POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 jul 2010

NA BEIRA / EN LA ORILLA / ON THE BANK

(Río Ulla)

Vía pasar a vida coma a auga dun río: tentadora, fuxidía, irreversible… Sempre arelou mergullarse nela, pero nunca soubo pasar da beira. A friaxe da corrente foino ensumindo e xa non queda del máis ca unha sombra enferruxada.


Veía pasar la vida como el agua de un río: tentadora, huidiza, irreversible... Siempre anheló sumergirse en ella, pero nunca supo rebasar la orilla. La frialdad de la corriente lo fue consumiendo y ya no queda de él más que una sombra oxidada.


Life would go by before his eyes like the water of a river: tempting, elusive, irreversible... He always longed to dive into it, but could never go beyond the bank. The coldness of the current kept eating away at him, and all that remains is but a rusty shadow.

4 comentarios:

poeafeccionado dijo...

Reflexión poética engaioladora. Canto máis a leo, máis me emociona.

Anónimo dijo...

Non me atrevo a comentar, penso que o estropearía.
Carnota

Edita Nogueira Tallón dijo...

A min si que me emocionou o teu comentario, poeafeccionado.

Carnota, non cho creo...

suaseiras dijo...

a imaxe e preciosa é tan... cercana! sí, a auga está tan fria, que ensume eh?