POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 mar 2013

CONTRATEMPO FINAL / CONTRATIEMPO FINAL



(Imaxe baixada de internet)
“Pois terá que agardar, como todo dios”, respondéronlle sen miramentos cando foi solicitar con urxencia un nicho no cemiterio municipal. Non quedaba ningún dispoñible e, aínda que a lista de espera era longa, non estaban previstas novas construcións, por culpa da crise, claro. ¡Que desastre! Levaba varios meses organizando o acto con todo detalle: xa tiña traxe, caixa, día e hora. Pero deixara o tema da tumba para o final mentres sopesaba varias posibilidades. E agora que sabe exactamente o que quere, póñenlle atrancos. ¡Como non o deixen suicidar ó seu gusto, morre!



“Pues tendrá que esperar, como todo dios”, le respondieron tajantemente cuando fue a solicitar con urgencia un nicho en el cementerio municipal. No quedaba ninguno disponible y, aunque la lista de espera era larga, no estaban previstas nuevas construcciones, por culpa de la crisis, claro. ¡Qué desastre! Llevaba varios meses organizando el acto con todo detalle: ya tenía traje, caja, día y hora. Pero había dejado el tema de la tumba para el final mientras sopesaba varias posibilidades. Y ahora que sabe exactamente lo que quiere,  le ponen atrancos. ¡Como no lo dejen suicidar a su gusto, se muere!


2 comentarios:

suaseiras dijo...

O dos nichos tamén ten a súa historia...Pobre!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ata para morrer hai que ter sorte!