POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
5 comentarios:
Hala, hala...!! Por que na France??
Non será polo Arco do Triunfo??
Aquí, temos aínda na memoria a Grandola Vila Morena: o pobo é quen máis ordena dentro de ti...
Vaiche parecer pouco romántica a razón de por que na France: porque o escribín para un concurso e as condicións eran esas...
Ah,menos mal!!
Que me gusta, eh?. Quen convocaba o concurso? Por curiosidade...
E o resultado, gañaches!?
Ya vi la propuesta del concurso cuando leí el que te premiaron, y me pareció la mar de difícil. Pero una vez más, ¡lo has conseguido!, tiene fuerza y originalidad. ¡Qué bien!
Moitas grazas, Eutimos, es moi xenerosa en calificativos positivos.
Suaseiras, éra un concurso semanal dun programa da radio. Non ganei porque xa ganara a semana anterior. ¡Hala! Non se consola o que non quere... Ja ja ja.
Publicar un comentario