¿Por que diantres os seus donos os abandonaron nese inhóspito lugar? ¿Que farán agora sen a súa protección? ¿De que xeito conseguirán subsistir? ¿Como poderán regresar á casa? ¿Por que se deixaron guiar ata ese bosque tan afastado? Só eles, agora ausentes, saberían responder. O xogo parecía divertido e confiáronse coma sempre, sen sospeitar o máis mínimo que todo era unha trampa premeditada dos seus móbiles e tabletas: leváronos ata alí para deixalos tirados. Deambulan sen rumbo, en silencio, chocando uns cos outros; intentan, inútilmente, controlar os movementos espasmódicos dos seus polgares inactivos. O fin está cerca. Apagaranse ignorando se os aparatos se vingaron ou foi unha simple rebelión.
(Imaxe procedente
de internet)
|
Creado para REC
1 comentario:
Como pequeños Terminators, je je.
Bien visto, Noz.
Abrazos.
Publicar un comentario