POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
7 comentarios:
Es muy guapa, pero tiene cara de estar enfadada, será por eso por lo que no habla.
Neste caso, a cara non é o espello da alma. "La muy gata..."! Aínda que non é da miña familia, teño o gusto de coñecela: é todo un poema (de amor).
¡Que sorpresa! Graciñas.
Pon cara de interesante para poder manter a súa independencia pero só o consegue a medias: necesita moito mimo e pérdese na procura del.
Agora xa no vai ó váter. Liberámola desa escravitude porque nos decatamos de que o facía soamente para agradarnos.
¿De onde sacaches a foto?
¡Alá vai!, xa me chafaches o haiku desmentíndome o do váter. Co ben que lle quedaba... :-)
A foto é túa, ¿non a recoñeces? A ver..., discurre un pouquiño, ¿onde cha podería roubar eu?
Moi mica-ela!!
Tes que repetir o haiku, Mica fala e Mica non vai ao vater ;))
Pois aí vai:
Mica xa fala.
Di por necesidade:
"Non quero váter"
Mica xa fala.
Di por necesidade:
"Non quero váter"
Jajajaja non vira esto. Pobre!
Publicar un comentario