esperando que tengas la vida llena.
Llena de vida o de futuro;
de heridas, dolor o desengaños;
juventud, años o rutinas;
esperanzas, sueños o fracasos...
La mía está colmada de huecos.
Me va a reventar como un globo.
Ya siento su aliento en la nuca.

9 abr 2011

ENSALADA MIXTA

Carne e verdura:
agochado na folla
o caracol.

Carne y verdura:
escondido en una hoja
el caracol.

5 abr 2011

INIMIGAS PAR SEMPRE / ENEMIGAS PARA SIEMPRE

(Imaxe baixada de internet)




Eran íntimas amigas.
Tanto quixeron compartir que se lles foi a man.
Agora xa só comparten odio e un home traidor.





Eran íntimas amigas. En su afán por compartirlo todo, se les fue la mano. Ahora ya sólo comparten odio y un hombre traidor.