(Imaxe
baixada de internet)
|
Arrímase á beira da cama pero non lle vale de
nada. Aí segue ela, ousada, ameazante, invasora... O noxo que lle produce impídelle actuar con serenidade, pensar, urdir un plan de ataque;
nin tan sequera sabe como defenderse. A cada centímetro que a
intrusa avanza, vaise encollendo, paralízase. Tampouco se atreve a
prender a luz. Ante o inminente contacto, só lle queda berrar. Pero
a gorxa non responde; en silencio, repite ata perder o sentido: “¡¡Unha
araña, unha araña!!”.
Se arrima al borde de la cama, pero no le sirve de
nada. Ahí sigue ella, osada, amenazante, invasora… La
repulsión que le provoca le impide actuar con serenidad, pensar,
urdir un plan de ataque; ni siquiera sabe cómo defenderse. A cada
centímetro que la intrusa avanza, se va encogiendo, se paraliza.
Tampoco se atreve a encender la luz. Ante el inminente contacto, sólo
le queda gritar. Pero la voz no responde; y en completo silencio,
repite hasta desmayarse: “¡¡Una araña, una araña…!!”.
6 comentarios:
E non sería mellor pensar "mira que ben, unha trampa para moscas e outra bichería molesta"???
Si, claro... ¿E daquela onde estaba o pesadelo?
Nesta, acordeime de "Eutimus"
O da araña é simbólico,tamén podía ser unha mosca ou un coche, ou un can ou un paxaro ou un político---Un medo!!!
Si, eu tamén me acordei dela, mais foi de casualidade. Si, podería ser calquera cousa, pero pretendía que fose "realista". A miña intención é que non parecese un soño.
Qué?? Pois o título, moito non axuda. Mmmm, ti saberás...
Carai, non das puntada sen fío, es un perigo...:-) Tes toda a razón do mundo, o título non está moi logrado e iso que lle dei ben voltas. Terei que seguir discurrindo. De momento, mentres que non se me acenda a bombilla, vou cambiar pesadelo por fobia. ¿Mellor así ou peor?
Publicar un comentario