POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 feb 2026

A FONTE DA MEIGA

 

A poucas leguas de Compostela, hai unha fonte temida polos homes. Contan que se detivo alí un peregrino medieval galo para beber e refrescar os pés danados. Aparece entón unha muller e ofrécelle as súas mañas de curandeira. Satisfeito, tenta recompensala, pero ela decide cobrarlle máis adiante. O forasteiro renova a marcha ignorando que xamais poderá saciar a sede con outras augas. Durante toda a vida, verase obrigado a regresar frecuentemente a ese mesmo lugar. Mesmo morto, a súa sombra continuou de rolda, como aseguraron algunhas mozas. Aínda hoxe, chaman fillos do francés ós nados na rexión sen pai coñecido.

 

Imaxe procedente de internet


A pocas leguas de Compostela, hay una fuente temida por los hombres. Cuentan que un peregrino medieval galo se habría detenido allí para beber y refrescar los pies dañados. Aparece entonces una mujer y le ofrece sus mañas de curandera. Satisfecho, intenta recompensarla, pero ella decide cobrarle más adelante. El forastero reanuda la marcha ignorando que jamás podrá saciar la sed con otras aguas. Durante toda la vida, se verá obligado a regresar frecuentemente a ese mismo lugar. Incluso muerto, su sombra continuó de ronda, como aseguraron algunas mozas. Aún hoy, llaman hijos del francés a los nacidos en la región sin padre conocido. 

                                                            Relato finalista da Cunca de Arzúa2024 (ENTC)

19 feb 2026

DIÓXENES / DIÓGENES


Aínda que Dna. Carmen sempre se negaba a abrir a porta a ninguén, esa vez era evidente que urxía prestarlle axuda. Ultimamente non saía da casa nin para visitar os contedores do lixo. Ademais do balbordo de cans e gatos, cada vez máis estridente, o fedor na escaleira xa resultaba insoportable. A preocupación lóxica dos veciños converteuse en desesperación. Había tempo que esgotaran a paciencia e tódalas vías ó seu alcance para solicitar a intervención dos servizos sociais e outros organismos presuntamente competentes. Sempre a mesma resposta: sen consentimento da afectada ou autorización xudicial, imposible invadir o ámbito privado. Pero chegou a nova Lei de Benestar Animal e viron na norma unha posible saída. Denunciaron con présa as condicións indignas nas que se achaban as mascotas do 3º B. Poucos días despois, acudían ó edificio as autoridades de orde pública. Como non houbo resposta desde o interior, accederon á vivenda por medios propios e, veloces, trasladaron a unha protectora algúns animais aínda vivos. Ela tivo menos sorte: o que se puido recuperar da anciá foi ó depósito de cadáveres.

 


Imaxe procedente de internet

Aunque Dña. Carmen siempre se negaba a abrir la puerta a nadie, esa vez era evidente que urgía prestarle ayuda. Últimamente no salía de casa ni para visitar los contenedores. Además del jaleo de perros y gatos, cada vez más estridente, el hedor en la escalera ya resultaba insoportable. La preocupación lógica de los vecinos se convirtió en desesperación. Hacía tiempo que habían agotado la paciencia y todas las vías a su alcance para solicitar la intervención de los servicios sociales y otros organismos presuntamente competentes. Siempre la misma respuesta: sin consentimiento de la afectada o autorización judicial, imposible invadir el ámbito privado. Pero llegó la nueva Ley de Bienestar Animal y vieron en la norma una posible salida. Denunciaron con premura las condiciones indignas en las que se hallaban las mascotas del 3º B. Pocos días después, acudían al edificio las autoridades de orden público. Como no hubo respuesta desde el interior, accedieron a la vivienda por medios propios y, veloces, trasladaron a una protectora algunos animales todavía vivos. Ella tuvo menos suerte: lo que se pudo recuperar de la anciana fue al depósito de cadáveres.