ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente: Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
"Las apariencias engañan". :-) A verdade é que que non é branca, senón amarelo limón. O que pasa é que saquei a foto con pouca luz, á tardiña, e saíu así. Son dalias a medio abrir, "capullos", por iso se ven desa forma.
Non tiña nada que dicir aquí porque os imaxes sobran. Se houbese que elixir, seríame moi difícil aínda que coincido con eutimos, a última... que non se enteren as outras.
7 comentarios:
Me encanta la blanca del final, parece un híbrido entre dalia y rosa. ¡Qué maravillosas todas!
"Las apariencias engañan". :-) A verdade é que que non é branca, senón amarelo limón. O que pasa é que saquei a foto con pouca luz, á tardiña, e saíu así. Son dalias a medio abrir, "capullos", por iso se ven desa forma.
¡Qué xardín tan colorido! ¡Encántame! :-D
Excedinme poñendo floriñas, pero como me gustaban todas, non dei escollido. ¡E aínda deixei unhas poucas fóra! A cámara tamén lle engade beleza... :-)
Non me dis nada novo! Como máis desfruto eu coa cámara é retratando á flora! jeje Son preciosas! :D
Fago fe, jejeje
Non tiña nada que dicir aquí porque os imaxes sobran. Se houbese que elixir, seríame moi difícil aínda que coincido con eutimos, a última... que non se enteren as outras.
Publicar un comentario