POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 dic 2014

INDICIOS


(Imaxe baixada de internet)

Ten unha voz suave; en cambio, as súas palabras son ásperas. Destilan dor, preocupación, medo... Esta rapaza di moito máis do que conta. Teremos que escoitala unha e outra vez ata que descubramos a intención de cada unha das súas frases. Detrás desa indiscutible intelixencia, poida que se agoche unha gran xenerosidade: ela presentía o seu final e quixo favorecer o noso traballo regalándonos estas gravacións. 





Tiene una voz suave; en cambio, sus palabras son ásperas. Destilan dolor, preocupación, miedo... Esta chica  dice mucho más de lo que cuenta. Tendremos que escucharla una y otra vez hasta que descubramos la intención de cada una de sus frases. Detrás de esa indiscutible inteligencia, puede que se esconda una gran generosidad: ella presentía su final y quiso favorecer nuestro trabajo regalándonos estas grabaciones. 



No hay comentarios: