POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 oct 2013

CUÑADAS


Son as dúas caras dunha moeda, pero comparten presuntos afectos dun home e paixón desmedida por botarse ó monte no outono, sempre por separado e ás agachadas. El, gran sibarita, é o máis beneficiado desta tolemia transitoria: o mesmo se volve cabaleiro degustanto tricholomas equestres cociñadas por súa irmá, que se converte no césar do imperio da súa casa devorando a exquisita amanita caesarea preparada pola muller. Iso si, ten o saudable costume de que o primeiro bocado sexa sempre para a anfitrioa do momento. ¡Canto cine viu e que pouco entende de toxicidade micolóxica!




(Imaxe baixada de internet)
Son las dos caras de una moneda, pero comparten presuntos afectos de un hombre y pasión desmedida por echarse al monte en otoño, siempre por separado y a hurtadillas. Él, gran sibarita, es el más beneficiado de esta locura transitoria: lo mismo se vuelve caballero degustando tricholomas equestres cocinadas por su hermana, que se convierte en el césar del imperio de su casa devorando las exquisitas oronjas preparadas por su mujer. Eso sí, tiene la sana costumbre de que el primer bocado sea siempre para la anfitriona de turno. ¡Cuánto cine vio y que poco entiende de toxicidad micológica!



Seleccionado e publicado no  libro "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"

4 comentarios:

suaseiras dijo...

Pemento demáis, non cres!?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non estou segura de que sexa pemento. Deixémolo en "verde de máis". Pero, con herba e todo, teñen unha pintaza... :-)

Anónimo dijo...

Afortunado el, que pode probar as delicias de temporada en distintas versións! :P :D

S.PG

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja. Lástima que sexa todo conto.