Os
nosos deseñadores están a traballar sen descanso para que as pezas, tan
demandadas, estean dispoñibles canto antes nas novas boutiques: en varios talles,
adaptadas ás distintas idades e proporcións dos clientes; en algodón, liño ou
materiais innovadores; engurradas ou con pregos; con gomas elásticas ou cintas
de raso; estampadas, a cadros, transparentes...
Zara lévanos vantaxe pola súa indiscutible loxística, pero os artigos exclusivos que nós ofrecemos, a calidade das súas materias primas de estrita procedencia nacional, a pulcritude na confección e un potencial mercado, en clara expansión, farán deste negocio un éxito. Sen dúbida, foi unha idea brillante reconverter as clínicas de estética facial en tendas de máscaras luxosas.
(Imaxe procedente de internet) |
Zara nos lleva ventaja por su indiscutible logística, pero los artículos exclusivos que nosotros ofrecemos, la calidad de sus materias primas de estricta procedencia nacional, la pulcritud en la confección y un potencial mercado, en clara expansión, harán de este negocio un éxito. Sin duda, ha sido una idea brillante reconvertir las clínicas de estética facial en tiendas de mascarillas lujosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario