POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 ago 2023

A DEFENSA / LA DEFENSA

 

Non podía deixar de chorar. O xuíz suplicáballe que se calmase, pero era inútil. A fiscal detallara o horror dos feitos; o letrado da acusación relataba os episodios máis escabrosos do infanticidio. A acusada confesa seguía salaiando mentres miraba de esguello ó seu avogado, en espera de que este lle dese a orde de desmaiarse.


(Imaxe procedente de internet)


No podía dejar de llorar. El juez le suplicaba que se calmase, pero era inútil. La fiscal había detallado el horror de los hechos; el letrado de la acusación relataba los episodios más escabrosos del infanticidio. La acusada confesa seguía sollozando mientras miraba de reojo a su abogado, en espera de que este le ordenara desmayarse.


No hay comentarios: