POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 oct 2022

GRAZAS, AMIGA / GRACIAS, AMIGA

                RECITADO

Son muíño devastado

tentando moer en seco 

hostias que a vida me trae.

E chegas ti de ben lonxe

dando un brinco de mil anos

con aroma a mar de infancia

e confidencias arcaicas.

Empurras con auga morna

este meu rodicio canso;

lubricas con aloumiños

a maquinaria de pedra,

nula inspiración defunta

que se ve resucitando:

moitos días e máis noites

esfarelando palabras

tan só para dicir GRAZAS.


(Imaxe procedente de internet)

Soy molino devastado

buscando moler en seco 

hostias que la vida trae.

Y llegas tú de muy lejos

dando un salto de mil años

con aroma a mar de infancia

y confidencias arcaicas.

Empujas con agua tibia

este rodezno cansado;

lubricas con alabanzas

la maquinaria de piedra,

nula inspiración difunta

que se ve resucitando:

muchos días y más noches

desmigajando palabras

solo para decir GRACIAS.

 

No hay comentarios: