POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
7 comentarios:
Una imagen visual y literaria preciosa.
Foi o resultado dunha pequena excursión que fixemos o meu marido e máis eu a un río que está a uns 30 km de aquí.
Teño que apuntar o lugar. É precioso!
E o ceo!??
Pois non entendo a pregunta...
Onde esta o ceo??
Boteino de menos, normalmente,cando miras unha cascada ves o ceo. Nin caso, é moi chulo!!
É que a parte azul que se ve na parte dereita de arriba, sobre todo, é o ceo... Non saquei máis ceo porque a fervenza é bastante alta e non me cabía o ceo enteiro... Ja ja ja :-)
Publicar un comentario