POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 jul 2010

O DERRADEIRO / EL ÚLTIMO

(Foto de Irene. Verdes)

E sentíndose protagonista da súa propia película, desenfundou a palabra disposta a retar ó mundo; pero, oxidada por mal uso, esfarelóuselle nas mans, e a dor das estelas volveuna á realidade. FIN.



Y creyéndose la protagonista de su propia película, desenfundó la palabra dispuesta a retar al mundo; pero, oxidada por desuso, se le deshizo en las manos, y el dolor de las astillas la volvió a la realidad. FIN

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Para min este texto ten unha gran calidade literaria. Comprimido na súa forma pero extenso en contido. A foto de Irene, estupenda.
Carnota

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, certamente, a foto de Irene é preciosa.

suaseiras dijo...

que putada!!