POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 sept 2010

MOZAÉ E VELLAÉ / MOZAÉ Y VELLAÉ

Había unha vez unha flor que medraba vizosa grazas ós coidados de Mozaé e Vellaé. Fertilizábana con doses altas de respecto, cariño e admiración; e regábana con sorrisos e bágoas, ou viceversa.
Pasou o tempo e Mozaé foi descoidando o cultivo da flor, e esta deixou de medrar. Vellaé esforzábase por mantela fermosa entreténdoa con contos e ilusións. Pero a planta cada vez estaba máis apagada.
Un bo día, cando Vellaé xa perdera todas as esperanzas, incluída a de reserva, e xa se preparaba para o peor, apareceu de novo Mozaé con dous chorriños de ¡ola!, e a murcha flor estirou unha folliña. Vellaé alegrouse, pero non se fía...



Había una vez una flor que crecía lozana gracias a los cuidados de Mozaé y Vellaé. La abonaban con dosis altas de respeto, cariño y admiración; y la regaban con sonrisas y lágrimas, o viceversa.
Pasó el tiempo y Mozaé fue descuidando el cultivo de la flor, y ésta dejó de crecer. Vellaé se esforzó por mantenerla hermosa y la entretenía con cuentos e ilusiones. Pero la planta cada vez estaba más apagada.
Un buen día, cuando Vellaé ya había perdido todas las esperanzas, incluida la de reserva, y ya se preparaba para lo peor, apareció de nuevo Mozaé con dos chorritos de ¡hola!, y la mustia flor estiró una hojita.  Vellaé se alegró, pero no se fía...

9 comentarios:

CARNOTA dijo...

Non sei se ten que ser a vella ou a moza pero que alguén mire por esta criaturiña tan desvalida. ¡que inxel se ve. Eu quero adoptala

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ai, Carnota, se vostede soubese...!
Escribiu unha palabra no seu comentario que me lembra tanto a Mozaé...

Begoña dijo...

Eu espero que Mozaé apareza para que Vellaé se fíe de novo.
Mozaé, ESTÁS AÍ?

suaseiras dijo...

Vellaé por eso,non se sentirá fatal, que despois de dalo todo, non consiga manter viva a súa flor sin ter que aparecer Mozaé?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Bueeeeeno..., teño que dicir que Mozaé apareceu despois desta entrada, e a floriña reviviu un chisco. Pero xa desapareceu outra vez...Voulle cambiar de nome, en vez de Mozaé será Guadiana (risas).

suaseiras dijo...

Teño que meditar esto....

suaseiras dijo...

S.O.S..necesito pistas.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois pregunta, pregunta..., direiche ata onde poida. Para empezar: Vellaé, é esa que estás pensando; Mozaé, unha amiga de Vellaé que non coñeces, supoño.

suaseiras dijo...

Vale...teño que segir meditando.