POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
5 comentarios:
Moi vermello, moi vermello non é que sexa... a verdade... pero hai que recoñecer que SEN CABLES a foto está guai guai guai.
A ver... A foto, sacada cunha cámara de museo, á noitiña, a esa distancia, non di o que é; pero as nubes superiores, as que estaban paradas, si que eran vermellas vermellas. O cable afeaba, pero tiña o seu aquel, era real, poñíanos os pés na terra... :-)
Espectacular!!
E para que queres ter sempre os pés na terra co bonito que é soñar!
É un dicir...
Porque a min pásame coma ó gato do outro conto: non atopo as ás e dame vértigo andar polo aire.... :-)
Publicar un comentario