POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 jun 2013

CEREIXAS / CEREZAS




(Imaxe baixada de internet)


Froitas de xuño
que me levan á orixe
dos sentimentos
con bicos de color
sempre de dous en dous.









      Fruta de junio
               que me lleva al origen
                                       más emotivo
                                                  con besos de color
                                                                 siempre de dos en dos.



1 comentario:

carnota dijo...

Bicos de color, de arrecendo e de SABOOOOOORRRRRRR!!!!!! Ummm, están pa comelas.