POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 abr 2013

¡QUE FORTE! / ¡QUÉ FUERTE!


  
Do tedio e a rutina da oficina á aventura máis excitante, había só un paso: esquecerse dos papeis amoreados e mergullarse de cabeza nas augas profundas de internet. O que empezou sendo unha táboa de salvación para non morrer de noxo, converteuse nunha imprescindible máscara de osíxeno. A súa inmersión máis arriscada foi convencer a un dos seus incontables contactos cibernéticos para que se coñecesen persoalmente. O descoñecido propuxo que se visen primeiro por calquera medio audiovisual; pero ela precisaba con urxencia unha experiencia forte. ¡E abofé que a conseguiu! Suou adrenalina cando, na cita a cegas, se atopou coa súa xefa.


(Imaxe baixada de internet)

Del tedio y la rutina de la oficina a la aventura más excitante, había sólo un paso: olvidarse de los papeles amontonados y sumergirse de cabeza en las aguas profundas de internet. Lo que empezó siendo una tabla de salvación para no morir de asco, se convirtió en una imprescindible máscara de oxígeno. Su inmersión más arriesgada fue convencer a uno de sus incontables contactos cibernéticos para que se conocieran personalmente. El desconocido propuso que se vieran primero por cualquier medio audiovisual; pero ella necesitaba con urgencia una experiencia fuerte. ¡Y vaya si la consiguió! Sudó adrenalina cuando, en la cita a ciegas, se encontró con su jefa.




5 comentarios:

suaseiras dijo...

Ten a súa tela.
Ten o seu conto e a súa historia.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Todo conto. Pero hoxe todo é posible...

SilviaPG dijo...

Na época na que todo se sabe... Grazas ao Interné! ;-)

Polo menos quédalle como anécdota para contar! :D

Saúdos! :)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, ás veces ata se sabe máis ca todo... Pero non sempre se sabe o que convén.
Tamén se aprende moito polas mamás, esa internet é de banda ancha e non falla nunca. Seguro, seguro que onte che trasladou os meus bicos a toda velocidade. :-)

SilviaPG dijo...

Jejeje, sinto dicirche que foi con unha velocidade de tartaruga... Pero chegar chegou, abofé! jejeje ;)