(Imaxe baixada de internet)
|
Despois dun inverno eterno, estalará por fin a primavera, e derreterá coa súa luz as armas da inxustiza. Chuvia de liberdade fará brotar no deserto novas ideas frescas. Florearán as palabras prohibidas, anegando de color os campos de batalla abandonados. Pranto e miseria serán sinónimos de pasado. Pero eu non o verei...
Después de un invierno eterno, estallará al fin la primavera, y derretirá con su luz las armas de la injusticia. Lluvia de libertad hará brotar en el desierto nuevas ideas frescas. Florecerán las palabras prohibidas, inundando de color los campos de batalla abandonados. Llanto y miseria serán sinónimos de pasado. Pero yo no lo veré...
10 comentarios:
Non o veremos? Non o veremos, non!
A imaxe é real,ou..., outro sinónimo da natureza!?
É unha imaxe real da primavera en Canadá. Despois dun inverno "eterno", as pobres flores deben ter tanta gana de saír que se volven tolas.
La importante es que llegue al fin esa hermosa primavera.
Espectacular a imaxe,pensei que sería unha potomontaxe.
Non o veremos? Eu espero que si, é máis nalgún lugar xa o estamos vendo, non si? É unha perfecta descrición da "primavera árabe"...
Bueno...Raschaeira, pensábamos no mesmo, pero dista moito do relato de Madoé." A primavera árabe", sen dúbida foi unha boa primavera, pero queda moita, moita choiva que caer,e moito, moito sol que quentar "nos desertos" para que floreen as palabras nos campos de batalla.
Oxalá estea equivocada de todo, Oxalá.
Como di Eutimos, o importante é que chegue...,que nos dea un respiro para dar un pasiño máis,para ver,aínda que foran os nosos fillos ou netos,o relatiño de Madoé feito realidade.Xa firmaba agora mesmo.
Ando perdida co tema. Tendes secretiños que non entendo. A imaxe é tan perfecta que xa resulta excesiva. Esas cores e esas flores chegaban para un montón de imaxes. Ata aquí chega o despilfarro!!
Ben. Xa creo que sei por onde ides. Tardei en reaccionar porque non pensaba que fose un tema tan serio.E que eu de política non entendo...
O que che dicía máis arriba, Carnota: ¿Ves que ben discurres en posición horizontal? A min pásame o mesmo, nin que foramos da familia...
Publicar un comentario