POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 abr 2014

FULGOR HUMANO


No meu ceo de papel charón, unha estrela cégame. ¿Miro cara outro lado? ¿Poño gafas de sol? ¿Ocúltoa cunha nube? ¿Doulle a volta? ¿Eclípsoa con luz intensa?

(Imaxe baixada de internet)


En mi cielo de papel charol, una estrella me deslumbra. ¿Miro hacia otro lado? ¿Me pongo gafas de sol? ¿La oculto con una nube? ¿Le doy la vuelta? ¿La eclipso con luz intensa?


2 comentarios:

suaseiras dijo...

Se cambiamos de papel?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja. Non caíra. Claro que, como todo é unha metáfora (fíxate no título), o do papel charón é unha disculpa necesaria. ¡Se non quédome sen argumento! :-)