Miña irmá, de nove anos, métese na cama
e tapa os oídos. Eu, catorce meses máis vella, fágome a forte e
non me agacho. Comeza a función: carreiras, berros, fuxida frustrada
do protagonista... Un dos asasinos magóase e véxome cun caldeiro na
man ocupando o seu lugar. No momento álxido, non resisto o horror;
cerro os ollos e descoido a orientación do recipiente. Cando o porco
cala ó fin, ábroos, observando que o sangue está repartido entre o meu
vestido e o chan. Este ano quedamos sen morcilla.
(Imaxe
baixada de internet)
|
8 comentarios:
Visto dende aquela, ten (pa mín) outra perspectiva.Claro, hoxe mesmo, estamos moi "sensiblizados",non queremos velo, máis, non soportamos velo...Pero, queremos comelo!
Onde está a diferencia....??
Que conste, está moi ben transmitida a mensaxe.
E que conste tamén, que non é agradable.
Meu pai, sempre facía da historia un verdadeiro "comic" Ou unha traxedia humorística.
É que teu pai é moito. Creo que é a persoa con máis sentido do humor que coñezo.
Real, real??? Ti corrías detrás do porquiño???
Por iso hai que facerse flexitariano (vaia palabreja!)
Real, real..., non; pero realista, si.
¿Flexitariano...? ¿E iso que é?
Os que comen carne (poucas veces ao mes) pero tendo en conta o tipo de vida e de morte que teñen os bechos. Algo asín, vamos.
Ahhhh! Pois xa me podo deitar que xa aprendían algo. :-)
Publicar un comentario