POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 jun 2013

SIMBIOSE / SIMBIOSIS








Camiña a diario coa súa veciña da alma, adicta a embutidos e bolos. Ela, non; pero acompáñaa encantada. En época de cogomelos, sen que a outra, faladeira  incansable, se decate, vaina desviando da ruta do colesterol; se hai sorte, a bolsiña, camuflada con premeditación, volve cargada. O resto do ano, acostuma coller tortícolis de tanto xirar a cabeza cara ás cunetas, montes, xardíns… e calquera lugar propicio para que un despistado fungo asome. Aínda que o máis complicado é, sen dúbida, evitar que a compañeira do paseo descubra que non a escoita.

                                                                     
                                           

Camina diariamente con su vecina del alma, adicta a embutidos y bollería. Ella, no; pero la acompaña encantada. En época de setas, sin que la otra, charlatana incansable, se dé apenas cuenta, la va desviando de la ruta del colesterol; si hay suerte, la bolsita, camuflada al efecto con premeditación, regresa cargada. El resto del año, suele coger tortícolis de tanto girar la cabeza hacia cunetas, montes, jardines… y todo lugar propicio para que un despistado hongo asome. Aunque lo más complicado es, sin duda, evitar que su compañera de paseo descubra que no la escucha.


 Seleccionado e publicado no  "Tercer Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE"



2 comentarios:

rascacheira dijo...

A compañeira... non entra no blog???

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja. Non, teño esa sorte. De todos xeitos, é conto, todo conto. Ela acompáñame encantada ó monte se llo pido e ata me axuda a buscar, e iso que ela non os quere. Así que ten que estar encantada de que a "usara" como protagonista. :-)