POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 dic 2011

MEL AMARGO / MIEL AMARGA

(Imaxe baixada de internet)



Buscou, entre as lembranzas, doce consolo. Pero só atopou sucedáneo feito paradoxo: lúa de mel, a súa primeira viaxe cara á amargura  actual. 






Buscó, entre los recuerdos, dulce consuelo. Pero sólo pudo hallar sucedáneo hecho paradoja: luna de miel, su primer viaje hacia la amargura actual.

3 dic 2011

BRINCABOIS / FALSA ORONJA



Tentas ó demo,
amanita muscaria.
Tan fermosa es…


Só con mirarte
alucino en colores.
Non quero máis.



A satán tientas,
amanita muscaria.
Tan hermosa eres…


Sólo con verte
alucino en colores.
No quiero más.

2 dic 2011

DESPEDIDA ETÍLICA

(Imaxe baixada de internet)
Aí quedas. Co meu corazón na túa copa, embriagado de amor, agardando que os efluvios do teu alcohol o anestesien para deixar de sufrir. ¡Pero en que boa compaña te deixo!: o meu corazón malferido e a túa fiel borracheira. Se algún día espertas do teu pesadelo, devólveme toda a vida que me roubaches. Mentres, espero non ter que emborracharme eu tamén para aprender a vivir sen corazón. Adeus.



Ahí te quedas. Con mi corazón en tu copa, embriagado de amor, esperando que los efluvios de tu alcohol lo anestesien para dejar de sufrir. ¡Pero en que buena compañía te dejo!: mi corazón malherido y tu fiel borrachera. Si algún día  despiertas de tu pesadilla, devuélveme toda la vida que me robaste. Mientras, espero no tener que emborracharme para aprender a vivir sin corazón. Adiós.

27 nov 2011

DIRECCIÓN EQUIVOCADA



(Imaxe baixada de internet)

De tanto mirar cara ó ceo, deixou de ver.




De tanto mirar al cielo, dejó de ver.

25 nov 2011

TOLEADA SABOROSA / LOCURA SABROSA



Tolos no monte.
Cogomelos ó cesto.
Despois, lupanda.




Locos al monte. 
Setas llenando cestos.
Después, festín.

22 nov 2011

¡ÁNIMO!

Un  aire cálido tróuxote a min.
Sería o levante ou que sei eu.
E abrinche a porta de par en par
con abrazos mancos, de corazón.
E fuches entrando, pouquiño a pouco,
ocupando espazos por habitar,
coa túa presenza alá na distancia,
con verbo amable e profesional.
E chegou o outono sen compaixón
xeando o vento que corta a alma.
¡Unamos forzas con esperanza,
cerremos portas a cal e pedra,
que o frío inverno pase de largo,
que brote o campo, que luza o sol!


BOSQUE EN PRIMAVERA, de Carmen López. (Interenet)

Un aire cálido te trajo a mí.
Sería el levante o qué sé yo.
Y abrí mi puerta de par en par.
Te abracé sin manos, de corazón.
Y fuiste entrando, poquito a poco,
ocupando espacios por habitar,
con tu presencia en la lejanía,
con verbo amable y profesional.
Y llegó el otoño sin compasión
helando el viento que corta el alma.
¡Unamos fuerzas con esperanza,
cerremos puertas a cal y canto,
que el frío invierno pase de largo,
que brote el campo, que luzca el sol!

21 nov 2011

EDITIÑO 3



Atopei triste cansazo
EQUILIBRIO INESTABLE, de Alejandro Turdó (Internet)
buscando inspiración.
Sofre equilibrio inestable
a balanza creativa.
Gañará
a inclinación ó silencio.



Encontré triste cansancio
buscando inspiración.
Sufre equilibrio inestable
la balanza creativa.
Ganará
la inclinación al silencio.

16 nov 2011

SARABIADA / GRANIZADA

(Imaxe baixada de internet)

A nube negra
dispara pedras brancas:
vinganza pura.




La nube negra
dispara piedras blancas:
venganza pura.






(Imaxe baixada de internet)
A nube rompe
en pedras de cristal:
xeo que abrasa.




La nube rompe 
en piedras de cristal:
hielo que abrasa.


11 nov 2011

INDIFERENZA CRÓNICA / INDIFERENCIA CRÓNICA

(Imaxe baixada de internet)




Ademais das mesas de madeira nobre, había un piano e un home. O pianista formaba parte do mobiliario. Tivo que morrer para dar fe da súa existencia. E só unhas vellas teclas botaron en falta as súas caricias.




Además de las mesas de madera noble, había un piano y un hombre. El pianista formaba parte del mobiliario. Tuvo que morirse para dar fe de su existencia. Y sólo unas viejas teclas echaron en falta sus caricias.

6 nov 2011

PASEO CARA Ó OUTRO MUNDO / PASEO HACIA EL MÁS ALLÁ

(Imaxe baixada de internet)
Cunha man agarran cadanseu caxato. Coa outra, apóianse un no outro. Coa ansia de seguir xuntos, adhírense á vida, que intenta despegalos a forza de golpes. Cando o primeiro se solte, o segundo caerá. E mentres agardan, camiñan, lentamente camiñan.


Con una mano, se agarran a sus respectivos bastones. Con la otra, se apoyan entre sí. Con el ansia de seguir juntos, se adhieren a la vida, que intenta despegarlos a fuerza de golpes. Cuando el primero se suelte, el segundo caerá. Y mientras esperan, caminan, lentamente caminan.

(Relato seleccionado para formar parte do libriño titulado BOCADOS SABROSOS, resultado do I Concurso de Microrrelatos ACEN)

1 nov 2011

ARAÑEIRA / TELARAÑA



(Imaxe baixada de internet)

A araña espera.
Unha mosca agoniza
entre os seus fíos.



La araña espera.
Una mosca agoniza 
entre sus hilos.

27 oct 2011

DESCONSIDERADA


(Imaxe baixada de internet)


Agardábana para comer e aforcouse sen avisar.




La esperaban para comer y se ahorcó sin avisar.


22 oct 2011

MORRIÑA DA ESCOLA/ MORRIÑA DE LA ESCUELA

        
          Xa hai moito tempo que non vou á escola. Non é que  non queira ir, é que non me deixan. Eu degoiro por volver, pero non podo, e iso que vivo preto dela.
         Onte entroume tanta morriña que, cando sentín o balbordo dos rapaces no recreo, boteime fóra e achegueime ó patio. Oía, pero non vía nada. Non sabía se empolicarme no valo ou meter a cabeza por un burato que fixeron os cativos no muro. Tiven medo de que me quedase a cachola entalada, así que empecei a rubir pola parede. Mellor dito, intenteino; pero non o conseguín, claro. Así que tiven que conformarme con arrimar a orella e imaxinar o que pasaba dentro. Ata min chegaban con claridade os berros dun rapaz groseiro e violento. Pareceume que sería Ramón Penedo. Non mellorou nada, o pobre. Menos mal que a maioría son cativos educados, xenerosos e simpáticos. 
        Tan entretida estaba que non me decatei do zumbido dunha abella que libaba  nunhas flores do camiño. Sen querer, molesteina e defendeuse espetándome o seu aguillón nunha man. ¡Que pouco me durou o recreo! Tiven que correr cara á casa para poñerlle remedio á dor. Boteille de todo o que atopei: vinagre, comiños, sal, aceite... Vaia, que adobei a man, pero non debín de atinar cos ingredientes porque me seguiu doendo todo o día, a condenada.
          Aínda non vos dixen o motivo polo que non podo ir á escola, á miña querida escola: porque levo dous anos xubilada.


(Imaxe baixada de internet)
        
          Ya hace mucho tiempo que no voy al colegio. No es que no quiera ir, es que no me dejan. Yo me muero por volver, pero no puedo, y eso que vivo cerquita.
         Ayer me entró tanta nostalgia que, cuando sentí el alboroto de los niños en el recreo, me eché fuera y me acerqué al patio. Oía, pero no veía nada. No sabía si encaramarme a la valla o introducir la cabeza por un agujero que han hecho los chavales en el muro. Tuve miedo de que me quedase la  chola aprisionada , así que empecé a escalar por la pared. Mejor dicho, lo intenté; pero no lo conseguí, claro. Así que tuve que conformarme con arrimar la oreja e imaginar lo que pasaba dentro. Hasta mí llegaban con claridad los gritos de un chico grosero y violento. Pienso que sería Ramón Penedo. No ha mejorado nada, el pobre. Menos mal que la mayoría son niños educados, generosos y simpáticos.
          Tan entretenida estaba que no me di cuenta del zumbido de una abeja que libaba en unas flores del camino. Sin querer, la molesté y se defendió clavándome su aguijón en una mano. ¡Qué poco me duró el recreo! Tuve que correr a casa para ponerle remedio al dolor. Le eché de todo lo que encontré: vinagre, cominos, sal, aceite ... Vaya, que adobé la mano, pero no debí de atinar con los ingredientes porque me siguió doliendo todo el día, la condenada.
          Todavía no os he dicho el motivo por el que no puedo ir a la escuela, a mi querida escuela: porque llevo dos años jubilada.

17 oct 2011

DIFERENZAS / DIFERENCIAS

(Imaxe baixada de internet)

Chuvia de estrelas 
as bágoas doridas
do neno amado.
Noite escura o sorriso
nos ollos secos do orfo.




(Imaxe baixada de internet)


Lluvia de estrellas
el llanto dolorido
del niño amado.
Noche oscura la risa
en ojos secos de huérfano.

12 oct 2011

UN MÁIS UN NON SON DOUS/ UNO MÁS UNO NO SON DOS

Non sei se te amo ou me queres;
se me adoras ou te aprecio.
Tampouco sei se me atraes;
ou se aínda me desexas.

Pero sabes
que se te vas, non respiro;
que se penso, penso en ti;
que nacín cando chegaches
e morro cando me faltas.

E sabemos
que nos mantemos unidos
co fío da liberdade.
Que por vías paralelas
camiñamos abrazados.



(Imaxe baixada de internet)
No sé si te amo o me quieres;
si me adoras o te aprecio.
Tampoco sé si me atraes;
o si tú aún me deseas.

Pero sabes
que si te vas, no respiro;
que si pienso, pienso en ti;
que nací cuando llegaste
y muero cuando me faltas.

Y sabemos
que perduramos unidos
con hilos de libertad.
Que por vías paralelas
caminamos abrazados.

8 oct 2011

¡POR FIN!



"El anciano" de Jorge Tello (internet)


Dedicou a súa vida a buscar felicidade e non a atopou. Pero non se rende: espera, ilusionado, a ventura da morte.




Dedicó su vida a buscar la felicidad y no la halló. Pero no se rinde: espera, ilusionado, la dicha de la muerte.

3 oct 2011

TRONADA



(Imaxe baixada de internet)
Antes do trono
o lóstrego fugaz:
clímax de nube. 




Antes del trueno
relámpago fugaz:
clímax de nube.

28 sept 2011

EDITIÑO 2

O caos organizado
esgalla polas xuntas
esparexendo inquedanza.
Non intentes comprendelo,
caos é.
Pecha os ollos e tira.


Pintura de Franz Marc, Tyrol (Internet)




El caos organizado
se rasga por las juntas
esparciendo la inquietud.
No pretendas comprenderlo,
caos es.
Cierra los ojos y anda.

23 sept 2011

MALDITA ORTOGRAFÍA


(Imaxe baixada de internet)
Ortografía. ¡Que fría!
Coma xeo quedo sempre
cando a mestra me suspende
por meter a pata en había.

Disque con hache e con be.
Que ganas de marear!
¿Non era mellor borrar
ese hache dunha vez?


Había, está todo dito:
se había, xa non hai.
Iso é o que di meu pai
cando eu cartos lle pido...

Pois mira que amola ben
o be no sitio do uve.
Se dicimos nube, sube,
¿por que escribimos be?

E non falemos do que,
isto é por molestar.
Se queres dicir ca-ca,
en vez de que, ce.

Nenos e nenas, todos e todas,
isto non hai quen o compoña.
E despois tanta oenegué.
¿Para que?




(Imaxe baixada de internet)
Ortografía. ¡Qué fría!
Como el hielo quedo siempre
cuando en clase me suspenden
por meter la pata en había.

Dicen con hache y con be.
¡Qué ganas de marear!
¿No será mejor borrar
esa hache de una vez?




Había, está todo dicho:
si había, ya no hay.
Así me dice papá
cuando dinero le pido.

Mira que fastidia bien
la be en lugar de la uve.
Si decimos nube, sube,
¿por qué escribimos be?

Y ni hablar de la cu,
esto es por molestar.
Si quieres decir ca-ca,
en vez de cu, ce.

Niños y niñas, todos y todas,
esto no hay quien lo componga
Y después tanta oenegué.
¿Para qué?

18 sept 2011

XOANIÑA / MARIQUITA


Puntos de noite
sobre vermello aceso:
eu, xoaniña.


(Imaxe baixada de internet)
¡Voa, reluce!,
fráxil coral de terra,
carbón e lume.





Puntos de noche
sobre rojo encendido:
la mariquita.


¡Vuela, reluce!,
frágil coral de tierra,
carbón y fuego.

14 sept 2011

DESILUSIÓN


Cada amencer, lea recordos e ilusións nun mesmo fardo agardando que se fagan presente.

Cada noite, déitase coa mesma realidade.



(Imaxe baixada de internet)

Cada amanecer, lía recuerdos e ilusiones en un mismo fardo esperando que se hagan presente.

Cada noche, se acuesta con la misma realidad.

10 sept 2011

TRISTE REALIDADE / TRISTE REALIDAD

(Imaxe baixada de internet)


Primeiro pareceulle  a pel  de muller máis suave do mundo. Despois comprobou que era un potente imán. O seu polo sur detectárao e tomaba dirección norte. Non había luz, pero as súas mans, con vida propia, guiábano por infindas curvas provocándolle unha agradable sensación de mareo. Sentiu sede e saciouna no manancial duns labios prohibidos. Quería quedar alí para sempre, pero o final acercábase e non podía evitalo. Espertou de súpeto, ampeando, mollado… Ó seu carón, coma sempre, a súa esposa roncaba. Gustaríalle seguir soñando.





Primero le pareció la piel de mujer más suave del mundo. Después comprobó que era un potente imán. Su polo sur lo había detectado y tomaba dirección norte. No había luz, pero sus manos, con vida propia, lo guiaban por infinitas curvas provocándole una agradable sensación de mareo. Sintió sed y la sació en el manantial de unos labios prohibidos. Querría quedarse allí para siempre, pero el final se acercaba y no podía evitarlo. Se despertó de cuajo, jadeante, sudoroso, mojado…A su lado, como siempre, su esposa roncaba. Le gustaría seguir soñando.

2 sept 2011

ESCURIDADE / OSCURIDAD



(Imaxe baixada de internet)



Na noite escura
brillan estrelas brancas
por compaixón.
Busco na miña noite
esmola envolta en luz.





Entre tinieblas 
brillan estrellas blancas
por compasión.
Busco en mi noche oscura
limosna envuelta en luz.

28 ago 2011

REFLEXIÓN

(Imaxe baixada de internet)
recitado
Un vidro transparente atravesa o camiño.   
Esnáfrome e recúo. Reflexiono. 
Achégome e intento esnaquizalo
disparando palabras ó aire.
Inútil. Pero queda fendido e toldado.
Xa non vexo a fermosa paisaxe
que antes albiscaba desde lonxe.
Reflexiono. Desandar un camiño incerto
ou avanzar. Decido rodealo
e seguir sen présa, en silencio.
Miro cara atrás e non hai vidro.
Converteuse en muro de pedra infindo.
Imposible retroceder. ¡Adiante!



Un vidrio transparente atraviesa el camino.
Me estrello y reculo. Reflexiono.
Me acerco e intento quebrarlo
(Imaxe baixada de internet)
disparando palabras al aire.
Inútil. Pero queda agrietado y opaco.
Ya no veo el hermoso paisaje
que antes divisaba a lo lejos.
Reflexiono. Desandar un camino incierto
o avanzar. Decido rodearlo
y seguir sin prisa, en silencio.
Miro hacia atrás y no hay vidrio.
Se ha vuelto muro de piedra infinito.
Imposible retroceder. ¡Adelante!

23 ago 2011

TERAPIA DE GRUPO

 

(Imaxe baixada de internet)



Estaba enfermo de soidade. O psiquiatra receitoulle frecuentar lugares concorridos. E curou: aprendeu a vivir só entre moita xente soa.






Estaba enfermo de soledad. El psiquiatra le recetó frecuentar lugares concurridos. Y se curó: aprendió a vivir solo entre mucha gente sola.

18 ago 2011

AMENCER / AMANECER

(Imaxe baixada de internet)



Xa vén o día
sen recato ningún
ata o meu cuarto.



Ya viene el día,
Perico por su casa,
hasta mi alcoba.

14 ago 2011

PROHIBIDO SOÑAR


(Imaxe baixada de internet, editada)

Estrañoume o silencio absoluto. Non oía a ducha de miña nai, nin os xogos do meu irmán pequeno, nin o gato, nin a tose de papá... Asusteime moito e peguei un berro tremendo. Entón si que houbo estrondo: acababa de espertar, unha noite máis, á casa enteira.
Desde aquela, teño prohibido soñar.




          Me extrañó el silencio absoluto. No oía a mi madre en la ducha, ni los juegos de mi hermano pequeño, ni el gato, ni la tos de papá... Me asusté mucho y di un grito tremendo. Entonces sí que hubo estruendo: acababa de despertar, una noche más, a todo el mundo.
          Ahora tengo prohibido soñar.

9 ago 2011

SE OS PAXAROS FALASEN.../SI LOS PÁJAROS HABLARAN...


A calor da tarde tomboume medio espida debaixo da figueira. Algúns raios ousados coáronse entre as follas para bicarme a pel e facerme pechar os ollos. Pouco a pouco, envolta en rechouchíos e fantasías, quedei durmida.

Espertoume unha lingua coñecida rubindo polos meus pés. Coma unha estatua, sen mover nin as pálpebras, deixeime invadir. E seguiu avanzando. E sentía as cóxegas do bigote nas inguas e as uñas contidas nos peitos. E outra vez a lingua. E descendía o seu peso polo meu ventre, e elevábame eu cara ás nubes...

Un paxaro inoportuno distraeuna e interrompeu o meu voo. Tiven que rematar á man o que a gata deixara a medias.






          El calor de la tarde me tumbó medio desnuda bajo la higuera. Algunos rayos osados se colaron entre las hojas para besarme la piel y hacerme cerrar los ojos. Poco a poco, envuelta en trinos y ensoñaciones, me quedé dormida.
          Me despertó una lengua conocida trepando por mis pies. Como una estatua, sin mover los párpados siquiera, me dejé invadir. Y siguió avanzando. Y sentía las cosquillas del bigote en las ingles, y las uñas contenidas en los pechos. Y otra vez la lengua. Y descendía su peso por mi vientre, y me elevaba yo hacia las nubes…
          Un pájaro inoportuno atrajo su atención e interrumpió mi vuelo. Tuve que rematar a mano lo que la gata había dejado a medias.

5 ago 2011

VERÁN TÓRRIDO / VERANO TÓRRIDO


(Imaxe baixada de internet)
Dentro da flor
a bolboreta espida.
Fóra, o inferno.




Entre las flores
mariposas desnudas.
Afuera infierno.