POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 mar 2015

GOLPES INÚTILES



Sen saber por que, deille unha puñada. E moitas máis. Ata que apareceron o sangue e a dor nos cotelos. Mentres facía as curas, lembraba os sabios consellos do meu pai: “Cando lle queiras zoscar a alguén, dalle co cerebro e non co cranio; usa as palabras e non as mans”. Xuro que o intentei con ela, pero todo foi inútil. Non atende a razóns. O certo é que os golpes tampouco serviron  de nada. Aí segue impasible, muda, a moi puta… Non terei máis remedio ca levala ó servizo técnico se quero ver a final da UEFA.

 
(Imaxe baixada de internet)




Sin saber por qué, le di un puñetazo. Y muchos más. Hasta que aparecieron la sangre y el dolor en los nudillos. Mientras me hacía las curas, recordaba los sabios consejos de mi padre: “Cuando quieras pegar a alguien, dale con el cerebro y no con el cráneo; usa las palabras y no las manos”. Juro que lo he intentado con ella, pero todo ha sido inútil. No atiende a razones. Lo cierto es que los golpes tampoco han servido de nada. Ahí sigue impasible, muda, la muy zorrita… No tendré más remedio que llevarla al servicio técnico si quiero ver la final de la UEFA.

                                                                                                         Creado para REC                                                                                                                                                                                                                     

No hay comentarios: