POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 sept 2013

CANTIGA

   (Imaxe baixada de internet)




Quen tivera intelixencia
para facer unha cantiga
desde o meu punto de vista,
sen palabras rimbombantes,
con ideas transparentes.
A cantiga falaría
dos meniños das escolas;
non son nenos
que son rodas;
non son nenos,
son espellos
do que queremos.
E sería tan sinxela
que, sen ser intelixente,
a xente comprendería
a cantiga que eu faría
se tivese intelixencia.
Quen tivera intelixencia
para facer unha cantiga
desde outro punto de vista,
con palabras rimbombantes,
sen ideas transparentes.
A cantiga falaría
de disléxicos, dislálicos,
de nenos inadaptados,
discalcúlicos, disgráficos,
de mestres desesperados,
de escolas masificadas,
de roladas.
E sería complicada,
tan só a xente informada
entendería a cantiga
que eu faría
se tivese intelixencia.
Quen tivera intelixencia
para facerse intelixente.

Quen tivera intelixencia
para facer intelixentes.



Quién tuviera inteligencia
(Imaxe baixada de internet)
para hacer una canción
desde mi punto de vista,
sin palabras rimbombantes,
con ideas transparentes.

Esa canción hablaría
de los niños de la escuela;
no son niños
que son ruedas;
no son niños,
son espejos
de lo que queremos.
Y sería tan sencilla
que, sin ser inteligente,
la gente comprendería
la canción que yo haría
si tuviera inteligencia.

Quién tuviera inteligencia
para hacer una canción
desde otro punto de vista,
con palabras rimbombantes,
sin ideas transparentes.
Esa canción hablaría
de disléxicos, dislálicos,
de niños inadaptados,
discalcúlicos, disgráficos,
maestros desesperados,
   (Imaxe baixada de internet)
escuelas masificadas,
de manadas.

Y sería complicada,
sólo la gente informada
entendería la canción
que yo haría
si tuviera inteligencia.

Quién tuviera inteligencia
para hacerse inteligente.

Quién tuviera inteligencia
para hacer inteligentes.


2 comentarios:

rascacheira dijo...

Sóame esta cancionciña... pero non lle vin a música aínda.

Edita Nogueira Tallón dijo...

"Las cosas de palacio van despacio"