POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 mar 2014

INOCENTE

(Imaxe de internet. Cadro de Bruno Amadio)






Desde aquela noite de inverno, papá non xogou máis con el. Espertou cos berros de mamá e entrou no cuarto sen pedir permiso. Ela, chorando, colleuno no colo  e levouno correndo á casa da veciña. ¡Que frío ía no corredor! Agora papá sempre está enfadado e non sabe que facer para que o perdoe.








Desde aquella noche de invierno, papá no volvió a jugar con él. Se despertó con los gritos de mamá y entró en el dormitorio sin pedir permiso. Ella, llorando, lo cogió en brazos y lo llevó corriendo a la casa de la vecina. ¡Qué frío hacía en el pasillo! Ahora papá siempre está enfadado y no sabe qué hacer para que le perdone.



Sellecionado para a publicación no I Concurso de microrrelatos “Otoño e nvierno”, de DIVERSIDAD LITERARIA

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Meu pequeniño.
Que ben sabes dicilo!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois outra vez grazas.