![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Vive porque lle dá preguiza morrer.
Vive porque le da pereza morirse.
Tampouco hoxe atopei
traballo. Resulta esgotador deambular todo o día pola cidade para xustificar o
fracaso. Pero ten recompensa ó chegar a casa: “Cariño, como che foron as cousas
na fábrica? Se queres cea, terás que facela; eu voume deitar, estou derreada.
Procura non espertarme”.
Seguirei co meu plan de non conseguir emprego mentres a conta dos agasallos da voda teña saldo. Debo acordarme de apartar unha cantidade suficiente para o divorcio.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Tampoco hoy encontré trabajo. Resulta agotador deambular todo el día por la ciudad para justificar el fracaso. Pero tiene recompensa al llegar a casa: “Cariño, ¿cómo te han ido las cosas en la fábrica? Si quieres cena, tendrás que hacerla; yo me voy a acostar, estoy exhausta. Procura no despertarme”.
Seguiré con mi plan de no conseguir empleo mientras la cuenta de los regalos de la boda tenga saldo. Debo acordarme de apartar una cantidad suficiente para el divorcio.
Aproveitou os coñecementos técnicos da súa época de traballador cualificado para camuflar unha cámara. Despois, redactou a nota sen omitir detalles: motivacións, lugar, modo… Ata se permitiu o sarcasmo de pedir perdón. Ó final, coma quen non quere a cousa, escribiu a clave da caixa forte. Comprobou por última vez que todo quedaba en orde e dirixiuse cara á atalaia, previamente disposta, desde onde poder axexar a chegada dos herdeiros, ós que alertara minutos antes cunha mensaxe misteriosa.
Non tardaron en aparecer. Como ninguén respondeu ó timbre, accederon á vivenda coa chave que atoparon no escondedoiro habitual.
Marcharon un par de horas máis tarde, camiño do acantilado; sen présa, dándolle tempo dabondo para que se suicidase a gusto. Daquela, entrou el para comprobar axiña o contido da cinta gravada: así que leron o escrito onde relatara a súa intención de tirarse ó mar, o primeiro que fixeron foi abrir a caixa; estaba baleira e, con enfado manifesto, seguiron removendo por toda a casa, sen éxito.
Era urxente cambiar a pechadura da porta, asegurar as ventás e volver ó notario. Xa pensaría máis tarde que facer coa gravación e a vida.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Aprovechó los conocimientos técnicos de su época de trabajador cualificado para camuflar una cámara. Después, redactó la nota sin omitir detalles: motivaciones, lugar, modo... Hasta se permitió el sarcasmo de pedir perdón. Al final, como quien no quiere la cosa, escribió la clave de la caja fuerte. Comprobó por última vez que todo quedaba en orden y se dirigió hacia la atalaya, previamente dispuesta, desde donde poder acechar la llegada de los herederos, a los que había alertado minutos antes con un mensaje misterioso.
No tardaron en aparecer. Como nadie respondió al timbre, accedieron a la vivienda con la llave que encontraron en el escondrijo habitual.
Marcharon un par de horas más tarde, camino del acantilado; sin prisa, dándole tiempo de sobra para que se suicidara a gusto. Entonces, entró él para comprobar enseguida el contenido de la cinta grabada: así que leyeron el escrito donde había relatado su intención de tirarse al mar, lo primero que hicieron fue abrir la caja; estaba vacía y, con enfado manifiesto, siguieron removiendo por toda la casa, sin éxito.
Era urgente cambiar la cerradura de la puerta, asegurar las ventanas y volver al notario. Ya pensaría más tarde qué hacer con la grabación y la vida.
Usou as tripas baleiras
para atar os zapatos que non tiña; comeu pan con fel que sabía a Deus; tragou
sangue xeado que lle queimaba o estómago... Espertar foi peor.

(Imaxe procedente de internet)
Usó las tripas vacías para anudar los zapatos que no tenía; comió pan con hiel que sabía a Dios; tragó sangre helada que le quemaba el estómago… Despertar fue peor.
Oe gargalladas femininas; está seguro de que hai mozas medio espidas chapuzando no terreo lindeiro. Armado coa súa réflex, encamíñase cara á sebe medianeira disposto a disparar. Busca un oco na ramaxe que lle permita introducir discretamente o obxectivo. Como non o atopa, debe urdir outro plan. Deixa a cámara oculta entre unhas matas e volve á casa. Regresa pouco despois arrastrando con dificultade unha pesada esqueira de tesoiras, sen decatarse dos regos que vai gravando no céspede ó seu paso. Cando consegue poñela en pé, subir uns chanzos e ver a piscina dos veciños por enriba do muro vexetal, comproba que nela xa só queda auga. Tal frustración faille emitir un berro estridente, e a piques está de perder o equilibrio. Os familiares, alertados por semellante grito, acoden axiña.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
—Avó, pódese saber que fas?
—Unha revista encargoume un traballo de fotografía. Debo entregalo mañá.
—Que interesante! Ven tomar o Sintrom, anda. Xa sacarás as fotos noutro momento.
Oye carcajadas femeninas; está seguro de que hay chicas semidesnudas chapoteando en la finca colindante. Armado con su réflex, se encamina hacia el seto medianero dispuesto a disparar. Busca un hueco en el ramaje que le permita introducir discretamente el objetivo. Como no lo encuentra, debe urdir otro plan. Deja la cámara oculta entre unas matas y vuelve a casa. Regresa poco después arrastrando con dificultad una pesada escalera de tijera, sin percatarse de los surcos que va grabando en el césped a su paso. Cuando consigue ponerla en pie, subir unos peldaños y ver la piscina de los vecinos por encima del muro vegetal, comprueba que en ella ya solo queda agua. Tal frustración le hace emitir un berrido estridente, y a punto está de perder el equilibrio. Lo familiares, alertados por semejante grito, acuden al momento.
—Una revista me ha encargado un reportaje fotográfico. Debo entregarlo mañana.
—¡Qué interesante! Ven a tomar el Sintrom, anda. Ya sacarás las fotos en otro momento.
Toda a vida aguantando tentacións, facendo sacrificios, vivindo na casa dos sogros, soportando os cuñados… coa esperanza de recibir ó final a recompensa merecida: o silencio e a paz que nunca tivo. E atópase con isto! Non contaba con que o ceo estivese tan concorrido, a verdade.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Toda la vida aguantando tentaciones, haciendo sacrificios, viviendo en casa de los suegros, soportando a los cuñados… con la esperanza de recibir al final la recompensa merecida: el silencio y la paz que nunca tuvo. ¡Y se encuentra con esto! No contaba con que el cielo estuviera tan concurrido, la verdad.
Instala colmeas no xardín porque a súa esposa é alérxica ás abellas. Xa pode marchar da casa tranquilo: a muller non se atreverá a saír.
Mentres el blasfema tentando salvar os enxames, ela atrae avespas asasinas con marmelada de arandos; confía en que a libere a praga de velutinas.
Mientras él blasfema intentando salvar los enjambres, ella atrae avispas asesinas con mermelada de arándanos; confía en que la libere la plaga de velutinas.
Unha pega agoniza no chan sen desprender o alimento que portaba. Dous gatos achéganse. Un raparigo segue practicando coa súa escopeta nova.
O niño é un clamor de peteiros desencaixados.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet, editada) |
El nido es un clamor de picos desencajados.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Está agotada de tanto limpiar. Le echa un vistazo más a su madre. Se sienta en el sofá y enciende el televisor. Recorre los programas todos buscando algo interesante. Detiene el rastreo en una conexión en directo; un reportero ofrece el micrófono a varios vecinos que denuncian en la calle el hedor procedente de una vivienda de la comunidad. Apaga. Completa la lista de la compra: lejía, ambientador, incienso, cerrojo grande... Se arrepiente de no haber comprado el congelador que estuvo de oferta la semana pasada. Acecha por la ventana. No puede salir mientras sigan las cámaras delante de su edificio.
O conto empezou coma todos: polo principio. Unha sacha fóra do sitio, un fouciño alleo na eira, dúas pitas de máis no poleiro... Os veciños de Berres míranse con receo, intentando descubrir o gracioso facedor destes movementos. E a historia avanza: se alguén precisa ir á herba, cando chega ó prado, xa está segada e lista para botar no carro; quen decide regar atopa as rolas trazadas; as xudías, apañadas... Na aldea non se fala doutra cousa. Malia non seren prexudiciais tales accións, os afectados alporízanse coa ansia por cachar o causante. Xúntanse no teleclube, debaten e acordan facer roldas de vixilancia. O resultado, nulo. Pouco a pouco, eses feitos anormais case non sorprenden a ninguén. Severino, por exemplo, vai á noitiña tapar a poza convencido de que xa estará tapada. Así é. Estráñalle, en cambio, un vulto aboiando no medio da charca. Marcha correndo buscar a lanterna; volve axiña acompañado dun veciño. Onde antes había un corpo raro, ven só unha mancha irisada. Quedan abraiados. Pero moito máis alucinarían se soubesen que aquel ser, único protagonista, incompatible coa auga, caera na poza e disolvérase coma un terrón de azucre. Tamén ignoran que, sen el, rematou o conto.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
El cuento empezó como todos: por el principio. Una hazada fuera de sitio, una hoz ajena en la era, dos pollos de más en el gallinero... Los vecinos de Berres se miran con recelo, intentando descubrir al gracioso hacedor de estos movimientos. Y la historia avanza: si alguien precisa ir a por hierba, cuando llega al prado, ya está segada y lista para echar en el tractor; quien decide regar encuentra las regueras trazadas; las judías, recogidas... En la aldea no se habla de otra cosa. A pesar de no ser perjudiciales tales acciones, los afectados se alteran por el ansia de pillar al causante. Se reunen en el teleclub, debaten y acuerdan hacer rondas de vigilancia. El resultado, nulo. Poco a poco, esos hechos anormales case no sorprenden a nadie. Severino, por ejemplo, va al anochecer a cerrar la charca convencido de que ya estará cerrada. Así es. Le extraña, en cambio, un bulto aboyando en medio de la balsa. Marcha corriendo a buscar la linterna; vuelve enseguida acompañado de un vecino. Donde antes había un cuerpo raro, ven solo una mancha irisada. Quedan asombrados. Pero mucho más alucinarían si supieran que aquel ser, único protagonista, incompatible con el agua, había caído en la charca disolviéndose como un terrón de azúcar. También ignoran que, sin él, se acabó el cuento.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
No es cierto que tengan siete vidas. Mamá piensa eso porque los vecinos nuevos cruzan sin mirar, mojan los pies, van sin bufanda... y no les pasa nada. En cambio yo, siempre con tiritas o mocos. El más pequeño viene a mi clase, pero poco. Se pasa los recreos solo, en un rincón. A mí tampoco me escogen los del fútbol. Hoy llevé escondida la consola portátil y le estuve enseñando a jugar. Para animarlo, le cedí una vida de las mías, que me sobran. Agradeció mucho el regalo; decía que ahora, con dos, será el más rico de su familia. Me hizo gracia. Creo que ya somos amigos.
Despois de tres meses de obrigado confinamento no domicilio e catro desde que o goberno levantou o estado de alarma, a veciña do segundo segue sen saír da casa. Viva está porque a escaleira non cheira e, aínda que non abre cando soa o timbre, contesta a berros e máis por teléfono. Disque non se fía; precisa un tempo para convencerse de que a pandemia rematou.
A verdade é outra ben distinta: non cabe pola porta. Sería un pecado deixar perder tanta comida. Xa baleirou a despensa e o frigorífico, pero aínda lle queda medio conxelador por liquidar.
Xa plantara varias árbores e tiña
catro fillos, pero unha enfermidade terminal impedíalle cumprir a terceira
condición para estar tranquilo. A súa muller de boa gana o axudaría, mais era
imposible porque fora pouco á escola. Como lle doía velo sufrir, buscou unha
solución: levoulle o libro de familia ao hospital e convenceuno de que non
podería escribir outro mellor ca ese. El apertouno contra o peito, sorriu e
deixouse ir.
A viúva durou anos dabondo para contarnos esta historia aos bisnetos moitas veces. Nós rimos; ela enfádase. E disque non pensa morrer ata que a tomemos en serio.
| (Imaxe procedente de internet) |
Ya había plantado varios árboles y
tenía cuatro hijos, pero una enfermedad terminal le impedía cumplir la tercera
condición para estar tranquilo. Su mujer lo ayudaría encantada, mas era
imposible porque había asistido poco a la escuela. Como le dolía verlo sufrir,
buscó una solución: le llevó el libro de familia al hospital y lo convenció de
que no podría escribir otro mejor que ese. Él lo apretó contra el pecho, sonrió
y se dejó ir.
La viuda duró años suficientes para contarnos esta historia a los bisnietos muchas veces. Nosotros reímos; ella se enfada. Y por lo visto no piensa morir hasta que la tomemos en serio.
A guerra acabárase, pero eles non o sabían. Seguiron parapetados na trincheira ata nova orde. Así que caeu o último por inanición, cubríronos con terra, aforrando trámites e gastos innecesarios.
| (Imaxe procedente de internet) |
Á sombra dun carballo coñecido, segura da súa habitual complicidade, dispúxenme a planear o meu futuro. Despois dunhas horas, aínda non superara o día seguinte. Rendida, virei cara ó pasado, un destino moito máis accesible. En escasos minutos, xa chegara á infancia; e adormecín axiña, arrolada por miña nai.
Espertei con varias lambeduras do can e os berros da neta, que me buscaba para xantar. Reprendéronme dabondo, outra vez, por deambular soa e lonxe da casa. Estou afeita.
(Imaxe procedente de internet) |
A la sombra de un roble conocido, segura de su habitual complicidad, me dispuse a planear mi futuro. Después de unas horas, todavía no había superado el día siguiente. Rendida, giré hacia el pasado, un destino mucho más accesible. En escasos minutos, ya había llegado a la infancia; y me adormilé enseguida, acunada por mi madre.
Desperté con varios lametones del perro y los gritos de la nieta, que me buscaba para almorzar. Recibí una buena reprimenda, otra vez, por deambular sola y lejos de casa. Estoy acostumbrada.
Está rara. Non había maneira de sacala da casa e agora leva meses saíndo varias veces por semana. Polo visto, vai coas amigas, pero a vestimenta e unha cara de felicidade mal disimulada delátana. A súa parella desconfía. O primeiro que fai ó regresar é meterse na ducha. Seguramente para camuflar aromas, pensa el. Tamén é sorprendente vela investigando no ordenador durante horas despois desas misteriosas saídas, e máis tendo en conta que antes nin o acendía. Cando o marido mostra estrañeza por estes cambios na conduta, ela responde con evasivas, o que fai medrar as sospeitas daquel. A muller comprende o malestar do esposo, e mesmo sente remordementos porque hai anos prometeu non volver caer na tentación. Ademais, teme que calquera día lle faga elixir entre o amor que se profesan ou a súa verdadeira paixón. Pero, se chega a poñela ante semellante dilema, esta vez a decisión será contundente: por moito que el llo pida, por máis que o home lle lembre a súa alerxia e aversión cara a eles, non deixará de ir buscar cogomelos. Aínda que se vexa obrigada a regalalos antes de entrar na casa.
A mestra sempre me ata á mesa, ponme esparadrapo na boca... Tamén chama a meus pais, pero non acoden.
Hoxe penduroume no colgadoiro. Os nenos rían.
Marcharon sen min. Sigo suspendido. Quero mexar.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Hoy me colgó del perchero. Los niños reían.
Se fueron sin mí. Sigo suspendido. Quiero hacer pis.
Vive entre dúas portas, unha aberta e outra pechada. Cada día cambia de dirección: ora diríxese cara á aberta para entornala, por se acaso; ora bate de bruzos contra a pechada, por se cede. Ignora que ambas son a mesma, que só na súa fantasía abren ou cerran. En realidade, nin existen. A cordura allea pon valos ficticios ó seu campo, máis altos do que se atreve a saltar. O día que descubra que son de fráxil cristal, que escacharán ó primeiro berro, será libre no medio da nada, do espazo infinito, da inmensidade sen fronteiras. E entón… si botará en falta a porta da súa casa.
Vive entre dos puertas, una abierta y otra cerrada. Cada día cambia de dirección: ora se dirige a la abierta para entornarla, por si acaso; ora se da de bruces con la cerrada, por si cede. Ignora que ambas son la misma, que solo en su fantasía abren o cierran. En realidad, ni existen. La cordura ajena pone vallas ficticias a su campo, más altas de lo que se atreve a saltar. El día que descubra que son de frágil cristal, que romperán en añicos al primer grito, será libre en medio de la nada, del espacio infinito, de la inmensidad sin fronteras. Y entonces… sí echará de menos la puerta de su casa.
(Texto publicado no libro AHÍ ESTÁN... las puertas de Boal / EI TÁN... as portas de Boal)
A pandemia do 2.020 impediu celebrar o Nadal como Deus manda, pero as vacinas prometidas serviron de consolo á xente, que pospuxo ilusións e festas para finais do ano seguinte. Segundo o previsto, chegaron os inxectables en tropel; na primavera, unha porcentaxe elevada da poboación xa estaba inmunizada contra o virus desgraciado. Pouco a pouco, foise cambiando a máscara polas fazulas ó aire e os sorrisos forzados.
Os sufridos cidadáns deberían agardar aínda varios meses polo turrón. As consecuencias non tardaron en xurdir: un desacougo colectivo, contaxioso e incontrolable disparou as provisións das viandas exquisitas que o ano anterior non se puideran gozar. Enseguida sobrou fariña, mentres o champaña e o marisco se converteron en material escaso, ocasionando tumultos e pelexas nos establecementos. A revenda de espumosos, crustáceos mariños e doces típicos invadiron as rúas. Imaxes truculentas de feridos e dos primeiros mortos inundaron axiña a televisión.
Temendo que o sangue tinguise de vermello a neve artificial dos beléns, o Goberno viuse obrigado a reunir con urxencia un comité de expertos. Unha vez valorado o informe pertinente, decretou a suspensión dos festexos invernais no 2.021 e sucesivos, ata que os laboratorios farmacéuticos conseguisen un remedio eficaz contra os efectos indesexables das vacinas antivirais, que quedaban totalmente prohibidas por tempo indefinido. Así mesmo, ameazou coa posibilidade de encargar un virus novo se fose necesario.

(Imaxe procedente de internet)
La pandemia del 2.020 impidió celebrar la Navidad como Dios manda, pero las vacunas prometidas sirvieron de consuelo a la gente, que pospuso ilusiones y fiestas para finales del año siguiente. Según lo previsto, llegaron los inyectables en tropel; en primavera, un porcentaje elevado de la población ya estaba inmunizada contra el virus desgraciado. Poco a poco, se fue cambiando la máscara por los mofletes al aire y las sonrisas forzadas.
Los sufridos ciudadanos deberían esperar aún varios meses por el turrón. Las consecuencias no tardaron en surgir: un malestar colectivo, contagioso e incontrolable disparó las provisiones de las viandas exquisitas que el año anterior no se habían podido disfrutar. Enseguida sobró harina, mientras el champán y el marisco se convirtieron en material escaso, ocasionando tumultos y peleas en los establecimientos. La reventa de espumosos, crustáceos marinos y dulces típicos invadieron las calles. Imágenes truculentas de heridos y de los primeros muertos inundaron enseguida la televisión.
Temiendo que la sangre tiñiera de rojo la nieve artificial de los belenes, el Gobierno se vio obligado a reunir con urgencia un comité de expertos. Una vez valorado el informe pertinente, decretó la suspensión de los festejos invernales en el 2.021 y sucesivos, hasta que los laboratorios farmacéuticos consiguieran un remedio eficaz contra los efectos indeseables de las vacunas antivirales, que quedaban totalmente prohibidas por tiempo indefinido. Asimismo, amenazó con la posibilidad de encargar un virus nuevo si fuera necesario.
Sendo aínda un adolescente imberbe, construíu unha
casa sen axuda allea, en segredo, aproveitando momentos de ausencias ou sestas
familiares. Ninguén soubo xamais que posuía aquela vivenda individual en plena
natureza, rodeada de fauna e flora. Sempre que algún problema o desbordaba,
desaparecía unhas horas; refuxiábase no seu palacete e non volvía ata superado
o desalento. Ó principio, preocupaban estas fuxidas; pasados os anos, todo o
mundo coñecía a súa teima, e mesmo o animaban a irse cando o decaemento era
evidente.
Nunha ocasión, as horas de espera volvéronse días; tendo en conta a idade do desaparecido e que non levara a medicación nin roupa de abrigo, iniciaron a busca. Os cans adestrados deron co seu rastro, que os dirixiu a un vello carballo nas entrañas profundas do bosque. Unha esqueira ruda e medio desfeita fíxolles erguer a vista. Enriba, a casiña de madeira, máis incrible ca real, albergaba un corpo ríxido.
Investigación e autopsia concluíron que, debído á deterioración de varios chanzos, seguramente rompidos no seu derradeiro ascenso, o ancián non se atrevera a baixar.
![]() |
| (Foto de Begoña Martín Acero) |
Siendo todavía un adolescente imberbe, construyó una
casa sin ayuda ajena, en secreto, aprovechando momentos de ausencias o siestas
familiares. Nadie supo jamás que poseía aquella vivienda individual en plena
naturaleza, rodeada de fauna y flora. Siempre que algún problema lo desbordaba,
desaparecía unas horas; se refugiaba en su palacete y no volvía hasta superado
el desaliento. Al principio, preocupaban estas escapadas; pasados los años,
todo el mundo conocía su manía, e incluso lo animaban a irse cuando el
decaimiento era evidente.
En una ocasión, las horas de espera se volvieron días; teniendo en cuenta la edad del desaparecido y que no había llevado la medicación ni ropa de abrigo, iniciaron la búsqueda. Los perros adiestrados dieron con su rastro, que los dirigió a un viejo roble en las entrañas profundas del bosque. Una escalera tosca y medio deshecha les hizo levantar la vista. Arriba, la casita de madera, más increíble que real, albergaba un cuerpo rígido.
Investigación y autopsia concluyeron que, dado el deterioro de varios peldaños, seguramente rotos en su último ascenso, el anciano no se había atrevido a bajar.
Querida persoa:
Se estás lendo esta carta, será que tiveches acceso á miña intimidade. Non é preciso que o fagas ás agachadas; aínda que non leve enderezo, ía dirixida a ti. Escribina hai moito tempo en previsión deste acontecer. Atoparás outras se rebuscas polos caixóns ou entre a roupa, pero todas din o mesmo: grazas. Por estar aquí, por converterte en guía e bastón imprescindibles, por non abandonarme coma un trapo vello. Supuxen que, chegado este momento, non sabería demostrarche o meu amor. Por iso deixei ó teu alcance estas letras prefabricadas. Espero que elas e o meu presunto sorriso parvo che inspiren tenrura, ou compaixón polo menos; que o rozamento obrigado coa miña pel non che produza fastío. Seguramente xa non lembre o teu nome nin poida distinguir se es un dos meus fillos ou a coidadora asalariada que os libera desta carga. Nin sequera saberei con certeza se parín algunha vez, pero creo que, sexas quen sexas, merecerás gratitude e consideración infinitas. E abusando da túa xenerosidade, atrévome a suplicarche un último favor: non deixes que a miña demencia anule a túa dita. Cando chegues ó bordo dese precipicio, utiliza a caixa forte: dentro acharás todo o necesario para actuar sen rastro e compensar os teus remordementos. A clave de apertura está tatuada no meu lombo.
![]() |
| Imaxe procedente de internet |
Un abrazo eterno.
Querida persona:
Si estás leyendo esta carta, será que has tenido acceso a mi intimidad. No hace falta que lo hagas a escondidas; aunque no lleve señas, iba dirigida a ti. La he escrito hace mucho tiempo en previsión de este acontecer. Encontrarás otras si rebuscas por los cajones o entre la ropa, pero todas dicen lo mismo: gracias. Por estar aquí, por convertirte en guía y bastón imprescindibles, por no abandonarme como a un trapo viejo. Supuse que, llegado este momento, no sabría demostrarte mi amor. Por eso he dejado a tu alcance estas letras prefabricadas. Espero que ellas y mi presunta sonrisa tonta te inspiren ternura, o compasión al menos; que el roce obligado con mi piel no te produzca rechazo. Seguramente ya no recuerde tu nombre ni pueda distinguir si eres uno de mis hijos o la cuidadora asalariada que los libera de esta carga. Ni siquiera sabré con certeza si he parido alguna vez, pero creo que, seas quien seas, merecerás gratitud y consideración infinitas. Y abusando de tu generosidad, me atrevo a suplicarte un último favor: no dejes que mi demencia anule tu dicha. Cuando hayas llegado al borde de ese precipicio, utiliza la caja fuerte: dentro hallarás todo lo necesario para actuar sin rastro y compensar tus remordimientos. La clave de apertura está tatuada en mi espalda.
Un abrazo eterno.
Os
nosos deseñadores están a traballar sen descanso para que as pezas, tan
demandadas, estean dispoñibles canto antes nas novas boutiques: en varios talles,
adaptadas ás distintas idades e proporcións dos clientes; en algodón, liño ou
materiais innovadores; engurradas ou con pregos; con gomas elásticas ou cintas
de raso; estampadas, a cadros, transparentes...
Zara lévanos vantaxe pola súa indiscutible loxística, pero os artigos exclusivos que nós ofrecemos, a calidade das súas materias primas de estrita procedencia nacional, a pulcritude na confección e un potencial mercado, en clara expansión, farán deste negocio un éxito. Sen dúbida, foi unha idea brillante reconverter as clínicas de estética facial en tendas de máscaras luxosas.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |
Zara nos lleva ventaja por su indiscutible logística, pero los artículos exclusivos que nosotros ofrecemos, la calidad de sus materias primas de estricta procedencia nacional, la pulcritud en la confección y un potencial mercado, en clara expansión, harán de este negocio un éxito. Sin duda, ha sido una idea brillante reconvertir las clínicas de estética facial en tiendas de mascarillas lujosas.
![]() |
| (Imaxe procedente de internet) |