O azar quixo que se
atopase esperta fronte ó televisor cando empezou a competición
hípica. Os familiares estrañáronse de oíla farfallar, xa que
había varios meses que non emitía son ningún. Despois chegaron os
espaventos impropios, e ó pouco tempo puideron escoitar con
claridade a palabra papá. Ninguén sospeitou que aqueles xinetes
olímpicos a transportaran ó recuncho máis antigo da memoria, onde
permanecía indeleble a primeira imaxe do seu pai máis ela a cabalo
dun percherón; nin que tapaba os oídos para evitar os berros da nai
que, por medo, pretendía baixar a súa pequena da cabalgadura. Cando
chegou a hora de deitarse, houbo que desconectar o aparato simulando
avaría. Resignada e triste, deixou que a levasen á cama. Pero ás
poucas horas, tiveron que colocala outra vez diante da pantalla,
repetíndose a escena anterior en cada retransmisión ecuestre.
Despois de papá, chegaron outros vocábulos intelixibles como mamá,
cabalo, arre...
Xa se acabaron
as olimpíadas e segue pendente da televisión. Come mellor e
está menos adurmiñada; mesmo comezou a sosterse en pé de novo. O
médico non ten explicación para esta sorprendente melloría da
avoa.
(Imaxe
procedente de internet)
|
Ya se acabaron las olimpiadas y sigue pendiente de
la televisión. Come mejor y dormita menos; incluso ha
comenzado a sostenerse en pie de nuevo. El médico no tiene
explicación para esta sorprendente mejoría de la abuela.
Creado para ENTC
No hay comentarios:
Publicar un comentario