POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 abr 2013

FATALIDADE / FATALIDAD


Xa están aí, sinto subir o ascensor. Non, parou no 3º... Agora si, non hai dúbida. ¡Que maneira de timbrar! Chegou a hora. Teño que actuar con dilixencia, antes de que boten a porta abaixo. Non me podo volver atrás, fareino tal como o tiña premeditado: se me lanzo desde aquí, non me reterá ningún tendal. ¡Levarán a miña casa, a miña vida, pero a min non me desafiuzan! ¡¡Xaaaaa!!

─¡Mamá, abre dunha vez, que che traemos a netiña!




(Imaxe baixada de internet)
Ya están ahí, oigo subir el ascensor. No, se ha detenido en el 3º… Ahora sí, no hay duda. ¡Qué manera de timbrar! Llegó la hora. Tengo que actuar con diligencia, antes de que echen la puerta abajo. No me puedo volver atrás, lo haré tal como lo tenía premeditado: si me lanzo desde aquí, no me retendrá ningún tendal. ¡Se llevarán mi casa, mi vida, pero a mí no me desahucian! ¡¡Yaaaaa!!

¡Mamá, abre de una vez, que te traemos a la nietecita!






(Este relato está publicado no libro titulado “AHÍ ESTÁN… las puertas de Boal” “EI TÁN… as portas de Boal”).

1 comentario:

suaseiras dijo...

Joder!!
Un bo etiquetado.