POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 dic 2022

VÍSCERAS




O guiso ole ben, pero a nena está entretida buscando o seu gatiño e non quere comer. A nai insiste: non pode ir para a cama morta de frío e co estómago baleiro. O micho segue sen aparecer.

 


El guiso huele bien, pero la niña está entretenida buscando a su gatito y no quiere comer. La madre insiste: no puede irse a la cama muerta de frío y con el estómago vacío. El minino sigue sin aparecer.



No hay comentarios: