desta fermosa
Galicia,
vivía unha nena
meiga
feliz coa súa
familia.
Non era nena
calquera.
Mara, que así
lle chamaban,
tiña un pequeno
problema
pero non se
decatara.
¿Sabedes que
cousa era?
¿Querédelo ver
axiña?
Pois esta nena
pavera
soñaba só
espertiña.
Soñaba o que lle
conviña,
sempre con
cousiñas boas:
con lambetadas,
amigas,
festas e con
roupa nova.
O malo éravos na
escola
que sempre en vez
de estudar,
parola que te
parola
mentres estaba a
soñar.
A mestra non daba
creto,
que nunca tal
cousa vira:
¡soñar cos
ollos abertos
e con voz alta,
por riba...!
Pois así todos
os días:
nos soños, era
paxaro,
no zoo, cos monos
ría,
convertíase nun
sapo...
-¡Xa está ben!
(dixo mamá).
Ó médico hai
que ir.
Esta nena está
moi mal,
non sabe chorar,
e ri.
Mirouna e
remirouna
o señor doutor,
moi serio,
e despois dixo
con sorna:
-¡Xa atopei o
remedio!
Ten que ir mañá
ben cedo,
aínda ben non
abra o día,
pola praia de
paseo
cunha ortiga na
barriga.
-Pero mañá haille escola
(dixo a nai moi
sorprendida)
-Ten que ser así,
señora,
para sandar a
meniña.
Así foi. Así se
fixo.
O remedio era
barato...
E indo xa de
camiño,
¿sabedes que viu
nun charco?
Unha gaivota
morrendo
porque voar non
podía.
¡O chapapote
noxento
íalle quitar a
vida!
Xa non fixo falta
ortiga
nin tampouco
pasear,
a negrura que ela
vira
si que a podía
curar.
¿E curou Mara?
Pois si.
Xa só polas
noites soña.
E tamén deixou
de rir,
¡Pero quen dixo
chorar!
Isto é un conto,
xa ves,
e podes imaxinar
que todo pasa ó
revés.
E como Mara
Mariña,
é unha meiga
meiguiña,
pode tornar en
ledicia
a tristura de
Galicia.
* Texto creado naquel ano fatal con fins didácticos, para ser narrado no escenario. Nunca pensei subilo aquí, pero... Non o traduzo porque non creo que sexa necesario, o mundo enteiro sabe de que vai.
5 comentarios:
Canto me gustou este contiño versado!!!
Canto!
Pois a min, a pesar do traballiño que me deu, non acaba de convencerme, pero encántame que che guste. E iso que non o viches narrado por Raqueliña Cernadas. ¡Aí si que lucía!
Oxalá fora conto para poder imaxinar que todo pasa ao revés,oxalá!!
A pesar do fatal acontecemento, versos moi bonitos Ma Doé. Emocionan e moito!
Silvia.
Que ben, Silvia, alégrome moito.
Publicar un comentario