POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 may 2025

INERCIA

 

Estou ó volante nunha retención camiño do traballo. Aproveito para maquillarme, repasar os apuntamentos da oposición, planificar tarefas domésticas… De súpeto, a caravana móvese e aínda non acabei. ¡Os atascos xa non son o que eran! Cambiarei de ruta, a ver se hai máis sorte.

 

Imaxe procedente de interne

Estoy al volante en una retención camino del trabajo. Aprovecho para maquillarme, repasar los apuntes de la oposición, planificar tareas domésticas… De repente, la caravana se mueve y todavía no he acabado. ¡Los atascos ya no son lo que eran! Cambiaré de ruta, a ver si hay más suerte.

 


No hay comentarios: