POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 sept 2013

ORBALLO / LLOVIZNA


(Imaxe baixada de internet)




Un día máis
orballa paseniño
no chan mollado.
A terra vai engulindo
submisa, resignada.







Un día más
llovizna despacito
sobre mojado.
La tierra va tragando
sumisa, resignada.


3 comentarios:

carnota dijo...

A chuvia!! A humidade!! A auga fai falta pero agora non: ¡¡MAÑÁ!!

suaseiras dijo...

Ja, a terra de suaseiras, por un oído lle entra e polo outro lle sae.

Moi bom o haiku. Somos todxs moi resignadxs e moi submisxs coma a nosa terra.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Queeeee? ¿Estáaaaas segura? ¿Toooooodas resignadas?