POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 ago 2025

INCONGRUENCIAS

 

Este ano non puidemos desfacernos dos restos da poda arbórea porque a Administración denegou os permisos para a queima desde abril. Xustificación esgrimida: a seca anormal anticipa e incrementa o risco de incendios.

O verán está recentemente estreado. Saímos en coche sobre as sete da tarde, con ceo despexado e calor. Uns quilómetros despois, o sol empeza a cubrirse. Pensamos se a bruma da ría terá algunha culpa, pero o cheiro a fume enseguida disipa as dúbidas. Non divisamos lume. A visibilidade empeora. A miña sogra nonaxenaria que, por vontade propia, vive máis lonxe e soa do debido, espera a visita. Seguimos. Alívianos atopala sosegada. Ceamos con ela unhas sardiñas feitas na grella e regresamos. A noite deixa ver as chamas. Aínda que invaden a paisaxe, non asustan demasiado. Un sorriso bilateral e malicioso sorpréndenos: o noso problema ten solución. Cando cheguemos, haberá que mudarse e ir á horta. Toca suar.

Coma sempre, os xornais destacan en portada as innumerables fogueiras xeradas para festexar San Xoán. Dita noticia aparece ilustrada coa foto dunha praia absolutamente cuberta por toneladas de lixo, pegada indeleble do desenfreo nocturno. 

Imaxe procedente de internet
 

 

Este año no pudimos deshacernos de los restos de poda arbórea porque la Administración denegó los permisos para quema desde abril. Justificación esgrimida: la sequía anormal anticipa e incrementa el riesgo de incendios.

El verano está recién estrenado. Salimos en coche sobre las siete de la tarde, con cielo despejado y calor. Unos kilómetros después, el sol empieza a cubrirse. Pensamos si la bruma de la ría tendrá alguna culpa, pero el olor a humo enseguida disipa las dudas. No divisamos fuego. La visibilidad empeora. Mi suegra nonagenaria que, por voluntad propia, vive más lejos y sola de lo debido, espera la visita. Seguimos. Nos alivia encontrarla sosegada. Cenamos con ella unas sardinas a la parrilla y regresamos. La noche deja ver las llamas. Aunque invaden el paisaje, no asustan demasiado. Una sonrisa bilateral y maliciosa nos sorprende: nuestro problema tiene solución. Cuando lleguemos, habrá que mudarse e ir al huerto. Toca sudar.

Como siempre, los periódicos destacan en portada las innumerables hogueras generadas para festejar San Juan. Dicha noticia aparece ilustrada con la foto de una playa absolutamente cubierta por toneladas de basura, huella indeleble del desmadre nocturno.  


No hay comentarios: