POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 dic 2010

NADAL / NAVIDAD

Estrelas  na rúa.                                                               Estrellas en la calle.
Buratos no peto.                                                               El bolsillo, vacio.
Maquillaxe na alma.                                                          Maquillaje en el alma.
Nadal, coma sempre.                                                        Navidad, como siempre.



(Imaxe baixada de internt)
O Nadal é como a gripe: invernal, febril, contaxioso…
Contra el non hai vacina. Xuntémonos todos.
Xa que hai que pasalo, canto antes mellor.



La Navidad es como la gripe: invernal, febril, contagiosa...
Contra ella no hay vacuna. Juntémonos todos.
Ya que hay que pasarla, cuanto antes mejor.




O que queira celebrar o Nadal na miña casa debe vir disfrazado de pallaso. Xa vai sendo hora de tomar en serio estas festas.


El que quiera celebrar la Navidad en mi casa debe venir disfrazado de payaso. Ya va siendo hora de tomar en serio estas fiestas.

4 comentarios:

suaseiras dijo...

Necesariamente o disfraz ten que ser de pallaso? jajajajaja
Eu, téñoo pasado moi ben nestas datas, aínda o sigo pasando ben.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non, non, tamén sirve de pallasa...

Rascacheira dijo...

Estes pensamento ou reflexións son o mellor do Nadal. Gustaríame ler algún máis. E que o Nadal pasase pronto.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Hai algún máis no caixón, xa sabes,pero fixen unha selección para non aburrir.
Eu creo que o Nadal se pasa pronto só se te contaxias axiña. Así que haberá que arrimarse moito ó máis infectado polo virus navideño. E tusir coma todos...